Réxime feudal e sociedade estamental na Europa medieval
A situación de inseguridade creada en Europa trala desaparición do Imperio Romano sentou as bases do réxime feudal. Os campesiños buscaron a protección dos nobres e estes pedironlles que traballasen para eles e quedasen baixo a súa autoridade, aparecendo así os servos. Por outro lado, o rei tiña poder sobre os territorios que controlaba directamente, como se fose un nobre máis 'primus inter pares'. Os demais nobres aceptaban a primacía do rei mediante o pacto de vasalaxe, converténdose en vasalos do rei, xurándolle fidelidade, axuda militar e consello de goberno a cambio dun feudo, entre nobres de maior e menor categoría.
Composición do feudo
O feudo estaba composto pola reserva señorial, as mellores terras, e os mansos, terras cedidas aos campesiños para a súa explotación a cambio do pago dunha renda. Este réxime feudal na Península Ibérica dase nas zonas de baixo control dos reinos cristiáns.
Sociedade estamental
A sociedade era estamental, xerarquizada, os individuos estaban divididos en grupos de acordo á función social que desempeñaban: os que oran (clero), os que loitan (nobreza) e os que traballan (campesiñado). Eran grupos sociais pechados, con lazos de dependencia persoal (nobres-servos, señores-vasalos) e desiguais xuridicamente.
Estamentos sociais
Os estamentos eran tres: nobreza, clero e terceiro estamento. A nobreza e o clero eran os estamentos privilexiados, tiñan a primacía social, non pagaban impostos, o seu poder basado na dedicación ao exercicio das armas ou á oración. Na nobreza había: alta nobreza, nobreza intermedia e baixa nobreza. No clero era parecido: alto clero, bispos, e baixo clero, monxes. O terceiro estamento era o grupo dos non privilexiados, moi heteroxéneo, campesiños, artesáns, comerciantes, burgueses. Todos tiñan que pagar impostos.
Situación dos campesiños
Dentro dos campesiños había distintas situacións: por un lado os campesiños libres, donos de pequenas propiedades, e por outra parte estaban os campesiños non propietarios, servos.
Renacemento das cidades
No século XI produciuse o renacemento das cidades, aparecendo os grupos burgueses.
Minorías relixiosas
Na sociedade dos reinos cristiáns había minorías relixiosas, considerados grupos marxinais, eran os xudeus e os mudéxares (musulmáns en territorio cristián).
Monarquías feudais
En Castela, o rei gozaba de amplos poderes (autoritarismo), axudado pola corte. As cortes, asisten nobres, clero e delegados das cidades con carácter consultivo. En Aragón, o poder do rei tiña un carácter pactista, antes de tomar calquera decisión necesitaba chegar a un acordo cos estamentos, cada territorio tiña as súas propias Cortes e reuníanse de vez en cando nas Cortes Xerais de toda a Coroa.