Distensión e Descolonización: Factores e Consecuencias
Distensión: Factores:
- Irrupción do Terceiro Mundo na escena internacional: por independencias de territorios e a política baseada na neutralidade, non no aliñamento.
- Ruptura China-URSS: por diferenzas ideolóxicas e fronteirizas, facilitou o achegamento entre China e EEUU.
- Novas estratexias defensivas: Norteamérica crea a defensa DEFCON, con 5 niveis, sendo o 5 a guerra nuclear.
- Carreira de armamentos e conferencia de seguridade e cooperación: acordos SALT (Estratexia de Limitación de Armas).
Primeira Guerra de Afganistán (1979-89): Golpe de estado en 1978 remata co poder do partido comunista, que aplicaría medidas non aceptadas polos musulmáns, iniciando conflitos armados. A URSS en 1979 envía tropas para eliminar a oposición e evitar ideas musulmás, para que continuase o goberno comunista, pero non tivo éxito. Gorbachov mantivo conversas e os soviéticos retíranse.
Invasión de Granada (1983): En 1979 comeza un goberno aliñado coa URSS e Cuba, que EEUU toma como ameaza. En 1983, unha forza aeronaval norteamericana invade Granada e pon un novo Goberno.
As reformas de Gorbachov
Gorbachov inicia reformas políticas e económicas soviéticas, baseadas na perestroika (reestruturación); buscaba reformar a economía soviética e reducir o control centralizado do partido comunista; e na glásnost (transparencia); buscaba liberdade de expresión e tamén a revisión do pasado soviético, incluíndo a era de Stalin.
Descolonización
Proceso de perda do sistema colonial onde nacen Estados Independentes e antigos territorios durante o S.XX.
Causas:
- Ansia de independencia dos pobos dominados: rexeitamento pola explotación e o desprezo. As elites crearon rexeitas criticando o colonialismo.
- Perda da hexemonía de Europa no mundo e actitude favorable das dúas superpotencias: as guerras mundiais diminuíron o poder político e económico de Europa. EEUU e a URSS apoian todas as intencións nacionalistas.
- Apoio das organizacións supranacionais e cambio da opinión pública occidental: A Sociedade de Nacións e a ONU a favor da independencia.
Marco cronolóxico da descolonización
- Ata a 1ª Guerra Mundial: Gran Bretaña ofrece réxime de autogoberno a territorios colonizados.
- Entreguerras: GB recoñece a independencia de Canadá, Australia, Nova Zelandia e Sudáfrica.
- 1945-1959: Independencia de colonias de África Subsahariana. En 1960, independencia de 18 países.
- 1960-1975: Independencia total de territorios coloniais en Asia Oriental.
- 1976: Fase final, colonias gobernadas por occidentais van independizándose.
Independencia da India
Baixo dominio británico, créanse organizacións como o Partido do Congreso ou a Liga Musulmá, que defenden o autogoberno e a independencia. Gandhi propuxo para conseguir a independencia:
- Non cooperación.
- Desobediencia civil.
- Resistencia e manifestacións masivas.
En 1947, finaliza a independencia, pero as diferencias relixiosas fan dividir o Estado Indio.
Terceiro Mundo
- Subdesenvolvemento económico: Baixo desenvolvemento agrícola, industrial e comercial.
- Pobreza, subalimentación e baixos niveis de benestar: Desenvolvemento agrícola atrasado, alimentación escasa.
- Crecemento da poboación e baixa esperanza de vida: Mortalidade alta, sobre todo infantil.
- Altas taxas de analfabetismo e de traballo infantil: Xente que non ía ás escolas, obrigados a traballar dende pequenos.
- Economías desarticuladas, dependentes e endebedadas: Tras independizarse.
- Inestabilidade política e fortes desigualdades sociais: Moitos cambios de goberno, enfrontamentos sociais que favorecen réximes autoritarios.
- Neocolonialismo e dependencia.
Conferencia de Bandung
1955 en Indonesia. Supuxo a irrupción do Terceiro Mundo, contou con 29 países que acordaron:
- Anticolonialismo.
- Neutralismo.
- Non aliñamento.
- Libre autodeterminación.
- Cooperación internacional.