Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Historia de Bacharelato

Glosario de termos históricos: política, economía e sociedade

Historia4,14 KB

Conceptos clave da historia contemporánea

Política e sociedade

Plutocracia: Elite da clase social baseada na primacía da propiedade e a riqueza.

Cartismo: Movemento de masas de carácter político que reclamaba dereitos como o sufraxio universal, a independencia dos deputados, a xornada de 8 horas ou a revisión das leis sobre os pobres.

Bonapartismo: Política adoptada por Napoleón II, que entendía o poder como autoritario, aínda que por delegación popular.

Laico: Designa os fieis que non son membros do clero na Igrexa católica. En sentido político, alguén é laico se é alleo a calquera organización relixiosa. É o que sucede nun Estado laico.

Affaire Dreyfus: Oficial xudeu que foi acusado de traizón con probas falsas e condenado.

Autocracia:

...
Seguir lendo "Glosario de termos históricos: política, economía e sociedade" »

Transformacións Sociais na España do Século XIX: Clases e Muller

Historia10,39 KB

As Revolucións Liberais e a Nova Sociedade

O Ascenso da Burguesía e o Fin do Antigo Réxime

As revolucións liberais provocaron profundas transformacións na estrutura social herdada do Antigo Réxime. Non cabe dúbida de que o século XIX é o século do ascenso da burguesía, grupo social que acadará a hexemonía social e que impoñerá o liberalismo como novo sistema.

Antigos Grupos Tradicionais e a Sociedade Clasista

Os antigos grupos tradicionais (os privilexiados da antiga sociedade estamental) perden a súa posición hexemónica ante a aparición dunha nova sociedade clasista baseada no poder económico de cada individuo. Como consecuencia, os grupos sociais incluíronse en tres clases, segundo a súa riqueza:

As Clases Sociais na España

...
Seguir lendo "Transformacións Sociais na España do Século XIX: Clases e Muller" »

Glosario de Termos Históricos e Sociais Clave en Galego

Historia5,8 KB

Conceptos Fundamentais de Historia e Ciencias Sociais

Réxime Demográfico

Conxunto de pautas demográficas que segue unha poboación na evolución histórica. Recoñécense tres etapas:

  • Réxime demográfico antigo: natalidade e mortalidade elevadas.
  • Réxime demográfico de transición: con dúas etapas:
    • Alta natalidade e redución da mortalidade.
    • Caída da natalidade e baixa mortalidade.
  • Réxime demográfico moderno: taxa de natalidade e mortalidade baixas.

Liberalismo Político

Ideoloxía nacida a fins do século XVII en Inglaterra, base das revolucións liberais. Defende a liberdade do ser humano en todos os seus aspectos e unha sociedade con dereitos fronte a poderes arbitrarios.

Monarquía Absoluta

Forma de goberno en que o poder supremo está nas...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos e Sociais Clave en Galego" »

O Sexenio Democrático e a Primeira República en España (1868-74)

Historia10,8 KB

O Sexenio Democrático (1868-1874)

Causas e Goberno Provisional (1868)

Entre 1868 e 1875 desenvólvese o Sexenio Democrático. A Insurrección Revolucionaria (I.R.) de 1868 ten as súas raíces no descontento popular xerado pola crise económica de 1866, que provocou un aumento do paro e unha subida dos prezos. A isto súmase a oposición ao monopolio do poder exercido polos moderados e a Unión Liberal.

Tras a revolución, fórmase un Goberno Provisional presidido polo Xeneral Serrano. Este goberno convocou Cortes Constituíntes que elaboraron unha nova Constitución en 1869.

A Constitución de 1869

A Constitución de 1869 recuperaba a soberanía nacional, incorporaba o sufraxio universal masculino, implantaba amplos dereitos e liberdades, establecía...

Seguir lendo "O Sexenio Democrático e a Primeira República en España (1868-74)" »

Galicia a comezos do século XX: Sociedade, Economía e Nacionalismo

Historia3,87 KB

Galicia a comezos do século XX: Sociedade e Economía

O inicio do século XX en Galicia estivo marcado polo esmorecemento da vella sociedade agraria e a emerxencia de novas estruturas sociais e económicas.

Transformación Social en Galicia (Século XX)

  • A Fidalguía: Decadencia dunha Clase

    En clara decadencia desde o século XIX, a súa hexemonía social e económica extinguiuse cando perderon o dereito a cobrar aos campesiños pola explotación de terras, coñecido como a redención de foros.

  • A Burguesía: Emerxencia Urbana

    Comezou a medrar nas cidades, xurdindo vinculada ao desenvolvemento da industria conserveira, o transporte e outros sectores emerxentes.

