Filosofía Política de Platón: Mito, Alma e Polis
Mito do Carro Alado
- Intelectualismo: O mito do carro alado pon de manifesto que o principal interese de Platón é o interese ético (o elemento racional ten dereito a gobernar aos outros elementos, a actuar como un auriga).
- Dimensión ética-política: Só a hexemonía da razón pode garantir a xustiza tanto no individuo como na sociedade (xustiza = harmonía).
- Cando a alma racional exerce correctamente a súa función e, como o auriga, guía e controla ás outras dúas partes (os dous cabalos), prodúcese a harmonía no individuo (reflexo da harmonía social).
Concepción Política de Platón: Política e Antropoloxía
A teoría política platónica desenvólvese en íntima conexión coa súa antropoloxía e coa súa ética. Platón sostén que o individuo pertence á cidade e non é nada fóra dela e, por outra banda, a cidade non é senón o conxunto dos individuos que a constitúen.
Definición de Polis
- Polis: Unha comunidade estable de seres humanos que coopera entre si para atender as súas necesidades e incrementar o seu benestar común.
- Platón distingue entre polis básica e polis civilizada.
Polis Básica
- A polis básica é unha comunidade que traballa para satisfacer as necesidades económicas básicas das persoas.
- As funcións están diferenciadas e especializadas de tal xeito que as necesidades dos seus membros estean cubertas.
- Debería ser moi pequena.
- A vida social desta polis básica sería necesariamente sinxela.
Características Adicionais da Polis Básica
- A polis básica defínese exclusivamente en termos económicos e non políticos.
- Ao ser unha comunidade que se basea no libre intercambio de bens, habilidades e servizos con vistas a prever as necesidades humanas básicas, non necesitará ningún sistema de goberno.
Interese de Platón na Polis Básica
Platón non ten un interese particular na política da polis básica; utilízaa tan só como modelo que revela a estrutura económica máis fundamental que se precisa nunha comunidade humana estable.
Polis Civilizada
A súa estrutura económica desenvolveuse moito máis ca da polis básica; é máis complexa. A complexidade destas novas relacións non se baseará no intercambio de produtos senón na busca do máximo beneficio, na acumulación da riqueza.