Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Bacharelato

Filosofía de Descartes: Método, Metafísica e Deus

Filosofía e ética3,6 KB

O Proxecto de Descartes

Descartes busca un método que lle permita acadar verdades certas e seguras, polo que rexeita todo o coñecemento no que caiba a dúbida. Só as matemáticas ofrecen coñecementos indubidables, polo que imita a súa metodoloxía dedutiva. No seu proxecto pretende fundamentar deste xeito todas as ciencias, que no seu deseño terían a filosofía como a raíz da que parten as restantes ciencias.

Características do Método Cartesiano

O método cartesiano é un método dedutivo, co que se pode chegar a verdades certas e seguras. Toma como modelo o método matemático, que parte duns principios evidentes, dos que mediante a dedución acada outras verdades. É un método racionalista en canto que o fundamenta na racionalidade...

Seguir lendo "Filosofía de Descartes: Método, Metafísica e Deus" »

Analítica Transcendental de Kant: Coñecemento e Categorías

Filosofía e ética2,53 KB

Analítica Transcendental de Kant: O Coñecemento Intelectual

Kant denomina coñecemento intelectual ao segundo nivel de coñecemento. A súa función é pensar os obxectos. A este tema dedica a segunda parte da Crítica da Razón Pura, á que denomina Analítica Transcendental. Ao mesmo tempo, proponse a posibilidade da Física como ciencia.

O Entendemento e a Unidade dos Fenómenos

Co coñecemento sensible constituíronse unha pluralidade de fenómenos que non posúen unidade. Esa unidade só se consegue por medio do pensar, é dicir, a través dunha actividade capaz de unificar a pluralidade de fenómenos. Esta actividade é a levada a cabo polo entendemento (facultade de xulgar) que atribúe aos fenómenos determinados conceptos.

Exemplo: vemos...

Seguir lendo "Analítica Transcendental de Kant: Coñecemento e Categorías" »

Marxismo: Materialismo Dialéctico e Histórico Explicado

Filosofía e ética2,57 KB

Marx: Materialismo Dialéctico e Histórico

Marx compartía con Hegel a idea de que a realidade non é estática, senón dinámica e cambiante, plena de contradicións que hai que superar e que obrigan a transformarse. Sen embargo, Marx non entendía que os hegelianos defendesen este dinamismo como un produto das forzas e das relacións materiais que se dan na realidade. Este materialismo non supuxo outra cousa que defender que non son as ideoloxías as que determinan unha realidade concreta, senón que é a realidade material a que produce a súa propia ideoloxía. Son as relacións e as tensións económicas, o particular sistema de produción dunha comunidade, aquilo que condiciona a relixión, os costumes e a moral desa mesma comunidade.

...

Seguir lendo "Marxismo: Materialismo Dialéctico e Histórico Explicado" »

A Razón Ilustrada: Características e Ideas Clave

Filosofía e ética10,23 KB

A Razón Ilustrada

Os ilustrados proclaman a soberanía da razón e a exclusión de toda autoridade.

Por “razón” non entenden exactamente o mesmo que os racionalistas do XVII (a razón non son as ideas innatas).

Para eles, a razón é unha capacidade natural cultivable, unha disposición educable. As ciencias (Newton) serán o instrumento de educación que poboarán de luces á razón e garantirán o futuro da humanidade.

A razón ilustrada caracterízase por ser:

  • Crítica: Descartes é crítico, pero só teoricamente; agora trátase de selo tamén no ámbito práctico e da vida cotiá. Non é tanto unha crítica negativa, como un intento de organizar racionalmente a vida humana.
  • A razón crítica reacciona contra os prexuízos, contra a tradición,
...
Seguir lendo "A Razón Ilustrada: Características e Ideas Clave" »

Moral, Ética e Liberdade: Unha Análise Filosófica

Filosofía e ética3,98 KB

Moral, Ética e Ciencia Empírica

A moral refírese a un conxunto de ideas acerca do que un individuo considera bo, malo, xusto, inxusto, digno de eloxiar ou censurar.

A ética equivale á filosofía moral, unha reflexión moral que pretende dar razóns e propoñer feitos a base de determinar o contexto correcto ou incorrecto.

A ciencia empírica procede da invención da hipótese que, para ter carácter científico, debe ser contrastable; débense poder derivar consecuencias para ser empiricamente verificable.

Liberdade e Moralidade

A liberdade é un presuposto da moralidade. Ningunha recomendación moral tería sentido se a nosa conduta estivese determinada, se non houbese liberdade de elección.

Tipos de Liberdade

  • Liberdade física: ausencia de
...
Seguir lendo "Moral, Ética e Liberdade: Unha Análise Filosófica" »

A Teoría das Ideas de Platón: Concepto, Evolución e Crítica

Filosofía e ética2,83 KB

Platón: A Teoría das Ideas

A teoría das ideas desenvólvese no dualismo ontolóxico no que se contrapoñen o mundo sensible e o mundo intelixible, como ámbitos da realidade contrapostos. A concepción platónica da realidade desenvólvese na teoría das ideas.