  • O Campesiñado: Reivindicación e Mobilización

    A reivindicación da redención de foros

...
Seguir lendo "Galicia a comezos do século XX: Sociedade, Economía e Nacionalismo" »

Distensión e Descolonización: Factores e Consecuencias

Historia4,59 KB

Distensión: Factores:

  • Irrupción do Terceiro Mundo na escena internacional: por independencias de territorios e a política baseada na neutralidade, non no aliñamento.
  • Ruptura China-URSS: por diferenzas ideolóxicas e fronteirizas, facilitou o achegamento entre China e EEUU.
  • Novas estratexias defensivas: Norteamérica crea a defensa DEFCON, con 5 niveis, sendo o 5 a guerra nuclear.
  • Carreira de armamentos e conferencia de seguridade e cooperación: acordos SALT (Estratexia de Limitación de Armas).

Primeira Guerra de Afganistán (1979-89): Golpe de estado en 1978 remata co poder do partido comunista, que aplicaría medidas non aceptadas polos musulmáns, iniciando conflitos armados. A URSS en 1979 envía tropas para eliminar a oposición e evitar...

Seguir lendo "Distensión e Descolonización: Factores e Consecuencias" »

A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930): Causas, Desenvolvemento e Caída

Historia5,09 KB

A Ditadura de Primo de Rivera: O Golpe de Estado de 1923

O 13 de setembro de 1923, Primo de Rivera, co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado. Este suceso produciuse tras as críticas ao rei, o fracaso da Guerra en Marrocos, o descrédito do exército, o auxe do terrorismo, a radicalización das manifestacións catalanistas e o medo á subversión. O goberno tratou de que o rei aprobase a destitución dos xenerais sublevados e a convocatoria de Cortes, pero a falta de apoio do monarca fixo que dimitise. O 14 de setembro de 1923, asume o poder o xeneral Primo de Rivera e acepta o golpe de Estado, que contou cunha ampla aceptación popular.

Reaccións e Oposición

A UXT e o PSOE mantiveron unha posición...

Seguir lendo "A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930): Causas, Desenvolvemento e Caída" »

A Restauración Borbónica en España durante o Sexenio Democrático

Historia4,27 KB

A inestabilidade política durante o Sexenio Democrático favoreceu os planos de Antonio Cánovas del Castillo para restaurar a monarquía borbónica. O xeneral Martínez Campos pronunciouse a favor da monarquía e proclamou a Afonso XII como rei de España. Este foi enviado à academia militar de Sandhurst, onde se educaban os reis ingleses. Alí publicou o manifesto no que se presentaba como monarca constitucional, católico e liberal. Iniciábase así o período coñecido como Restauración Borbónica, no que se diferencian as seguintes etapas:

O reinado de Afonso XII (1875-85)

A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902)

O reinado constitucional de Afonso XIII (1902-23)

Afonso XII chegou a España en xaneiro de 1875, nomeando presidente...

Seguir lendo "A Restauración Borbónica en España durante o Sexenio Democrático" »

Desamortización, Estatuto Real, Cantonalismo, Encasillado e Pucherazo na España do XIX

Historia2,66 KB

Desamortización

Proceso legal que, previa expropiación, puxo en venda, en poxa pública, os bens pertencentes á Igrexa (“mans mortas”) e aos concellos (baldíos, “comúns” e “propios”). Foi realizada principalmente na España do século XIX durante os gobernos progresistas de Mendizábal (1836, desamortización de bens do clero regular), Espartero (1841, desamortización de bens do clero secular) e Madoz (1855, desamortización xeral). Entre os obxectivos estaban: reformar a estrutura da propiedade da terra, obter recursos para a Facenda e ampliar o apoio á causa liberal.

Estatuto Real

Nome que recibe o Decreto de 1834 polo que a raíña rexente Mª Cristina de Borbón convocaba as Cortes do reino de España e co que se pretendía...

Seguir lendo "Desamortización, Estatuto Real, Cantonalismo, Encasillado e Pucherazo na España do XIX" »

Decretos de Nova Planta: centralización en España

Historia2,26 KB

DEC NOV PLANT.

A Guerra de Sucesión foi, en parte, unha guerra civil entre os antigos reinos da Coroa de Aragón, que apoiaron a Carlos de Habsburgo, e Castela e Navarra, que aceptaron a Felipe V como monarca. Isto debíase a que os antigos reinos da Coroa de Aragón temían que Felipe V implantase un modelo absolutista, similar ó que implantara Luís XIV en Francia, eliminando os privilexios forais e as súas particularidades, institucións ou leis. Ese temor debíase a que, xa dende a súa chegada ó trono, iniciáronse unha serie de reformas para mellorar a situación do reino. O obxectivo era implantar un modelo absolutista, inspirado no seu avó Luís XIV. Para iso, inténtanse aumentar e racionalizar a eficacia da administración, reorganizar...

Seguir lendo "Decretos de Nova Planta: centralización en España" »