Constitución Española de 1931: Análise

Historia2,42 KB

A Constitución de 1931

A Constitución de 1931, aprobada o 9 de decembro, consta de 125 artigos. Comeza cunha definición categórica de soberanía popular no primeiro artigo: define a España como “unha república democrática de traballadores de toda clase”.

Dereitos e liberdades

Recolle unha extensa declaración de dereitos e liberdades:

  • De expresión
  • De culto
  • Ao sufraxio universal e, por primeira vez na Historia de España, tamén feminino.

O tema foi obxecto de intensos debates, temendo unha parte da esquerda que o voto feminino favorecese á dereita.

A Constitución estableceu:

  • O matrimonio civil
  • O dereito ao divorcio
  • O dereito á educación
  • O traballo como obriga social

Tamén proclamou a subordinación do dereito á propiedade privada ao interese público, anticipando a posibilidade de expropiación.

Poderes do Estado

O poder lexislativo corresponde en exclusividade ás Cortes unicamerais, en torno as cales xira a vida política.

En canto ao poder executivo, a xefatura do Estado correspóndelle ao Presidente da República, cuns poderes limitados e controlados polas Cortes. O Presidente nomea ao Xefe de goberno e, a proposta deste, aos ministros.

Constitúese un poder xudicial independente, cun Tribunal de Garantías Constitucionais como o máximo órgano xurisdicional do Estado.

Articulación territorial

Unha das principais novidades do texto refírese á articulación territorial do Estado. De forma ambigua define España como un “Estado integral compatible coa autonomía dos municipios e das rexións”, abrindo a posibilidade á constitución de rexións autónomas.

Cuestión relixiosa

Na cuestión relixiosa centráronse os debates máis acalorados: a Constitución estableceu a disolución das congregacións relixiosas, prohibíuselles a estas a práctica do ensino e desaparecía o financiamento do culto e do clero.

Aprobación e discrepancias

Aínda que foi aprobada por unha ampla maioría, a Constitución non foi consensuada entre todas as forzas políticas, existindo fortes discrepancias principalmente polo tratamento das cuestións relixiosa e territorial.

Despois da aprobación da Constitución, Alcalá Zamora foi elixido primeiro presidente da República.

Descargar

PDF Word HTML