Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Filosofía Antiga: Platón e os Presocráticos

Filosofía e ética3,91 KB

GRAOS DO COÑECEMENTO:¿como é posible coñecer as ideas se pertencen a un mundo alleo ao do home?¿como acceder ó mundo intelixible se o home vive no mundo sensible? Tales interrogantes epistemoloxicos terán resposta dentro do marco da teoría das ideas de platón. Tendo en conta esto, Platón propoñera tres métodos para acceder ao coñecemento verdadeiro:a reminiscencia, a dialéctica e o amor.REMINISCENCIA:como non se pode buskar o que xa se coñece nin tampouco o que non se coñece é imposible buscar o que descoñecemos.Platón di que buscar é mais ben recordar o que xa coñecemos.Coñecer é lembrar. Segundo Platón a alma tivo que coñecer as Ideas nunha existencia anterior, separada do corpo.A reminiscencia é o proceso polo cal...

Seguir lendo "Filosofía Antiga: Platón e os Presocráticos" »

Ensaios filosóficos: Reflexións sobre a sociedade actual

Filosofía e ética9,18 KB

ENSAIO 1: A felicidade alcánzase cumprindo os nosos desexos?

Na sociedade actual, caracterizada polo consumismo, a felicidade semella estar ligada á capacidade de satisfacer desexos constantemente renovados. A publicidade e os medios constrúen a idea de que o benestar depende da adquisición de bens, experiencias ou status. Porén, esta visión entra en conflito co que xa advertía Schopenhauer: o desexo é, por natureza, fonte de dor, e a súa satisfacción leva rapidamente á saciedade e ao aburrimento.

Este paradoxo do consumismo maniféstase con claridade: canto máis temos, máis desexamos. A felicidade convértese así nun obxectivo sempre adiado, pois cada logro abre paso a unha nova carencia. A sociedade de consumo aliméntase desta...

Seguir lendo "Ensaios filosóficos: Reflexións sobre a sociedade actual" »

A Teoría do Coñecemento de Kant: Sensibilidade e Entendemento

Filosofía e ética3,41 KB

A teoría do coñecemento na Crítica da razón pura

O presente texto pertence á obra Crítica da razón pura (1787) do filósofo ilustrado Immanuel Kant, unha das obras fundamentais da filosofía moderna. En concreto, sitúase dentro da súa teoría do coñecemento, na que Kant analiza as facultades que fan posible o coñecemento humano. O fragmento enmárcase na distinción entre sensibilidade e entendemento, tratada na Estética e Analítica transcendental.

A relación entre sensibilidade e entendemento

O tema do texto é a explicación da relación entre a sensibilidade e o entendemento como condicións necesarias do coñecemento. A tese principal que defende Kant é que o coñecemento humano só é posible pola colaboración destas dúas...

Seguir lendo "A Teoría do Coñecemento de Kant: Sensibilidade e Entendemento" »

A Teoría do Coñecemento de Immanuel Kant: Síntese e Crítica

Filosofía e ética4,95 KB

TEXTO 2: A Introdución á Crítica da razón pura

O fragmento proposto pertence á introdución da Crítica da razón pura (1787) de Immanuel Kant, obra clave da filosofía moderna na que o autor analiza as condicións de posibilidade do coñecemento humano. Sitúase no contexto da Ilustración alemá (Aufklärung), caracterizada pola confianza na razón e pola súa función crítica. Neste marco, Kant pretende superar a oposición entre o racionalismo —representado por René Descartes— e o empirismo —especialmente David Hume—, elaborando unha teoría do coñecemento que explique tanto a súa orixe como os seus límites.

O tema central do texto é a análise da relación entre experiencia e coñecemento a priori. Kant parte dunha afirmación...

Seguir lendo "A Teoría do Coñecemento de Immanuel Kant: Síntese e Crítica" »

A Ética de Kant: Dignidade Humana e o Reino dos Fins

Filosofía e ética3,2 KB

Immanuel Kant e a Ilustración

Texto 5: Immanuel Kant foi un pensador fundamental da Ilustración que defendía a autonomía da razón. A súa formación no pietismo influíu na súa preocupación pola moral. Neste contexto, Kant supera o enfrontamento entre empirismo e racionalismo a través da súa filosofía crítica. Así, no ámbito ético, propón unha moral universal baseada na razón, fronte ás éticas materiais centradas nos fins ou nas consecuencias.

A dignidade humana como fin en si mesmo

O tema principal do texto é a dignidade do ser humano como fin en si mesmo e a súa pertenza ao reino dos fins como fundamento da moralidade. A partir desta idea, Kant constrúe unha ética baseada no respecto absoluto á persoa.

