Apuntamentos, resumos, traballos, exames e exercicios de Filosofía e ética de Bacharelato

Pensamento Político na Modernidade: Do Renacemento ao Absolutismo

Filosofía e ética2,99 KB

O pensamento político na Modernidade

O Renacemento e as novas formas de poder

O Renacemento, ao xerar novas formas de poder e organización social, retomou a reflexión política iniciada nos sofistas, continuada por Platón e Aristóteles e recomposta na Idade Media en torno aos conceptos de lei divina, natural e humana. A principios do século XVI, Maquiavelo inicia o novo realismo político propoñendo a separación de ética e política: a única guía que debe seguir o gobernante é o ben do Estado, por encima de calquera norma moral. Contra este concepto de razón de Estado apareceron as primeiras teorías contractualistas (Althusius) ou iusnaturalistas (Hugo Grocio), que situaban no pobo ou na natureza os límites do poder.

A fundamentación

...
Seguir lendo "Pensamento Político na Modernidade: Do Renacemento ao Absolutismo" »

Cartesianismo: Mente, Materia e Causalidade

Filosofía e ética4,98 KB

Co nome de cartesianismo coñécese o movemento inaugurado por René Descartes (Cartesius é a versión latina do seu nome). Este movemento configurou a paisaxe filosófica do período inicial da modernidade, e a súa influencia, incluso na actualidade, aínda permanece viva.

O Cartesianismo como Programa Científico

Nas décadas que seguiron á morte de Descartes, o cartesianismo era considerado primariamente como un programa para a ciencia física baseado en principios matemáticos. Descartes definira a materia como res extensa, ou substancia estendida, é dicir, todo o que ten lonxitude, profundidade e altura. O programa cartesiano consistía en presentar todos os casos explicables en termos de modos ou modificacións da extensión. En efecto,...

Seguir lendo "Cartesianismo: Mente, Materia e Causalidade" »

Aristóteles: Biografía, Filosofía e Helenismo

Filosofía e ética3,97 KB

Marco conceptual

Biografía de Aristóteles

Aristóteles naceu en Estaxira no 384 a.C. Era macedonio, fillo dun médico amigo do rei de Macedonia. Quedou orfo e foi estudar a Atenas, á Academia de Platón, onde pasou 20 anos. Fíxose discípulo e amigo de Platón, quen deixou pegada no seu pensamento e preocupacións filosóficas. Conforme Aristóteles madura, o seu pensamento vaise distanciando das teses platónicas e chega a ser moi crítico. Á morte de Platón, con 37 anos, marcha de Atenas. No 343, Filipo de Macedonia chama a Aristóteles para que sexa mestre do seu fillo Alexandre, de 13 anos, quen moi pronto se fai rexente de Macedonia pola ausencia do seu pai, e Aristóteles acompáñao en moitas das súas expedicións militares. No...

Seguir lendo "Aristóteles: Biografía, Filosofía e Helenismo" »

Filosofía de Platón e Aristóteles: Alma, Estado e Coñecemento

Filosofía e ética4,23 KB

A Alma Tripartita e as Virtudes Éticas

A alma é como unha entidade *dinámica* que integra tres partes: *sabedoría*, fortaleza e temperanza. Finalmente, se cada parte fai con virtude o que lle é adecuado, hai *harmonía* na alma. Este equilibrio entre as partes da alma é o *que Platón* chama *xustiza*.

O Dualismo: Alma e Corpo

A *concepción platónica* do ser humano pode resumirse afirmando que este é a *súa* alma. A alma *está* unida accidental e incomodamente ao corpo. Alma e corpo conviven como un *cabaleiro e o seu cabalo*. Esta é unha *visión* dualista, na cal a alma é altamente valorada e o corpo é infravalorado. Son *dúas* entidades totalmente distinguibles e desiguais. O corpo é *físico*, mortal e imperfecto; a alma é...

Seguir lendo "Filosofía de Platón e Aristóteles: Alma, Estado e Coñecemento" »

Método Científico e Investigación

Filosofía e ética3,09 KB

O Método Científico

O método científico é un proceso fundamental para a investigación e a adquisición de coñecemento. Baséase nos seguintes pasos:

  • Plantexamento de preguntas
  • Formulación de hipóteses
  • Contrastación de hipóteses
  • Formulación de grandes teorías

Inductismo

O inductismo é unha corrente epistemolóxica que propón o seguinte proceso:

  • Observación e rexistro dos feitos
  • Análise dos feitos
  • Derivación indutiva dunha xeneralización a partir dos feitos
  • Contrastación

Hipótese Falsable

Unha hipótese falsable é aquela que ofrece a posibilidade de ser refutada.

Pode unha investigación partir dunha hipótese?

Si, a investigación ten como obxectivo demostrar a hipótese para que teña validez científica.

