A Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Historia2,63 KB

A expresión de "Revolución Industrial" refírese ao conxunto de transformacións económicas baseadas na aplicación da máquina á produción que ocasionaron un enorme crecemento dos diversos sectores da economía. O proceso iníciase en Inglaterra no século XVIII e esténdese por Europa, Xapón e os EE. UU. ao longo do século XIX. Xa desde o século XVII se viña dando un proceso de renovación tecnolóxica que incrementaba progresivamente a produción, xa que as enerxías utilizadas anteriormente a esta revolución condicionaban a produción debido a depender de factores alleos ao home; por isto é fundamental a invención da máquina de vapor e a súa aplicación para mover as máquinas. Isto favoreceu a organización do traballo industrial en fábricas arredor das cales se concentrou unha grande masa de traballadores.

O novo sistema, así mesmo, producía grandes beneficios para os burgueses, pero ao mesmo tempo, miseria material e espiritual para os traballadores. A clase obreira sufría unhas durísimas condicións laborais que non só requirían un gran esforzo físico, senón tamén o sufrimento de castigos corporais ou multas. No aspecto máis social, a clase obreira víase empurrada ao analfabetismo, á mendicidade, á prostitución e á delincuencia. Incrementábanse as enfermidades contaxiosas e a desnutrición, e as nulas condicións sanitarias e hixénicas das fábricas e das vivendas fan que a esperanza de vida neste momento se sitúe arredor dos 30 anos.

O nacemento do movemento obreiro

Ademais, esta clase proletaria explotada irase organizando pouco a pouco nun movemento obreiro forte que terá gran protagonismo ao longo do século. Nun primeiro momento, a resposta obreira foi violenta, fundamentalmente contra as máquinas (luddismo); logo, comezaron a crear as súas propias organizacións para socorrerse a si mesmos economicamente.

Logros e dereitos conquistados

A loita da clase obreira, e demais clases populares, organizada en sindicatos ou partidos, tivo enormes logros durante os séculos XIX e XX, como:

  • O dereito a organizarse sindical e politicamente.
  • O dereito de folga.
  • A redución da xornada laboral a 8 horas.
  • A consecución dun ensino público.
  • O dereito de xubilación aos 65 anos e unha pensión digna.

Sen todos estes dereitos conquistados durante o último século e que, de novo agora, volven a estar en discusión na actual situación de crise económica, correndo o perigo de sufrir serios recortes.

Descargar

PDF Word HTML