Filosofía Helenística e Física Cartesiana: Conceptos Clave

Filosofía e ética2,46 KB

Características Xerais do Helenismo

O período helenístico caracterízase porque, a pesar de que Grecia perde poder político ao dividirse o imperio de Alexandro Magno, no ámbito cultural segue prevalecendo. A preocupación fundamental é a busca de doutrinas éticas que guíen a existencia dos individuos. Por outro lado, as ciencias particulares inician o seu desenvolvemento, e a expresión a través da linguaxe escrita imponse sobre a linguaxe falada.

A Concepción Ética do Epicureísmo

O epicureísmo defende o pracer e a dor como os principios que rexen a nosa existencia, e os desexos como os motores da mesma. Deste xeito, promove acadar o estado de ánimo ideal (a ataraxia) que permita gobernar axeitadamente os desexos. Complementariamente ao individualismo, defenden a amizade e a solidariedade.

A Posición Ética do Estoicismo

A partir da necesidade que rexe o logos universal, os estoicos defenden a ataraxia como guía da conduta moral. O individuo, en consecuencia, considera a adversidade ou a mala sorte como situacións ante as que só queda resistir.

A Ética Escéptica

Os escépticos, dende a impossibilidade de chegar á verdade e, en consecuencia, estar na dúbida permanentemente, defenden na ética a imperturbabilidade ou ataraxia e a indiferenza ante o exterior ao individuo.

Principios Fundamentais da Física Cartesiana

O garante de que existe o mundo exterior ao suxeito é Deus, que, dado o seu carácter de perfecto, non permitiría o engano con respecto á evidencia da realidade exterior. Esta realidade exterior (a res extensa) é concibida coma se tivese unha orde mecánica e necesaria (materia, movemento e representable xeometricamente). Explica os fenómenos da natureza como o movemento das súas partes. Este movemento é posto por Deus e consérvase constantemente rexido polas tres leis da inercia que formula Descartes. A isto hai que engadirlle as características propias do mecanicismo de Descartes, no que non existen partículas últimas indivisibles e non existe o baleiro; o universo é infinito.

Descargar

PDF Word HTML