Evolución da Teoría das Ideas

Analizando dita teoría, poderiamos dicir que precisou unha longa evolución, dado que o autor a foi desenvolvendo ao longo da súa vida. Comezou nos diálogos de transición, onde presenta as ideas nun sentido lóxico, como concepto xeral ou definición universal das causas que nos permiten coñecelas cientificamente.

Nos diálogos de madurez, as ideas preséntanse nun sentido ontolóxico, tendo como principal suposto unha duplicación da realidade en...

Seguir lendo "A Teoría das Ideas de Platón: Concepto, Evolución e Crítica" »

A Gnoseoloxía de Platón: Graos de Coñecemento e o Mito da Cova

Filosofía e ética2,8 KB

As Doutrinas Gnoseolóxicas de Platón

Platón proporciónanos tres doutrinas gnoseolóxicas fundamentais:

  • A Teoría da Reminiscencia (Anamnesis)
  • A Teoría do Amor (Eros)
  • A Teoría dos Graos de Coñecemento (Dialéctica)

A Teoría da Reminiscencia (Anamnesis)

A alma é eterna e está suxeita a transmigracións. Antes de nacer xa viu todas as cousas, aínda que logo as esquece. Así pois, o saber consiste en lembrar, na reminiscencia.

A Teoría do Amor (Eros)

O amor (Eros) é un desexo que fai que o ser humano ansíe atopar o coñecemento.

A Teoría dos Graos de Coñecemento (Dialéctica)

A dialéctica baséase na Teoría das Ideas e é o proceso polo que se ascende gradualmente ao coñecemento da Idea.

O Símil da Liña e os Graos de Realidade

Establécese...

Seguir lendo "A Gnoseoloxía de Platón: Graos de Coñecemento e o Mito da Cova" »

Ética formal de Kant: Autonomía e Imperativo Categórico

Filosofía e ética3,53 KB

Formalismo moral

A razón humana é, á vez, teórica e práctica, capaz de determinar a vontade e a acción moral. O uso práctico da razón ocúpase do deber ser. A ética de Kant é formal e non material (as éticas materiais xustifican a acción en función do que consideremos ben). Estas presentan un obxecto, propiedade ou estado de cousas como un Ben Supremo e declaran como boas aquelas condutas que permiten a súa realización, e malas as que se afastan del.

Kant e as éticas materiais

Kant rexeitou as éticas materiais porque presentan moitas deficiencias: son empíricas, a posteriori e non poden ter validez universal. Os preceptos das éticas materiais son hipotéticos e só valen de forma condicionada. Son heterónomas e van en contra...

Seguir lendo "Ética formal de Kant: Autonomía e Imperativo Categórico" »

Características da Razón Ilustrada: Unha Análise Profunda

Filosofía e ética2,51 KB

Características da Razón Ilustrada

A Ilustración caracterízase por presentar un novo concepto da razón, ben distinto ao das épocas anteriores. Xa non se trata dunha razón que está ao servizo da teoloxía como na época medieval, nin tampouco dunha razón que, ao final, está tutelada por Deus como no caso de Descartes. O movemento ilustrado, e Kant como parte deste, vai incidir nas seguintes características da razón:

  • A Autonomía da Razón

    Despois do longo período medieval no que a razón está sometida ao criterio da fe, a filosofía moderna vai reivindicar a autonomía da razón. Porén, a pesar de ser autónoma, a razón ten uns límites que os marca a experiencia. Todos os seres humanos, nas súas diferentes culturas e épocas,

...
Seguir lendo "Características da Razón Ilustrada: Unha Análise Profunda" »

A Ética Formal de Kant: Razón Práctica e Deber Moral

Filosofía e ética6,4 KB

A Razón Práctica en Kant

A razón humana non é unicamente razón teórica, senón tamén razón práctica. Kant ocúpase do uso práctico da razón na obra Crítica da razón práctica.

A Proposta da Ética Formal

A ética de Kant é unha ética formal e non material. As éticas materiais son as que xustifican a acción en función do que consideremos como ben (felicidade, utilidade). Estas éticas presentan un obxecto, propiedade ou estado de cousas como un Ben Supremo, e declaran boas as condutas que permiten a realización dese Ben Supremo e como malas aquelas condutas ou accións que se afastan del.

Crítica ás Éticas Materiais

Kant rexeitou as éticas materiais porque, ao seu xuízo, presentan moitas deficiencias, posto que son:

  • Empíricas:
...
Seguir lendo "A Ética Formal de Kant: Razón Práctica e Deber Moral" »