O Método de Descartes: Dúbida, Cogito e a Proba de Deus

Filosofía e ética2,98 KB

O Método de Descartes: Fases e Regras Fundamentais

Baseándose nas matemáticas, Descartes crea un método que garante o coñecemento. Este método consta de dúas fases. Na primeira están as catro regras:

  • A evidencia, que é o criterio da certeza e das ideas simples.
  • A análise, que consiste en dividir as ideas complexas en ideas simples.
  • A síntese, que conduce ás ideas complexas a partir das simples.
  • E a enumeración, que é un repaso do anterior.

A Dúbida Metódica e a Primeira Certeza: "Cogito, Ergo Sum"

A segunda fase é a dúbida metódica, que serve para poñer a proba o método, pero non de forma escéptica. Descartes establece tres niveis de dúbida:

  1. O primeiro é dubidar dos sentidos, xa que nos poden enganar.
  2. O segundo é a vixilia e o sono.
  3. E o terceiro é a hipótese do xenio maligno, que consiste en dubidar de todo.

Pero, aínda que se dubide de todo, non se pode negar que se está dubidando. A primeira verdade evidente é: «Cogito, ergo sum» (Penso, logo existo).

O Suxeito Pensante e os Tipos de Ideas Cartesianas

Así, só se pode pensar que se existe como un suxeito pensante. Polo tanto, está no solipsismo, seguindo o método a partir dunha verdade evidente (intuición) que pasa a deducir a existencia do resto das cousas mediante a análise do cogito. Esta análise di que hai tres tipos de ideas:

  • As que proveñen dos sentidos (ideas adventicias).
  • As ficticias, como as da imaxinación (ideas facticias).
  • E as innatas, ideas que a razón posúe por si mesmas.

Ideas Innata: Infinito, Perfección e a Proba da Existencia de Deus

Unha idea innata é a idea de infinito e perfección. E faise a pregunta de como ten a idea de perfección se el non coñece nada perfecto. Así que propuxo a idea de Deus.

Descartes di que as ideas están relacionadas cos obxectos que as representan. Por iso, relaciona a causa desa idea innata de infinitude e perfección coa idea de Deus. A idea de Deus non pode saír da nada nin pode corresponderlle unha realidade imperfecta. A isto refírese no texto coa palabra «repugnancia». Con isto, deduce que existe un Deus que puxo as ideas innatas na razón. Así, elimina a hipótese do xenio maligno e conclúe que á idea de Deus lle corresponde unha realidade perfecta. Ao igual que San Anselmo no seu argumento ontolóxico, Descartes afirma a existencia de Deus. Esta é a súa influencia da Escolástica. Deus cumpre o papel de garantía de existencia, criterio de verdade e obxectividade. Establece a correspondencia entre pensamento e realidade.

Descargar

PDF Word HTML