Teoría do Coñecemento: Descartes e o Método Cartesiano

Filosofía e ética3,62 KB

Teoría do Coñecemento

Teoría do coñecemento.

Descartes non separa filosofía de ciencia, senón que afirma que coa razón chegamos a calquera coñecemento; cando hai distintas opinións é porque se utilizou un método incorrecto. Para el, o método correcto é o matemático e serve para tódalas ciencias (a diferenza de Aristóteles: “Cada ciencia ten o seu método”). O método matemático baséase en: A intuición, que é unha especie de instinto natural polo que captamos sen erro e de forma inmediata a natureza simple, que xorde da razón. A dedución permítenos derivar novas ideas, é unha intuición sucesiva.

As regras do método de Descartes

As regras do método de Descartes son un conxunto de regras certas e fáciles polas que nunca se tomará nada falso por verdadeiro chegando ao coñecemento. En total son 20 pero redúcense a 4: Evidencia: chégase pola intuición e acepta só o que é evidente na claridade e na distinción. Análise: chégase pola dedución; divide cada unha das dificultades a examinar en tantas partes simples como sexa preciso para resolvelas mellor. Síntese: pola dedución é conducir ordenadamente os meus pensamentos comezando polos obxectos máis simples ata os máis compostos. Enumeración: pola dedución é facer uns recontos e unhas revisións xerais sen omitir nada.

A dúbida metódica

O punto de partida do método cartesiano é a dúbida metódica; as características de tal dúbida son: Universal, xa que dubida de todas as certezas existentes. Metódica, a dúbida é un procedemento. Teorética, xa que só dubida dos coñecementos teóricos (éticos, políticos ou artísticos).

Campos da dúbida

Os campos aos que se estende a dúbida son:

  • Os sentidos
  • A imaxinación
  • Os razoamentos
  • Un mesmo

A primeira verdade

A primeira verdade é unha verdade absoluta e consiste na existencia do suxeito que pensa e dubida “Penso, logo existo” (eu dúbido, polo tanto existo). O criterio da verdade e certeza é deducido como todo o que se percibe con igual claridade e distinción coa que percibe o “eu” será verdadeiro con inquebrantable certeza. As ideas como obxecto segundo Descartes, o pensamento opera sempre sobre as ideas, non sobre as cousas mesmas (oposto a Aristóteles e a Tomé de Aquino)

A natureza das ideas

A natureza das ideas ven dada por: Aspecto subxectivo: as ideas son actos mentais e todas poden proceder de min mesmo. Aspecto obxectivo: as ideas diferéncianse unhas das outras por ter un contido obxectivo.

Tipos de ideas

Existen 3 tipos ou clases de ideas:

  • As ideas Adventicias: (non demostran a existencia da realidade) parecen provir da nosa experiencia externa.
  • As ideas Facticias: (non demostran a existencia da realidade) proceden da nosa imaxinación e son feitas polo suxeito a partir doutras ideas.
  • As ideas innatas: son as que o entendemento xa as posúe pola súa propia experiencia. Son verdades evidentes que se achan nas nosas mentes. A intelixencia atópaas mediante a intuición e o contido de tales ideas coincide coa realidade, son poucas, as máis importantes (as ideas de pensamento, de existencia, de eu). O coñecemento ten lugar por medio das ideas innatas e non polos sentidos nin pola imaxinación.

Descargar

PDF Word HTML