Historia das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812
As Cortes de Cádiz
Estes acontecementos teñen lugar ao mesmo tempo que se desenvolve a Guerra de Independencia. En Cádiz deséñase un novo modelo político baseado no liberalismo, o que supón a liquidación do Antigo Réxime.
Convocatoria, xuntanza e primeiras medidas
A Xunta Suprema Central disólvese e créase o Consello de Rexencia. Convoca eleccións ás Cortes:
- Dificultades para xuntarse pola situación de guerra.
- Reunión en Cádiz.
- Moitos substitutos a causa das dificultades para chegar a Cádiz.
- Chegan representantes das colonias americanas.
Reunidos os deputados en Cortes, teñen que decidir de que tipo deben ser:
Cortes estamentais
- Representación dos estamentos.
- Propias da Idade Media e do Antigo Réxime.
- Representantes da Sociedade Estamental.
- Cada estamento ten un voto.
- O Terceiro Estado son os representantes dos cidadáns (burguesía).
- Existían en España: Castela, Navarra e Xuntas Xerais Vascas.
Cortes liberais
- Propias da sociedade Contemporánea.
- Representantes dos cidadáns.
- Cada deputado ten un voto.
- Poden ter unha ou dúas cámaras.
- Establecen leis básicas.
- Poden ser Ordinarias ou Extraordinarias.
As Cortes de Cádiz
As Cortes de Cádiz (no contexto da Guerra de Independencia) son unha representación de cidadáns, de tipo liberal, que elaboran leis ordinarias para eliminar o Antigo Réxime e a Constitución de 1812. Reservan para as Cortes o poder lexislativo e recoñecen como rei a Fernando VII.
A acción lexislativa das Cortes
Na primeira sesión deciden xuntarse en cámara única e proclaman a soberanía nacional. Aprobaron leis e decretos destinados a eliminar o Antigo Réxime:
- Supresión dos señoríos xurisdicionais, distinguíndoos dos territoriais.
- Eliminación dos morgados e desamortización de terras comunais.
- Abolición da Inquisición.
- Liberdade de traballo, anulación dos gremios e unificación do mercado.
- Desaparecen os privilexios e a Mesta.
Non obstante, a situación de guerra impediu a aplicación do lexislado, e finalmente, a volta de Fernando VII frustrou a experiencia liberal e conduciu ao retorno do absolutismo.
A Constitución de 1812
Forma do estado
Monarquía. Casa reinante: Borbóns. Rei: Fernando VII (A súa figura é sagrada e ten dereito de veto). Liberal pero con concesións aos deputados absolutistas. Modelo francés. Busca a felicidade (Idealismo). Estado confesional intransixente e centralizado.
Soberanía
Nacional. O poder reside nos españois (da metrópole e das colonias).
Cidadán
Persoa con dereitos políticos. Varóns de máis de 25 anos. Excepto os criados e os negros.
Sufraxio
Masculino e universal (pero os criados e os negros non tiñan dereito ao voto). Indirecto (Non se votaba directamente ao representante).
As Cortes
Asemblea constituída polos representantes dos cidadáns. Para ser deputado esíxese unha renda mínima anual. Só pode ser elixido unha vez. Unicamarais. Teñen o poder lexislativo: extraordinarias (para facer a constitución) e ordinarias (para facer leis normais), e compárteno co rei.
División de poderes
- Lexislativo: Os deputados (Cortes) e o rei (en extraordinarias).
- Executivo: O rei. Nunca é o responsable, senón os ministros. Ten dereito de veto.
- Xudicial: Os tribunais independentes. Réxense polos códigos penal e civil. Iguais para todos.
Dereitos e liberdades
- Propiedade privada.
- Presunción de inocencia.
- Dereitos do arrestado.
- Inviolabilidade de domicilio.
- Ensino das primeiras letras.
- Igualdade xurídica.
- Liberdade de expresión escrita, de opinión e de prensa.
- Prohíbese o tormento (torturas).
Non remite a leis posteriores, son as máis progresistas.
Obrigas
- Pagar impostos en proporción aos recursos.
- Para os varóns, participar no exército.
- Ser practicante da relixión católica.
Vixencia
- 1812-1814: Guerra de Independencia. Dificultades para aplicala pola guerra.
- 1820-1823: Trienio Liberal.