A Semana Tráxica e as Reformas de José Canalejas
A Semana Tráxica
En xullo de 1909, o exército español sufriu unha derrota en Marrocos, a do Barranco do Lobo. O Goberno considerou que estes ataques ameazaban o prestixio internacional de España, de modo que decretou a mobilización dos reservistas. A opinión pública de esquerdas e as organizacións obreiras opuxéronse. O embarque das tropas en Barcelona provocou o inicio dunha folga xeral convocada por socialistas e anarquistas contra a guerra e o Goberno, que foi un éxito. Construíronse barricadas nas rúas de Barcelona e queimáronse conventos. Durante unha semana, as masas populares foron donas da cidade ata que o envío de reforzos militares fixo que a insurrección fose dominada. Unha vez restablecida a orde pública, levouse...