Narrativa galega: evolución e autores
A narrativa galega nas últimas épocas
O contexto dos anos 70
O ambiente social e ideolóxico dos anos 70 caracterízase pola efervescencia propia dun período de mudanzas que crean, tanto no mundo cultural galego como no conxunto da sociedade, grandes expectativas, cunha paulatina recuperación das liberdades a partir do 1975 que permitiron un incremento do activismo político.
A cultura galega mostra neste período unha especial preocupación por recuperar a memoria reprimida durante os anos da ditadura.
Tendencias da transición
Na época de transición podemos sinalar as seguintes tendencias:
- (A) Realismo ruralista e etnográfico, que explora o imaxinario popular do rural galego.
- (B) Narrativa memorialista, centrada na Guerra do 36.
- (C) Narrativa histórica, que recrea o noso pasado.
- (D) Realismo sociolóxico, que reflicte os conflitos da sociedade galega.
- (E) Narrativa alegórico-social, evolución do realismo sociolóxico.
- (F) Narrativa de xénero.
- (G) Narrativa renovadora e experimental.
Principais narradores da promoción do 70
- Paco Martín: toma como punto de partida o imaxinarismo popular e obras de Cunqueiro e Fole, aportando un compoñente social e alegórico. Exemplo: E agora dende a muralla.
- Carlos Casares: a súa obra divídese en dúas etapas, unha renovadora e ambientada na Galicia franquista e outra máis histórica. Exemplo: O sol do verán.
- Conde Cid: etapas de realismo social, renovadora, diversa e histórica. Exemplo: Memoria de Noa.
Tendencias de finais do século XX
Así mesmo, as tendencias de finais do século XX son:
- (A) Narrativa de xénero: ciencia ficción, erótica, sentimental, terror, policíaca, etc.
- (B) Narrativa humorística.
- (C) Novela histórica.
- (D) Narrativa fantástica.
- (E) Narrativa lírica.
- (F) Narrativa de evocación.
- (G) Narrativa urbana.
Principais autores de finais do século XX
- Darío Xohán Cabana: Galván en Saor; O cervo na torre.
- Suso de Toro: Land Rover; Caixón desastre.
- Marilar Aleixandre: A formiga coxa; A cabeza de Medusa.
- Manuel Rivas: Todo ben; Un millón de vacas.
A narrativa galega no século XXI
Seguidamente, temos a narrativa galega nos primeiros compases do século XXI, onde cabe sinalar unha certa contradición na dinámica editorial. Por outra banda, indicaremos a consolidación de liñas temáticas presentes na etapa anterior, como a policíaca (Miguel Anxo: Tres disparos e dous friames), humorística (Corre, diario de impostor), fantástica (Xabier López: 32 dentes), gótica e terror (Carlos Vila: Górgola), sentimental e de ciencia ficción.
Así mesmo, estamos ante un auxe da narrativa das mulleres, con predominio de obras dirixidas aos xoves e aos nenos.