Os descubrimentos científicos

...
Seguir lendo "Método Científico e Investigación" »

Filosofía Política de Platón: Mito, Alma e Polis

Filosofía e ética2,45 KB

Mito do Carro Alado

  • Intelectualismo: O mito do carro alado pon de manifesto que o principal interese de Platón é o interese ético (o elemento racional ten dereito a gobernar aos outros elementos, a actuar como un auriga).
  • Dimensión ética-política: Só a hexemonía da razón pode garantir a xustiza tanto no individuo como na sociedade (xustiza = harmonía).
  • Cando a alma racional exerce correctamente a súa función e, como o auriga, guía e controla ás outras dúas partes (os dous cabalos), prodúcese a harmonía no individuo (reflexo da harmonía social).

Concepción Política de Platón: Política e Antropoloxía

A teoría política platónica desenvólvese en íntima conexión coa súa antropoloxía e coa súa ética. Platón sostén que...

Seguir lendo "Filosofía Política de Platón: Mito, Alma e Polis" »

Dualismo e Pluralismo na Filosofía Grega Antiga

Filosofía e ética2,48 KB

Dualismo Pitagórico

Os pitagóricos, inspirados polo orfismo, desenvolveron unha doutrina da alma. Crían na súa inmortalidade e transmigración.

  • Arché Numérico: Para os pitagóricos, os números eran o arché (principio fundamental). Estes números estaban compostos pola oposición entre o límite e o ilimitado, e entre o par e o impar. A harmonía xurdía desta oposición.
  • Cosmos Ordenado: O número impón orde e crea o Cosmos ao limitar o ilimitado.
  • Matemática como Filosofía: O maior mérito dos pitagóricos foi elevar a matemática a unha actividade filosófica. Deixou de ser unha mera ferramenta práctica para converterse na chave para un coñecemento exacto da realidade.

Todo é Número

Os pitagóricos tiñan unha visión mística dos...

Seguir lendo "Dualismo e Pluralismo na Filosofía Grega Antiga" »

Traballo e Sociedade: Evolución e Ética

Filosofía e ética8,84 KB

O Traballo e a Súa Evolución na Sociedade

O traballo é a acción mediante a que o ser humano procura o que necesita. Respecto á natureza, supón unha transformación, unha violencia contra ela. Segundo Hannah Arendt, chamamos labor a unha actividade orientada á obtención de bens de consumo inmediato. O traballo é a actividade dirixida a producir cousas artificiais e útiles de carácter máis duradeiro.

Características do Traballo Segundo Hannah Arendt

  • Violencia exercida sobre a natureza para obter materiais para a construción.
  • O traballo réxese por un modelo.
  • Converte ao ser humano en deseñador, crea un mundo de ferramentas.
  • Percibe unha remuneración, recibe un salario a cambio do traballo realizado.

Modo de Produción Capitalista

Medios...

Seguir lendo "Traballo e Sociedade: Evolución e Ética" »

O Método de Descartes: Dúbida, Cogito e a Proba de Deus

Filosofía e ética2,98 KB

O Método de Descartes: Fases e Regras Fundamentais

Baseándose nas matemáticas, Descartes crea un método que garante o coñecemento. Este método consta de dúas fases. Na primeira están as catro regras:

  • A evidencia, que é o criterio da certeza e das ideas simples.
  • A análise, que consiste en dividir as ideas complexas en ideas simples.
  • A síntese, que conduce ás ideas complexas a partir das simples.
  • E a enumeración, que é un repaso do anterior.

A Dúbida Metódica e a Primeira Certeza: "Cogito, Ergo Sum"

A segunda fase é a dúbida metódica, que serve para poñer a proba o método, pero non de forma escéptica. Descartes establece tres niveis de dúbida:

  1. O primeiro é dubidar dos sentidos, xa que nos poden enganar.
  2. O segundo é a vixilia e
...
Seguir lendo "O Método de Descartes: Dúbida, Cogito e a Proba de Deus" »

Filosofía Helenística e Física Cartesiana: Conceptos Clave

Filosofía e ética2,46 KB

Características Xerais do Helenismo

O período helenístico caracterízase porque, a pesar de que Grecia perde poder político ao dividirse o imperio de Alexandro Magno, no ámbito cultural segue prevalecendo. A preocupación fundamental é a busca de doutrinas éticas que guíen a existencia dos individuos. Por outro lado, as ciencias particulares inician o seu desenvolvemento, e a expresión a través da linguaxe escrita imponse sobre a linguaxe falada.

A Concepción Ética do Epicureísmo

O epicureísmo defende o pracer e a dor como os principios que rexen a nosa existencia, e os desexos como os motores da mesma. Deste xeito, promove acadar o estado de ánimo ideal (a ataraxia) que permita gobernar axeitadamente os desexos. Complementariamente...

Seguir lendo "Filosofía Helenística e Física Cartesiana: Conceptos Clave" »