Historia de España: Nacionalismos, República e Guerra Civil

Historia16,3 KB

Similitudes e diferenzas entre os nacionalismos

Similitudes

  • Xorden no século XIX como reacción fronte ao proceso de centralización do Estado liberal español.
  • Identidade propia: lingua, historia, territorio e cultura.
  • Impulsado por intelectuais.
  • Desigual desenvolvemento capitalista.
  • Débil nacionalización española.
  • Descontento e desilusión pola marcha xeral do país.
  • Rexeitamento á existencia dunha nación española unitaria.
  • Radicalización das posturas nacionalistas ante a negativa do poder central a ceder ás reivindicacións de autogoberno.
  • Comparten unha evolución común en fases: comezo cun grupo de eruditos interesados pola historia, lingua e cultura; seguido dunha axitación política para o autogoberno; e finalmente a radicalización, pasando do rexionalismo ao nacionalismo.

Diferenzas

  • Orixe do movemento: Vasco (foros, carlismo) / Galego (cultural e económica, galeguismo).
  • Bases do nacionalismo: Vasco (raza, catolicismo, maquetos) / Galego (atraso económico, explotación e illamento de Galicia).
  • Obxectivos: Vasco (restauración foral, independencia) / Galego (autonomía).
  • Base social: Vasco (ampla, organización política máis temperá e sólida) / Galego (implantación escasa, círculos minoritarios de intelectuais, masas populares ata ben entrado o século XX).
  • Liderado: Vasco (figura de Sabino Arana) / Galego (diversos intelectuais e políticos en diferentes agrupacións).
  • Evolución política: Vasco (intensidade política da man do PNV ao longo do século XX) / Galego (máis moderado, centrado na defensa da autonomía, cultura e lingua, en tres fases: provincialismo, rexionalismo e nacionalismo).

Orixe común (século XIX): Estes movementos non nacen do nada, senón como unha reacción defensiva fronte á construción do Estado liberal español, que tentaba implantar un modelo centralista e unificado en todo o territorio, chocando coas realidades históricas de cada rexión.

A diferenza de obxectivos políticos: Mentres avanzaba o século, cada movemento marcou a súa propia meta. O nacionalismo vasco adoptou unha postura máis radical, esixindo a independencia total e a restauración absoluta dos seus antigos foros. Pola contra, o galeguismo optou por unha vía máis moderada e gradual, limitando as súas aspiracións políticas a acadar unha autonomía propia dentro do Estado.

Comparativa: Nacionalismo Vasco e Catalán

Similitudes

  • Xorden no século XIX como reacción fronte ao proceso de centralización do Estado liberal español.
  • Radicalización das posturas nacionalistas ante a negativa do poder central a ceder ás reivindicacións de autogoberno.
  • Rexeitamento á existencia dunha nación española unitaria.
  • Débil nacionalización española.
  • Descontento e desilusión pola marcha xeral do país. O desastre do 98 acelerou a transformación de rexionalismos culturais en nacionalismos políticos.
  • Impulsado por intelectuais.
  • Identidade propia: lingua, historia, territorio e cultura.
  • Desigual desenvolvemento capitalista das diferentes rexións do Estado.
  • Comparten unha evolución común en fases: comezo dun grupo de eruditos interesados pola historia, lingua e cultura; seguido dunha axitación política para o autogoberno; e radicalización pasando do rexionalismo ao nacionalismo.
  • Base social: Ampla aceptación e temperá organización política, coa burguesía como protagonista.
  • Evolución política: Intensidade política da man do PNV e da Lliga Regionalista.
  • Liderado con figuras políticas claves: Vasco (Sabino Arana) // Catalán (Almirall, Prat de la Riba e Cambó).

Diferenzas

  • Orixe do movemento: Vasco (foros, carlismo e reacción de defensa ante a rápida industrialización e inmigración) // Catalán (a burguesía industrial cun enfoque modernizador e de mercado).
  • Base ideolóxica: Vasco (tradicionalista, relixioso e racista) // Catalán (cultural - Renaixença - e burgués).
  • Obxectivos: Vasco (restauración foral, independencia) // Catalán (federalismo e autogoberno).

Evolución política (Institucionalización): Refírese á forza e á capacidade de mobilización que acadaron as dúas correntes ao pasar do plano cultural ao político. Esta transición traduciuse nunha intensa actividade institucional e electoral canalizada a través dos seus dous grandes partidos de masas: o Partido Nacionalista Vasco (PNV) e a Lliga Regionalista en Cataluña.

Diverxencia de Obxectivos: Define a meta política final de cada un. O nacionalismo vasco fixou un obxectivo de ruptura e tradición, esixindo a independencia e a restauración dos foros abolidos. Pola contra, o nacionalismo catalán mantivo unha postura máis integradora e pactista co Estado, limitando as súas demandas á consecución do autogoberno e a un modelo federal sen cuestionar a unidade de España.

