Glosario de Termos Históricos e Sociais Clave en Galego

Historia5,8 KB

Conceptos Fundamentais de Historia e Ciencias Sociais

Réxime Demográfico

Conxunto de pautas demográficas que segue unha poboación na evolución histórica. Recoñécense tres etapas:

  • Réxime demográfico antigo: natalidade e mortalidade elevadas.
  • Réxime demográfico de transición: con dúas etapas:
    • Alta natalidade e redución da mortalidade.
    • Caída da natalidade e baixa mortalidade.
  • Réxime demográfico moderno: taxa de natalidade e mortalidade baixas.

Liberalismo Político

Ideoloxía nacida a fins do século XVII en Inglaterra, base das revolucións liberais. Defende a liberdade do ser humano en todos os seus aspectos e unha sociedade con dereitos fronte a poderes arbitrarios.

Monarquía Absoluta

Forma de goberno en que o poder supremo está nas mans dunha soa persoa chamada rei, raíña, emperador ou emperatriz, príncipe ou princesa.

(Nota: sin - culotter)

Sans-culottes

Masas urbanas chamadas así por usaren pantalón en lugar de culotte (calzón curto) propio da nobreza.

Sufraxio Censitário ou Restrinxido

Dereito ao voto de só unha parte da cidadanía con determinado nivel de renda, formación ou posición social.

Proletariado

Do latín proles (descendencia), designa na terminoloxía marxista o obreiro asalariado e, por extensión, toda a clase obreira.

Capitalismo Financeiro

É unha fase do capitalismo en que a intensificación das relacións entre a banca e a industria derivou nunha subordinación da primeira á segunda.

Darwinismo Social

É unha teoría social inspirada na da evolución das especies por selección natural de Charles Darwin. Considera que, no caso da sociedade humana, a selección natural afecta o seu propio desenvolvemento e o das súas institucións. Esta teoría axudou a lexitimar o sometemento á cultura e ás institucións supostamente superiores. Darwin nunca considerou este tipo de implicacións da súa teoría.

Guerras do Opio

Conflitos armados entre Gran Bretaña e China polo contrabando de opio promovido polos ingleses, que o Imperio Chinés quería evitar. O obxectivo era obrigar a que China se abrise ao comercio colonial. Houbo dúas guerras nun período de vinte anos.

Sindicato

Asociación de traballadores que nace no século XIX para a defensa dos seus intereses laborais. En Reino Unido denomínanse trade unions.

Cooperativismo

Movemento social que tiña como finalidade unir esforzos da clase traballadora para constituír a súa propia empresa e repartir as ganancias (cooperativas de produtores) ou abaratar os prezos dos produtos de consumo (cooperativas de consumidores).

Pan-eslavismo

Movemento político e cultural xurdido do romanticismo e do nacionalismo do século XIX, que tiña como obxectivo a unión política, cultural e relixiosa de todos os pobos de orixe eslava.

Sionismo

Movemento nacionalista xurdido a fins do século XIX que defendía o dereito de crear unha comunidade ou Estado independente xudeu en Palestina. Deu orixe ao actual Estado de Israel.

Soviet

Palabra rusa que significa consello. Os soviets estaban formados por traballadores de cada localidade e convertéronse nos organismos clave da revolución.

Kulak

Campesiñado rico que explotaba as súas granxas con man de obra asalariada. A reforma de Stolypin afianzou este grupo social. Os bolxeviques considerábanos un inimigo de clase e, por iso, na colectivización emprendida posteriormente por Stalin, en 1929, foron perseguidos e privados das súas terras.

Especulación Bolsista

Práctica que consiste na compra de accións ou valores coa crenza de que subirán de prezo a curto prazo. Se iso ocorre, as accións véndense para obter uns beneficios rápidos. Pero tamén pode ocorrer o contrario e, nese caso, prodúcense perdas.

Política Deflacionista

Política económica que ten como principal obxectivo frear a alza de prezos. Para logralo, limítase o número de billetes en circulación, dificúltase a concesión de créditos e redúcese o gasto público.

Fascismo

Doutrina ou ditadura implantada por Benito Mussolini en Italia en 1922 e caracterizada por unha concepción totalitaria do Estado. Por extensión, aplícase a todas as ditaduras do século XX que se inspiraron no fascismo italiano.

Culto á Personalidade

Fenómeno polo cal se esaxeran os méritos reais dun personaxe mediante a adulación e o seguidismo para elevalo a unha categoría humana superior e incuestionable, desde a que se lexitima o dominio sobre o pobo.

Plebiscito

Consulta dos poderes públicos ao voto popular directo para aprobar ou rexeitar unha proposta política sobre poderes excepcionais, soberanía etc. Votación popular para aprobar ou rexeitar unha determinada lei ou proposta política.

Espazo Vital (Lebensraum)

Área xeográfica que un Estado considera imprescindible para a súa existencia e desenvolvemento. A súa consecución relaciona este concepto co imperialismo pola necesidade de conquistar os territorios que se desexan.

Islamista

Pertencente ou relativo ao integrismo musulmán, é dicir, refírese a que propugna que a política se rexa segundo os principios do Islam.

Asimilación (Política Colonial)

Política aplicada nas colonias que pretendía postergar a cultura e a organización social autóctonas e substituílas polas da metrópole.

Débeda Externa

Conxunto de préstamos que o Estado, as empresas ou as familias solicitan a acredores estranxeiros: bancos, gobernos ou institucións financeiras internacionais (FMI, bancos rexionais, etc.).

Descargar

PDF Word HTML