Marxismo: Materialismo Dialéctico e Histórico Explicado

Filosofía e ética2,57 KB

Marx: Materialismo Dialéctico e Histórico

Marx compartía con Hegel a idea de que a realidade non é estática, senón dinámica e cambiante, plena de contradicións que hai que superar e que obrigan a transformarse. Sen embargo, Marx non entendía que os hegelianos defendesen este dinamismo como un produto das forzas e das relacións materiais que se dan na realidade. Este materialismo non supuxo outra cousa que defender que non son as ideoloxías as que determinan unha realidade concreta, senón que é a realidade material a que produce a súa propia ideoloxía. Son as relacións e as tensións económicas, o particular sistema de produción dunha comunidade, aquilo que condiciona a relixión, os costumes e a moral desa mesma comunidade. Para Marx, é a infraestrutura económica dunha comunidade (forzas e relacións de produción) a que determina a superestrutura (ideoloxías, normas morais, cultura...).

Comparte con Hegel a concepción do devir histórico como un proceso dialéctico que ten como motor as contradicións e oposicións internas, pero non ve nese proceso o desenvolvemento do espírito, senón a oposición e a separación de diferentes sistemas de produción de bens materiais. Por iso o marxismo é considerado un materialismo dialéctico, xa que é a materia (economía) a que fai avanzar a historia nun proceso de confrontación e superación. Poderiamos afirmar que o materialismo marxista consiste en defender que a historia avanza dialecticamente impulsada polas tensas relacións de produción. Así, un sistema económico concreto (tese), debido ás incoherencias internas, xera o seu propio oposto, a negación (antítese). Do enfrontamento entre un e outro xorde unha situación económica e social nova (síntese).

Esta concepción da historia, o materialismo histórico, convértese nun método de análise da realidade social con pretensións de cientificidade. Segundo os marxistas, debe servir tanto para descubrir as leis e os mecanismos que fixan o desenvolvemento histórico coma para prever o futuro social. Aplicado á historia máis recente e tomando o capitalismo como tese, o materialismo histórico descobre cales son as contradicións que se xeran nas relacións de produción (propietarios) e os que soamente posúen a súa propia forza de traballo (proletariado) provocan a súa negación e superación. Os obreiros, como clase desprotexida, rebélanse e instauran a ditadura do proletariado (antítese). Desta oposición xorde unha nova situación económica e social, o comunismo (síntese).

Descargar

PDF Word HTML