Decretos de Nova Planta: centralización en España
DEC NOV PLANT.
A Guerra de Sucesión foi, en parte, unha guerra civil entre os antigos reinos da Coroa de Aragón, que apoiaron a Carlos de Habsburgo, e Castela e Navarra, que aceptaron a Felipe V como monarca. Isto debíase a que os antigos reinos da Coroa de Aragón temían que Felipe V implantase un modelo absolutista, similar ó que implantara Luís XIV en Francia, eliminando os privilexios forais e as súas particularidades, institucións ou leis. Ese temor debíase a que, xa dende a súa chegada ó trono, iniciáronse unha serie de reformas para mellorar a situación do reino. O obxectivo era implantar un modelo absolutista, inspirado no seu avó Luís XIV. Para iso, inténtanse aumentar e racionalizar a eficacia da administración, reorganizar as institucións de toda a coroa e aumentar o poder do monarca.
Os Decretos de Nova Planta
Os Decretos de Nova Planta foron parte das medidas tomadas para conseguir o obxectivo de Felipe V. Estes decretos aplicáronse en paralelo á conquista e dominio dos diferentes reinos da Coroa de Aragón, e xustificáronse polo apoio prestado polos aragoneses a Carlos de Austria durante a Guerra de Sucesión, implantándose en Aragón, Valencia, Mallorca e Cataluña.
Estes decretos:
- Suprimiron o réxime foral da Coroa de Aragón, así como as leis e institucións propias dos seus territorios.
- Imporán un sistema de organización político e administrativo de Castela en todos os territorios da Coroa, salvo en Navarra e as provincias vascas.
- Suprimiron as Cortes ou Parlamentos dos antigos reinos.
Consecuencias e Reformas
Como consecuencia deste proceso, levarase a cabo unha serie de reformas buscando unha maior centralización:
- Reorganizarase o sistema de administración dos territorios coa desaparición dos antigos reinos (salvo o de Navarra) e o nacemento das provincias da Península.
- Aplicarase tamén un só dereito común castelán para tódolos súbditos coa conseguinte anulación de usos e costumes e dereitos particulares sempre que entren en conflito coa lexislación común.
- Unha soa lingua administrativa: o castelán.
- Un sistema de unificación fiscal baseado no sistema da Facenda de Castela.