Glosario de termos históricos: política, economía e sociedade

Historia4,14 KB

Conceptos clave da historia contemporánea

Política e sociedade

Plutocracia: Elite da clase social baseada na primacía da propiedade e a riqueza.

Cartismo: Movemento de masas de carácter político que reclamaba dereitos como o sufraxio universal, a independencia dos deputados, a xornada de 8 horas ou a revisión das leis sobre os pobres.

Bonapartismo: Política adoptada por Napoleón II, que entendía o poder como autoritario, aínda que por delegación popular.

Laico: Designa os fieis que non son membros do clero na Igrexa católica. En sentido político, alguén é laico se é alleo a calquera organización relixiosa. É o que sucede nun Estado laico.

Affaire Dreyfus: Oficial xudeu que foi acusado de traizón con probas falsas e condenado.

Autocracia: Sistema de goberno autoritario en que a vontade dun soberano era a lei suprema.

Darwinismo social: Teoría social inspirada na teoría de Charles Darwin da evolución pola selección natural, pero aplicada á dinámica das sociedades. Segundo esta teoría, as sociedades máis desenvolvidas teñen a obriga de impoñerse ás menos desenvolvidas.

Bóers ou Africáners: Palabras holandesas que significan respectivamente colono e africano. Aplicáronselles aos granxeiros brancos surafricanos de orixe holandesa, alemá e francesa.

Doutrina Monroe: Doutrina antiimperialista, segundo a cal ningún Estado europeo tiña o dereito a estender o seu dominio sobre América.

Tories: Partido político conservador de Inglaterra.

Whigs: Partido liberalista de Inglaterra.

Home Rule: Presentouna Gladstone, convertía a Irlanda nun territorio autónomo dentro do Reino Unido.

Zentrum: Partido católico de centro, partidario da Grande Alemaña e defensor da Igrexa.

Kulturkampf: Batalla interna de Bismarck contra a Igrexa católica (loita pola cultura).

Meixi: Emprégase para designar o goberno ilustrado ou iluminado de Mutsu-Hito.

Movemento obreiro e economía

Domestic System: Sistema de traballo industrial a domicilio en que un artesán e a súa familia traballaban na casa con maquinaria e materia prima proporcionada por un empresario comerciante.

Gremio: Asociación de orixe medieval que desapareceu ao longo do século XIX coa industrialización. Controlaba todo o proceso de produción artesanal e organizábase por oficios.

Sindicato: Asociación de traballadores que naceu no século XIX para a defensa dos seus intereses laborais.

Combination Laws: Prohibiron calquera asociación con fins laborais.

Compagnonnages: Asociacións de traballadores solteiros.

Cooperativismo: Movemento social que tiña como fin unir esforzos dos traballadores para mellorar as súas ganancias ou abaratar os prezos dos produtos de consumo.

AIT: Asociación Internacional de Traballadores.

Konzern: Consorcio empresarial ou grupo de empresas en Alemaña. Modalidade de concentración en que un grupo de empresas controlaba un sector da produción ou todo o proceso produtivo.

Cártel: Asociación temporal entre varias empresas da mesma actividade económica co obxecto de eliminar a competencia e monopolizar o mercado.

Trust: Concentración ou fusión de varias empresas que se dedican a unha mesma actividade económica creando unha xigantesca corporación.

Zaibatsu: Grandes corporacións empresariais controladas por unhas poucas familias (Mitsubishi, Sumimoto, Mitsui...), encabezadas por un banco e con grandes empresas en diversos sectores industriais.

Holding: Sociedade financeira que controla as actividades doutras empresas mediante a adquisición de todas ou unha maioría das súas accións.

Descargar

PDF Word HTML