Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Principais Acontecimentos da Transición Española

Historia3,17 KB

Contubernio de Múnic

Contubernio de Múnic: termo dado polo réxime franquista á reunión celebrada en Múnic en 1962 do Congreso do Movemento Europeo, organizado por Salvador de Madariaga, onde participan membros da oposición antifranquista, tanto do interior como do exilio, na que se esixe que os países que queiran entrar en institucións europeas teñen que ter un réxime democrático ante o intento de España de entrar na CEE.

Lei para a Reforma Política

Lei para a reforma política: instrumento legal para articular a transición dende as institucións da ditadura a unhas novas institucións democráticas. Foi elaborado por Torcuato Fernández de Miranda (presidente das últimas Cortes da ditadura) co respaldo da Coroa e do Goberno de

...
Seguir lendo "Principais Acontecimentos da Transición Española" »

Historia de Galicia: Irmandiños, Portugal e Ilustración

Historia4,29 KB

A revolta dos irmandiños

Ó longo da Baixa Idade Media, a debilidade do poder real no reino de Castela ocasionou unha serie de trastornos, inquietudes, abusos e crimes, fronte ós que se constituíron as Irmandades en Galicia e fóra dela, case sempre co consentimento dos monarcas. Estas Irmandades chegaron a constituír unha unidade en 1467 cunha plasmación de obxectivos e normas.

Contexto histórico

Coa entronización dos Trastámara desapareceu o antigo sentido xerárquico (nobreza eclesiástica e laica) e a súa representación política. A nobreza tradicional renovouse con linaxes non galegas que aportaban unha nova forma de vida e que ostentaban os cargos de goberno (ex. os Sarmiento, Enríquez e Osorio). O resultado do cambio traduciuse...

Seguir lendo "Historia de Galicia: Irmandiños, Portugal e Ilustración" »

Glosario de Termos Históricos de España: Restauración e Ditadura

Historia3,05 KB

Glosario de Termos Históricos

Ludismo

Primeira forma de manifestación obreira que se deu na primeira fase da Revolución Industrial, consistente na destrución da maquinaria dentro dunha fábrica.

Caciquismo

Sistema que foi implantado de forma xeneralizada no ámbito rural. É a práctica política que tivo o maior auxe durante a Restauración Borbónica, utilizando na maioría das veces o uso de favores persoais a cambio do apoio a un candidato oficial ou o fraude electoral.

Desastre de Annual

Derrota militar española producida na guerra colonial de Marrocos ante os rifeños comandados por Abd el-Krim.

Directorio Militar

Primeira etapa da ditadura de Miguel Primo de Rivera. O Directorio está integrado exclusivamente por militares, presidido polo...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos de España: Restauración e Ditadura" »

Conceptos clave da Historia de España: Do Antigo Réxime

Historia2,29 KB

Mouriscos

Denominación dada aos musulmáns convertidos ao cristianismo tras a pragmática dos Reis Católicos de 1502, tanto na Coroa de Castela como na de Aragón. No reinado de Felipe II participaron na revolta das Alpujarras, tras a cal foron expulsados cara a outros territorios do reino de Castela, para ser definitivamente expulsados en 1609 durante o reinado de Felipe III.

Terzos

Unidades de combate durante a época dos Austria, formadas por soldados profesionais a soldo que defendían as posesións españolas do Imperio. Os gobernadores da monarquía utilizábanos para combater en primeira liña da fronte. Tiveron un gran protagonismo no norte de Europa, e sobre todo en Flandres.

Unión de Armas

Proxecto elaborado polo Conde-Duque de Olivares...

Seguir lendo "Conceptos clave da Historia de España: Do Antigo Réxime" »

O Directorio Civil de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía

Historia2,36 KB

O Directorio Civil tras a pacificación

Trala pacificación de Marrocos e o restablecemento da orde pública, o Directorio militar deu paso a un Directorio civil igualmente presidido por Primo de Rivera, con civís vinculados á Unión Patriótica. Os seus obxectivos eran sentar as bases dun novo réxime político coa defensa de gobernos fortes, a participación corporativa dos sectores sociais e a creación dunha Asemblea Nacional de carácter consultivo.

Obxectivos económicos e sociais

Outra importante preocupación do Directorio Civil foi a potenciación do desenvolvemento económico como parte fundamental da rexeneración española, mediante unha política económica de intervencionismo estatal no marco do capitalismo. O proteccionismo estatal

...

