A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930): Causas, Desenvolvemento e Caída
A Ditadura de Primo de Rivera: O Golpe de Estado de 1923
O 13 de setembro de 1923, Primo de Rivera, co apoio de diversas personalidades políticas e militares, deu un golpe de Estado. Este suceso produciuse tras as críticas ao rei, o fracaso da Guerra en Marrocos, o descrédito do exército, o auxe do terrorismo, a radicalización das manifestacións catalanistas e o medo á subversión. O goberno tratou de que o rei aprobase a destitución dos xenerais sublevados e a convocatoria de Cortes, pero a falta de apoio do monarca fixo que dimitise. O 14 de setembro de 1923, asume o poder o xeneral Primo de Rivera e acepta o golpe de Estado, que contou cunha ampla aceptación popular.
Reaccións e Oposición
A UXT e o PSOE mantiveron unha posición de non enfrontamento, pero o Partido Comunista e a CNT mantiveron unha total oposición á ditadura.
A Reorganización do Estado
Houbo unha reorganización do Estado onde, por un lado, estaba o Directorio Militar (1923-1925) e, por outro, o Directorio Civil (1925-1930).
O Directorio Militar (1923-1925)
O primeiro goberno estivo formado só por militares e levou a cabo as seguintes accións:
- Rexeneración política e imposición dun novo réxime autoritario:
- Suspensión da Constitución de 1876.
- Fin da monarquía constitucional.
- Creación de delegados gobernativos para controlar concellos.
- Elaboración de novos estatutos municipais e provinciais, pero o goberno controlaba a vida municipal designando e nomeando alcaldes e concelleiros, e reformou a normativa electoral.
- Formación dunha organización cívica coa Unión Patriótica: Oscilou entre un movemento de apoio e propaganda da ditadura e o partido único do novo réxime.
- Restablecemento da orde pública:
- Control do movemento obreiro, para o que foi decretado estado de guerra.
- Prohibición de celebrar reunións e persecución das organizacións obreiras vinculadas á CNT e ao PCE.
- Diminución do número de atentados e folgas.
- Estendeuse o Somatén, que colaboraba coa Garda Civil no mantemento da orde e paz pública.
- Defensa da unidade da patria: Actuaba contra aquilo que parecía un perigo para a unidade de España. Desenvolvéronse campañas de afirmación dos símbolos nacionais de España e de represión das reivindicacións e manifestacións nacionalistas de cataláns, vascos e galegos.
- Fin da Guerra de Marrocos: En 1924, Abd el-Krim ataca as posicións francesas. A estratexia española consistiu no desembarco na baía de Alhucemas, e isto foi un éxito. A guerra remata en xullo de 1927 e contribúe ao prestixio do exército e á popularidade do ditador.
O Directorio Civil (1925-1930)
Primo de Rivera pon fin ao Directorio Militar e forma outro, formado por civís vinculados á Unión Patriótica, que se caracteriza por:
- O intento de instauración dun réxime corporativo, onde as pezas básicas do novo sistema serían a Organización Corporativa do Traballo, que regulamentaba as relacións entre obreiros e patróns a través de comités paritarios, e a Asemblea Nacional, que elaboraba e presentaba proxectos de leis ao goberno, como unha nova Constitución que establecía unha organización territorial unitaria e centralizada, entre outras cousas.
- A elaboración dunha ampla lexislación laboral e social para mellorar as condicións de vida dos traballadores (distribución de comida e roupa, construción de casas baratas, etc.).
- A potenciación do desenvolvemento económico, que desenvolveu unha política económica baseada no intervencionismo estatal e no proteccionismo arancelario para favorecer a produción interna (creación de monopolios e potenciación de obras públicas).
- O incremento da oposición e a caída de Primo de Rivera, onde as críticas eran duras e de ámbitos diversos:
- Políticos liberais que apoiaron a Sanjuanada.
- Os republicanos que formaron a Alianza Republicana e fundaron a ORGA.
- Os estudantes que fundaron a FUE.
- Anarquistas que crearon a FAI.
- Nacionalismos periféricos e militares.
Conclusión: A Caída da Ditadura e a II República
Primo de Rivera dimite en 1930 e exíliase a Francia, onde acaba morrendo. Afonso XIII encarga a Dámaso Berenguer a formación dun novo goberno para restablecer o sistema constitucional de 1876 e as liberdades, período coñecido como a Dictabranda. No Pacto de Lestrove créase a FRG, e personalidades políticas reúnense en San Sebastián para chegar a un acordo verbal (Pacto de San Sebastián).
Para rematar, en 1931, Berenguer foi substituído por Juan Bautista Aznar, que convoca eleccións municipais (12 de abril) e xerais. O 14 de abril proclámase a II República e Afonso XIII renuncia á coroa e abandona España, polo que un goberno provisional se encarga do país.