O Reinado de Isabel II: Etapas, Reformas e Crise (1843-1868)
O Reinado de Isabel II (1843-1868)
A Maioría de Idade e a Década Moderada (1843-1854)
Isabel foi declarada maior de idade aos trece anos. Casou aos 16 con Francisco de Asís, o seu curmán, e foi apoiada polos moderados.
Cos moderados no poder, organizan un estado liberal segundo os seus principios (orde, autoridade, gran poder da Coroa...). Falseábanse os resultados electorais, impedindo o acceso ao poder dos progresistas, os cales eran perseguidos (cárcere, exilio...). Estes realizaban pronunciamentos.
A Constitución de 1845 e o Concordato
Isabel xurou a Constitución de 1845, a cal era moi moderada e tiña como características principais:
- Soberanía compartida.
- Gran poder para o executivo.
- Dereitos e liberdades que remiten a leis posteriores.
- Centralización.
- Confesionalidade do Estado.
- Non hai Milicia Nacional.
- Sufraxio moi restrinxido (só podía votar o 1% da poboación).
Para mellorar a relación coa Igrexa, asinouse o Concordato coa Santa Sé (1851). Durante a Guerra Carlista, a Igrexa apoiara os carlistas, e os liberais progresistas no goberno fixeran a desamortización eclesiástica e quitaran o décimo. Os moderados desexaban ter boas relacións coa Igrexa, polo que asinaron este concordato, que establecía:
- O Estado liberal paraliza a desamortización eclesiástica.
- Volven as ordes regulares.
- A Igrexa obtén amplas concesións en educación.
- O sostemento económico da Igrexa corre a cargo do Estado.
- Confesionalidade do Estado español.
A cambio disto, a Igrexa aceptou o liberalismo moderado e apoiou a Isabel II.
A Obra do Liberalismo Moderado
O liberalismo moderado aplicou o centralismo, a uniformización e a xerarquización:
- Os alcaldes son nomeados polo poder central.
- Gran poder do gobernador civil na provincia.
- Elaboráronse o Código Penal e o Código Civil (proxecto).
- Reforma fiscal (Lei Mon-Santillán), imposto nas mans do poder central, baseado na propiedade.
- Sistema Nacional de Instrución Pública (Lei Moyano) que regula os niveis do ensino.
- Adoptouse o sistema métrico decimal.
- Fundouse a Garda Civil, destinada ao mundo rural, corpo entre civil e militar.
- Lei de imprenta censurada.
O Bienio Progresista (1854-1856)
Prodúcese o Pronunciamento de Vicálvaro. Os sublevados elaboraron o Manifesto de Manzanares, onde esixían:
- Cumprir a Constitución de 1845.
- Reformar a lei electoral (ampliar o sufraxio).
- Reducir os impostos.
- A volta da Milicia Nacional.
- Elección de alcaldes.
A obra do Bienio Progresista caracterizouse pola descentralización local:
- Os alcaldes son elixidos.
- Volve a Milicia Nacional.
- Elaboran unha nova Constitución de 1856 (que non chega a ser aprobada).
- Liberdade de culto.
- Elección de senadores.
- Reforma económica: Desamortización Xeral de Madoz e a Lei Xeral de Ferrocarrís.
A Descomposición do Sistema Isabelino (1856-1868)
Neste período hai unha alternancia no poder de unionistas e moderados. A raíña segue decantándose polos moderados, mentres que os progresistas e demócratas están marxinados. Segue vixente a Constitución de 1845 e paralízanse as reformas iniciadas no Bienio Progresista.
Os gobernos unionistas realizan intervencións no exterior (novo imperialismo).