A Transición democrática en Galicia: Historia e contexto
A transición cara á democracia en Galicia
Galicia mantiña, a fins da ditadura franquista, un considerable atraso económico e social a respecto do conxunto do Estado. A inicios da Transición, continuaba a ser un país maioritariamente rural. O crecemento económico veu acompañado dun desenvolvemento urbano, cunha sociedade que comeza a mudar a medida que as cidades crecen, asumindo novos valores e costumes que nin o poder político nin o innegable peso da xerarquía eclesiástica puideron impedir.
Forzas políticas e oposición
Quen asumían posturas contra o réxime integraban forzas políticas da esquerda:
- Partido Comunista (PCE): Coa mellor organización na época da clandestinidade.
- Socialismo democrático: Caracterizado pola pluralidade e a falta de organización nesta etapa.
- Nacionalismo: Prodúcese unha viraxe cara a posicionamentos de esquerda, xurdindo a Unión do Povo Galego (UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG).
Movementos sociais e mobilización
Os movementos sociais van estar moi relacionados cos partidos políticos, xa dependentes deles, xa porque os partidos se impliquen no apoio das diferentes asociacións, sindicatos, movementos veciñais ou estudantís que se están a crear nesta época. Destacarán especialmente o movemento obreiro e o universitario.
O proceso autonómico
En Galicia, fronte ao acontecido nas outras dúas nacionalidades históricas, as forzas de oposición democrática non foron capaces de articular unha plataforma conxunta para a defensa da autonomía por riba doutra consideración partidista. Os sectores galeguistas do centro-dereita non foron capaces de constituír unha forza política galega, acabando por se integrar nas diferentes forzas estatais.
As eleccións lexislativas de 1977 consolidaron o peso das forzas estatais e conservadoras en Galicia, resultados que se repetirán no 79.
Posturas ante o proceso autonómico
- Dereita (Alianza Popular): Quería o mantemento do sistema introducindo unha leve descentralización administrativa.
- Centro e esquerda: Dispostos a aceptar a recuperación do Estatuto de 1936 ou algo semellante.
- Nacionalismo de esquerda: Apostaba polo dereito de autodeterminación.
Despois de moitos desencontros, aprobarase un Estatuto de Autonomía para Galicia, que ten competencias equiparables ás de Cataluña.