A Restauración Borbónica en España durante o Sexenio Democrático
A inestabilidade política durante o Sexenio Democrático favoreceu os planos de Antonio Cánovas del Castillo para restaurar a monarquía borbónica. O xeneral Martínez Campos pronunciouse a favor da monarquía e proclamou a Afonso XII como rei de España. Este foi enviado à academia militar de Sandhurst, onde se educaban os reis ingleses. Alí publicou o manifesto no que se presentaba como monarca constitucional, católico e liberal. Iniciábase así o período coñecido como Restauración Borbónica, no que se diferencian as seguintes etapas:
O reinado de Afonso XII (1875-85)
A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902)
O reinado constitucional de Afonso XIII (1902-23)
Afonso XII chegou a España en xaneiro de 1875, nomeando presidente do Goberno a Cánovas. Unha vez no poder, sentou as bases políticas do novo réxime. Para Cánovas existían dous principios indiscutibles: o principio monárquico hereditario personificado pola coroa na familia de Afonso XII, e o principio da liberdade exercido polas cortes que representaban a vontade da nación. O sistema debía basearse en:
- Monarquía constitucional doutrinaria como forma de estado e de goberno
- Dobre confianza entre a Coroa e as Cortes
- Bipartidismo
- Alternancia pacífica nos gobiernos
- Sometemento do poder militar ao poder civil
- Transaccionismo en materia de dereitos e deberes
Cánovas convocou eleccións constituíntes para asentar as bases políticas da monarquía. As novas cortes aprobaron a constitución de 1876. A constitución de 1876 respondía a unha monarquía constitucional doutrinaria conservadora:
- A Coroa compartía a soberanía coas Cortes
- Cortes bicameral
- Os dereitos e liberdades aparecían recollidos pero redactados dunha forma imprecisa
- Catolicismo de Estado
O goberno de Cánovas puxo fin a dúas guerras, o que lle valeu a Afonso XII o título de rei pacificador. Na guerra carlista, o conflicto finalizou en 1876 coa toma de Montejurra e Estella. Na guerra de Cuba, os reforzos enviados deron ao xeneral Martínez Campos notables éxitos contra os insurrectos, e en 1878 a Paz de Zanjón concedía unha ampla amnistía.
Reformas de Sagasta
Sagasta, entre 1885-90, realizou importantes reformas:
- Lei de asociacións
- Lei de xuízos por xurado
- Novo código civil
- Nova lei electoral
A partir de 1890, Sagasta alternou no poder cos sucesivos líderes do partido conservador. Tal e como vemos no doc. 3 é unha metáfora de Sagasta e Cánovas alternándose no poder, sendo España a que sofre. Para garantir esa quenda tiveron que recorrer ao fraude electoral. O sistema funcionaba de arriba a abaixo: Na cúspide estaba a oligarquía dirixente entre a que se escollían os candidatos, nun nivel intermedio estaba o gobernador civil e na base estaba o cacique local, que contaba dunha grande ingluencia sobre as autoridades e os veciños dunha comarca.
Control Caciquil
O control caciquil foi unha das pezas básicas do funcionamento da quenda pacífica. Nalgúns casos, a forza do caciquismo permitía que moitos distritos estivesen controlados pola mesma persoa, o que se coñece como distritos enfeudados. En Galicia, o sistema caciquil estivo moi arraigado debido ao predominio da rural, o atraso económico, a dispersión da poboación e a debilidade do Estado.
Tensións e Conflitos
Foron xurdindo e cobrando forza diferentes tensións e conflitos:
- Reinicio das protestas obreiras
- Incremento dos atentados anarquistas
- Debilidade republicana
- Xurdimento dos movementos rexionalistas e nacionalistas periféricos
A principal crise da rexencia de María Cristina de Habsburgo foi a insurrección de Cuba e Filipinas. En 1898, a extraña explosión do acoirazado norteamericano Maine, foi escusa para que o goberno dos EUA enviase un ultimato ao goberno de España. A derrota, cualificada como o desastre do 98, causou en España un forte impacto na opinión pública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases medias. O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria que impregnou a vida pública española a finais do século XIX e comezos do XX.