A Guerra Civil Española: Similitudes e Diferenzas

Similitudes

  1. Dúas ideoloxías antagónicas: esquerdas vs. extrema dereita.
  2. Reciben apoio internacional limitado.
  3. Sufrimento da poboación que quedou nos territorios de cada bando: medo aos bombardeos, carestía, fame, violencia e represión.
  4. Uso da propaganda para motivar aos do propio bando e deshumanizar aos do bando contrario.
  5. Vontade de reforma total da sociedade: non só gañar a guerra, senón establecer un novo sistema político.

Diferenzas

  1. Lexitimidade democrática vs. golpe de Estado contra o goberno lexítimo e instauración dunha ditadura totalitaria.
  2. Composición política: partidos de esquerdas vs. partidos de dereitas e extrema dereita.
  3. Apoio social: obreiros, campesiños, sindicatos e pequena burguesía urbana vs. oligarquía terratenente, alta burguesía e xerarquía eclesiástica.
  4. Estrutura de mando: divisións e, como consecuencia, inestabilidade e problemas de coordinación para enfrontar a guerra vs. mando único incuestionable con dirección única e estable.
  5. Organización militar: milicias e máis tarde Exército Popular vs. exército profesional (Lexión, africanistas).
  6. Revolución social vs. orde, autoridade e moral católica (Estado autoritario).
  7. Recursos e control do territorio: ao principio control das zonas industriais, pero tiñan que pagar a axuda internacional antes de recibila vs. control de zonas máis rurais e agrarias, e a axuda internacional puido pagarse despois da guerra.

A represión na zona republicana e o control gobernamental: Analiza a violencia desatada na zona leal á República tras o golpe de Estado. Inicialmente, o colapso das estruturas estatais permitiu que milicias radicais levasen a cabo unha persecución violenta marcada por un forte anticlericalismo (execucións de membros da Igrexa e queima de templos). Posteriormente, esta situación foi controlada polo presidente Largo Caballero, quen logrou restablecer a orde pública e centralizar a xustiza desde o Goberno.

Recursos, financiamento e vantaxe militar: Explica como a xestión económica e as condicións da axuda estranxeira decantaron o conflito de cara ao triunfo de Franco. O bando republicano controlaba as zonas industriais, pero tivo a desvantaxe de ter que pagar a axuda internacional antes de recibila. Pola contra, o bando sublevado, que dominaba as áreas agrarias, tivo a gran vantaxe de que puido pagar a axuda internacional despois da guerra, outorgándolle unha superioridade de recursos clave para gañar o conflito.

A Segunda República e Niceto Alcalá-Zamora

Niceto Alcalá-Zamora tivo un papel institucional clave ao ocupar a presidencia da Segunda República Española en dous períodos diferenciados: o primeiro como Presidente do Goberno Provisional (abril-outubro de 1931), liderando a transición cara ao novo réxime; e o segundo, o máis longo, como Presidente da República (decembro de 1931-abril de 1936), actuando como Xefe do Estado e árbitro político ata a súa destitución polas Cortes.

Similitudes entre períodos

  • Forman parte do sistema político da República no marco da Constitución de 1931.
  • Inestabilidade social pola forte conflitividade e intentos de golpes de Estado.
  • Problemas económicos derivados da crise de 1929 (Crack do 29).
  • Papel protagonista do exército no ámbito político e social.
  • Forte polarización política, con ideoloxías antagónicas.

Diferenzas entre bienios

  • Conflitividade: Impaciencia do proletariado e campesiñado máis esquerdista que protesta pola lentitude das reformas // Represión do goberno polas protestas ante a parálise das reformas (Revolución de 1934).
  • Ámbito social: Protección das clases traballadoras // Prioridade da orde pública e intereses das elites tradicionais (terratenentes e Igrexa).
  • Coalicións no poder: Republicanos de esquerda e PSOE // Partido Radical de Lerroux e CEDA de Gil Robles.
  • Reforma Agraria: Lei de Reforma Agraria // Contrarreforma: freo ás expropiacións e devolución de terras.
  • Reforma do Exército: Lei Azaña (modernización, profesionalización e neutralización dos oficiais conservadores) // Promoción de oficiais conservadores e amnistía aos golpistas de Sanxurxo.
  • Reforma territorial: Aprobación e tramitación dos Estatutos de Autonomía // Suspensión do Estatuto catalán e freo á tramitación do vasco e galego.
  • Reforma relixiosa: Laicismo (vida pública, ensino) // Achegamento á Igrexa e orzamento para o clero.

A Lei Azaña (Reforma Militar): Foi un conxunto de decretos impulsados polo ministro Manuel Azaña para modernizar e someter o Exército ao poder civil. Buscou reducir o excesivo número de oficiais ofrecendo o retiro voluntario co soldo íntegro, eliminou tribunais militares para asuntos civís e clausurou a Academia de Zaragoza, o que xerou un forte malestar e rexeitamento entre os sectores militares conservadores.