Principios da moralidade

...
Seguir lendo "A Ética de Kant: Dignidade Humana e o Reino dos Fins" »

A Filosofía de Immanuel Kant: A Ilustración e o Coñecemento

Filosofía e ética6,95 KB

A Ilustración e a Saída da Minoría de Idade

Kant define a Ilustración cando afirma que “a ilustración é a saída do ser humano da súa minoría de idade”. Con isto quere dicir que a Ilustración consiste en que o ser humano deixe de depender doutros para pensar e comece a utilizar o seu propio entendemento. A minoría de idade significa, segundo Kant, “a incapacidade de servirse do propio entendemento sen a dirección doutro”, é dicir, a situación na que as persoas deixan que outros pensen por elas.

O Valor de Pensar por un Mesmo

En segundo lugar, Kant explica que o ser humano é responsable desta situación cando afirma que “un mesmo é o culpable desta minoría de idade”. Isto ocorre non porque falte capacidade intelectual,...

Seguir lendo "A Filosofía de Immanuel Kant: A Ilustración e o Coñecemento" »

O Mito da Caverna de Platón: Realidade e Coñecemento

Filosofía e ética3 KB

O Mito da Caverna e o Mundo das Ideas

O mito da caverna mostra que aquilo que percibimos cos sentidos (o mundo sensible) non é a verdadeira realidade, senón unha copia ou ilusión. Platón quere demostrar a existencia dun mundo máis verdadeiro, o mundo das ideas, onde se atopan as formas perfectas de conceptos como a beleza, a xustiza ou a bondade.

No mito, os prisioneiros están encadeados nunha caverna e só ven sombras na parede, crendo que esas sombras son a realidade. Cando un se libera e sae ao exterior, a luz do sol ao principio deslúmbrao, pero logo comprende a verdadeira realidade. O sol representa o ben e a verdade. Ao volver á caverna, os demais non lle cren e acábano matando.

A Estrutura do Fragmento

Platón amosa que aceptar...

Seguir lendo "O Mito da Caverna de Platón: Realidade e Coñecemento" »

Mito da Caverna de Platón: niveis do coñecemento, virtudes e réximes

Filosofía e ética2,84 KB

Mito da caverna: niveis do coñecemento

Platón interpreta o mito da caverna como un proceso de elevación do coñecemento da alma, que conecta o mundo sensible co intelixible. Para explicalo con máis detalle, propón dividilo en catro partes, correspondentes a catro estados mentais que tamén reflicten catro ámbitos da realidade:

1. Conxectura (eikasía) — nivel máis baixo

  • Facultade de percibir sombras e imaxes das cousas.
  • Corresponde á realidade máis aparente e ao coñecemento máis inseguro.

2. Crenza (pistis)

  • Percepción das cousas físicas, naturais ou artificiais, das que as imaxes son simples copias.
  • É un nivel de coñecemento sensible máis directo, pero aínda imperfecto.

3. Pensamento discursivo (dianoia)

  • Coñecemento das entidades
...
Seguir lendo "Mito da Caverna de Platón: niveis do coñecemento, virtudes e réximes" »

A evolución da identidade humana: Do século XIX ao XX

Filosofía e ética2,83 KB

As grandes humillacións do ser humano no século XIX

No século XIX, o ser humano recibiu varias humillacións que fixeron que se cuestionase o seu lugar no mundo:

  • O heliocentrismo: Descubriuse que a Terra non era o centro do universo, senón que xiraba arredor do Sol, o que supuxo un golpe para o orgullo humano.
  • A teoría de Darwin: Demostrou que os humanos proviñamos dos primates e que a evolución e a selección natural foron as responsables dos cambios nas especies. Moitos sentíronse incómodos ao pensar que eramos "descendentes de monos".
  • O materialismo de Marx: Karl Marx afirmou que a nosa maneira de pensar non determina como vivimos, senón que son as nosas condicións sociais e económicas as que inflúen en como pensamos e sentimos.
...
Seguir lendo "A evolución da identidade humana: Do século XIX ao XX" »

Lexitimidade Política e Teorías da Xustiza

Filosofía e ética2,59 KB

Lexitimidade do Poder Político

A lexitimidade é a xustificación do poder político para ser obedecido, en contraste coa legalidade, que se basea unicamente no cumprimento das normas xurídicas. No que respecta aos tipos de lexitimidade, pódese analizar desde dúas perspectivas:

  • A) Desde o ámbito xurídico: A lexitimidade formal refírese á actuación do poder político conforme ás leis establecidas no marco legal, mentres que a lexitimidade material ten lugar cando o pobo considera as leis xustas, xa que reflicten valores éticos e necesidades sociais.
  • B) Desde o punto de vista político: Un poder considérase lexítimo cando a sociedade o respecta e o ve xusto. Segundo a filósofa Hannah Arendt, o poder só é eficaz se é recoñecido
...
Seguir lendo "Lexitimidade Política e Teorías da Xustiza" »