Seguir lendo "O Directorio Civil de Primo de Rivera e a Caída da Monarquía" »

A crise da Restauración en España (1914-1923)

Historia3,22 KB

1. O impacto da Primeira Guerra Mundial

O goberno de Eduardo Dato declarou a neutralidade, que foi apoiada por todos os partidos. Esta postura adoptouse a causa do illamento diplomático, a debilidade económica e a incapacidade militar de España. As forzas políticas, a pesar da neutralidade, dividíronse en dous bandos: aliadófilos e xermanófilos.

A neutralidade favoreceu unha espectacular expansión da economía. Non obstante, mentres a burguesía industrial e financeira se enriqueceu con beneficios extraordinarios da guerra, as clases traballadoras sufriron un forte descenso do seu nivel de vida pola escaseza e pola subida dos prezos dos produtos de primeira necesidade. Esta situación agravou as diferenzas entre as clases sociais da época...

Seguir lendo "A crise da Restauración en España (1914-1923)" »

A Ilustración en España: Limitacións, Inquisición e o Nacemento do Liberalismo

Historia3,06 KB

As limitacións e os atrancos do Proxecto Ilustrado

Os gobernos ilustrados atopáronse con multitude de dificultades, que proviñan tanto da miseria e da ignorancia das masas populares como da oposición da meirande parte da nobreza e dos eclesiásticos, grupos que estaban satisfeitos coa tradición e a sociedade vixente. A pesar da modernización das súas propostas e de que nunca pretenderon alterar as bases políticas e sociais, os partidarios das reformas tiveron serias dificultades para levar a cabo os seus proxectos, provocando conflitos e problemas, entre os que destacan:

  • A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide.
  • A lentitude das reformas e a radicalización ideolóxica.

1. A vixilancia da Inquisición e o proceso de Olavide

Aínda...

Seguir lendo "A Ilustración en España: Limitacións, Inquisición e o Nacemento do Liberalismo" »

Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións

Historia2,95 KB

A reforma agraria liberal

A reforma agraria liberal incluía tres ámbitos esenciais que consagraban os principios de propiedade privada e de libre dispoñibilidade da propiedade:

  • A disolución do réxime señorial: Produciuse pola lei do 26 de agosto de 1837. Os señores perdían as súas atribucións xurisdicionais (exercer xustiza), porén, conservaban a propiedade das terras que os campesiños non puidesen acreditar documentalmente como propias. Deste xeito, os campesiños que tradicionalmente traballaron esas terras perdían todo o dereito e pasaban a ser simples arrendatarios ou xornaleiros.
  • A desvinculación: Supresión de morgados, padroados e fideicomisos en 1837. Libera definitivamente as terras dos patrimonios vinculados e os seus propietarios
...
Seguir lendo "Historia da Reforma Agraria e Desamortizacións" »

Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)

Historia3,16 KB

A nova orde constitucional

A nova orde constitucional: Os progresistas desmantelaron o antigo réxime e implantaron o réxime liberal. As Cortes abriron en 1836 e escribiron unha constitución que se aprobou en xuño de 1837. Esta constitución recoñecía o principio de soberanía nacional, varios dereitos cidadáns, a división de poderes e o estado católico.

Creáronse leis como a Lei da Imprenta (control sobre o que se publica) e a Lei Electoral (sufraxio a maiores de 25 anos con renda mínima). O novo sistema impulsou a reforma agraria, que se centraba na abolición dos señoríos, na desvinculación dos morgados e na desamortización de bens do clero regular e secular. Consolidouse a liberdade de contratación na industria e no comercio....

Seguir lendo "Orde constitucional e partidos en España (1837–1843)" »

Movemento Obreiro e Conflitividade Agraria en España (Séculos XIX-XX)

Historia2,97 KB

O Movemento Obreiro en España (Século XX)

O Anarquismo: CNT e FAI

  • A CNT (Confederación Nacional do Traballo) chegou a ser a principal asociación sindical nas décadas iniciais do século XX. A partir de 1923 os sindicatos cenetistas foron clausurados. En plena clandestinidade, os máis radicais fundaron en 1927 a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
  • Os máis extremistas defenderon o emprego da propaganda a través da acción: atentados contra intereses e personalidades da clase dominante para conseguir o derrubamento da orde establecida.

As Organizacións Socialistas Marxistas

No nacemento destas organizacións destacou o tipógrafo ferrolán Pablo Iglesias.

  • O Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) foi fundado clandestinamente en 1879.
...
Seguir lendo "Movemento Obreiro e Conflitividade Agraria en España (Séculos XIX-XX)" »