Tramitación e evolución dos Estatutos de Autonomía: Explica o complexo proceso para descentralizar o Estado. Esixía a redacción do proxecto por parte dos municipios da rexión, a súa aprobación en referendo popular pola cidadanía e, finalmente, a súa discusión e votación nas Cortes de Madrid. Debido á oposición da dereita, a súa tramitación foi moi lenta e desigual: o de Cataluña aprobouse pronto (1932), mentres que o do País Vasco tivo que agardar ao inicio da Guerra Civil (1936) e o de Galicia non chegou a aplicarse pola conflagración.

A Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)

Os dous períodos en que se divide a Ditadura de Primo de Rivera presentan unha serie de similitudes. Nas dúas etapas compartiron trazos comúns e mantiveron os mesmos apoios fundamentais.

Similitudes

  • En ambas as etapas o ditador contou co apoio do monarca, a banca, a Igrexa, o sector empresarial e agrícola; tampouco se lle enfrontaron a UGT e o PSOE.
  • Os dous períodos comparten trazos como o autoritarismo, a desaparición do sistema parlamentario e a supresión de dereitos e liberdades.
  • Os dous Directorios mantiveron a ilegalización dos partidos políticos e a represión da oposición.

Diferenzas

  • O goberno do Directorio Militar estivo constituído unicamente por militares, mentres que o Directorio Civil estaba formado maioritariamente por civís.
  • O Directorio Militar presentouse como transitorio, mentres que o Civil pretendía consolidar a ditadura.
  • Os obxectivos principais do Directorio Militar eran restaurar a orde, acabar coa corrupción e resolver o problema de Marrocos; en cambio, os do Directorio Civil eran establecer un réxime corporativo, reactivar a economía e mellorar o benestar das clases medias e populares (Política Social).
  • O Directorio Militar apenas tivo oposición, non así o Directorio Civil, no que a ditadura comeza a perder apoios e aumentan as críticas.
  • Obxectivos do Directorio Militar (1923-1925): Tivo un carácter provisional e de urxencia. Os seus fins principais eran restaurar a orde pública (acabar co pistoleirismo e a conflitividade social) e resolver o problema de Marrocos, obxectivo que logrou grazas ao éxito militar do Desembarco de Alhucemas en 1925.
  • Obxectivos do Directorio Civil (1925-1930) e consolidación: Buscou institucionalizar e perpetuar a ditadura. Para consolidala, creou a Unión Patriótica (partido único) e a Asemblea Nacional Consultiva. Os seus obxectivos foron establecer un réxime corporativo (con sindicatos verticais e a Organización Corporativa Nacional), reactivar a economía mediante o intervencionismo estatal (obras públicas e monopolios como Campsa) e mellorar o benestar social para gañar o apoio das clases medias e populares.

O Ferrocarril e a Industrialización en España

  1. Identificación/Introdución do documento: O documento presentado para comentar é un mapa de España que reflicte a evolución da rede ferroviaria do século XIX, diferenciando dous períodos con cores distintas: en azul de 1848 a 1855 e en vermello de 1855 a 1868.
  2. Análise do documento: Descrición do fenómeno representado.
  3. Comentario: Explícase a idea principal do documento ou tema: o ferrocarril en España, como é a rede, características (primeiras liñas), como se financia e como serviu de pulo a outras industrias. Para introducir información da industria téxtil e da siderurxia de forma resumida, pódese indicar que a rede de ferrocarril puxo en comunicación as principais zonas industriais da España do século XIX. Como se aprecia no mapa, distínguense tres zonas dentro do sistema radial que parten desde Madrid: a zona de Cataluña, onde se sitúa a industria téxtil; o sur, coa siderurxia; e sobre todo o norte, tamén zona siderúrxica.
  4. Zonas rurais: No mapa obsérvanse zonas onde non vai chegar o ferrocarril neste período, que se corresponderían co ámbito rural, poñendo o caso galego como exemplo.
  5. Conclusión: Brevemente, ademais dun moi conciso repaso, pódese incluír o debate sobre o fracaso da industrialización en España.

As Bases de Manresa e o Nacionalismo Catalán

  • Bases de Manresa (1892): Unión Catalanista (Prat de la Riba), Restauración.
  • Autogoberno: Cataluña rexe o interno; o Estado só exteriores e defensa.
  • Identidade: O catalán como única lingua oficial; cargos só para cataláns.
  • Tradicionalismo: Cortes por sufraxio corporativo.
  • Contexto: Bipartidismo centralista e caciquil que deixaba fóra do sistema aos nacionalismos.
  • Evolución: Da Renaixença cultural ao federalismo de Almirall. As Bases xírano cara ao conservadorismo. En 1901 nace a Lliga Regionalista (Cambó), logrando gran intensidade política para acadar o autogoberno pactando co Estado (Mancomunidade, 1914).
  • Citas: O Estado asume só "as relacións internacionais, o exército de mar e terra"; os postos "deberán ser exercidos por cataláns".

Descargar

PDF Word HTML