Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Platón e o mito da Auriga: antropoloxía e ideas

Filosofía e ética2,56 KB

Auriga: Este texto pertence a Platón, discípulo de Sócrates e mestre de Aristóteles, situado no s. IV a. C., no período clásico da filosofía antiga. Con Platón, a filosofía grega acada a súa madurez e plenitude. O pensamento de Platón ten claramente un obxectivo político: atopar unhas bases sólidas para construír unha sociedade xusta. Ten tamén unha intención ética, que defende a existencia dunha idea eterna e inmutable de xustiza que será a base da súa utopía política: a sociedade gobernada por filósofos.

As obras platónicas que se conservan están escritas en forma de diálogo; nelas Platón emprega mitos coa finalidade de que os contemporáneos poidan entendelas mellor. O texto que imos comentar pertence ao diálogo...

Seguir lendo "Platón e o mito da Auriga: antropoloxía e ideas" »

O galego a finais do século XX: historia e situación

Lingua e literatura24,8 KB

etiketa

O marco legal do galego na democracia

A partir do ano 1978, coa aprobación da Constitución española, o galego acada a cooficialidade co castelán e a protección por parte do Estado. En 1981 apróbase o Estatuto de Autonomía de Galicia, o cal establece que o galego é a lingua propia de Galicia e recolle o deber de cumprimento da cooficialidade, da promoción do galego e a non discriminación por cuestións lingüísticas.

A Lei de normalización lingüística de 1983

No ano 1983, o Parlamento de Galicia desenvolve a lei que regula o proceso de normalización lingüística do noso idioma: a Lei de normalización lingüística. Esta lei establece:

  • O dereito dos cidadáns ao uso do galego coa administración pública.
  • O nacemento de medios de
...
Seguir lendo "O galego a finais do século XX: historia e situación" »

Desafíos e retos da industria española actual

Xeografía2,93 KB

Os desafíos da industria española

Os novos retos veñen determinados pola economía global e as consecuencias do ingreso na UE, que nos obrigan a competir en calidade e produtividade. Este reto pon de manifesto os problemas estruturais da industria española.

O tamaño das empresas

O primeiro problema é o tamaño das empresas. Predominan as PEMES con menos de 250 traballadores (95% das empresas e xeran o 67% do emprego), das cales o 80% teñen menos de 20 traballadores e escasos recursos, o que supón unha dificultade para a incorporación de innovacións. A cambio, as PEMES presentan unha gran flexibilidade para adaptarse a un mercado cambiante e desenvolver series curtas e moi diversificadas de produtos que seguen o gusto dos consumidores...

Seguir lendo "Desafíos e retos da industria española actual" »

O Rexurdimento na Literatura Galega: Rosalía de Castro e Curros Enríquez

Outras linguas estranxeiras9,42 KB

O Rexurdimento: Movemento Clave da Cultura Galega

O Rexurdimento é un movemento de recuperación da cultura galega que se produce na segunda metade do século XIX, como expresión da procura dunha consciencia autóctona de diferenciación cultural por parte dun sector da sociedade galega. É o momento culminante dun longo proceso de redignificación da nosa cultura, con orixe no labor dos ilustrados (século XVIII). A manifestación máis salientable é a aparición de autores que, creando obras de notable calidade, mostran militancia a prol de Galicia e do idioma, e compromiso para usalo no ámbito culto. O renacer da cultura tamén se reflicte na publicación de obras que se ocupan de Galicia e a lingua, pero en castelán. Hai que agardar...

Seguir lendo "O Rexurdimento na Literatura Galega: Rosalía de Castro e Curros Enríquez" »

Follas Novas de Rosalía de Castro: análise e temas principais

Lingua e literatura2,31 KB

Follas Novas

O libro estaba listo para ser publicado en 1872, pero non o foi ata 1880. A intención do libro é ofrecer un mundo poético diferente ao de Cantares Gallegos, para introducirse nun romanticismo filosófico de raíz intimista, escéptico respecto á utilidade da escrita e pesimista sobre a condición humana. Rosalía chega a interiorizar as penas e sufrimentos alleos. Rosalía presenta a existencia humana na súa diversa problemática.

Estrutura

Segue un proceso no que podemos descubrir as dúas tendencias de Rosalía (intimista e social):

Temática

1. Visión intimista

  • Os sentimentos de soidade ou desamparo son os seus constantes compañeiros. Rosalía vai gañando conciencia de que a existencia é fonte de dor.
  • O amor tamén está condenado
...
Seguir lendo "Follas Novas de Rosalía de Castro: análise e temas principais" »

Eduardo Pondal: Vida, Obra e o Universo Poético

Lingua e literatura2,48 KB

Eduardo Pondal: A súa obra e a comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños marcará a súa obra poética e será a capital do mundo mítico de Pondal. En 1863 aparece no Álbum de la Caridad o seu primeiro poema en galego: "A campana de Anllóns".

En 1867 coñece, por medio de Murguía, os Poemas de Ossián de James Macpherson, suposta recreación duns poemas en lingua gaélica compostos por un bardo escocés do século III chamado Ossián. A partir de aquí, Galicia comezará a ser o eixo da súa poesía e el converterase no bardo do pobo galego. Mantivo contactos cos rexionalistas, que o consideraban o poeta oficial. Na "Cova Céltica", tertulia que se reunía na Coruña, considerábano o Bardo.

Obras principais

  • A campana de Anllóns
  • Rumores
...
Seguir lendo "Eduardo Pondal: Vida, Obra e o Universo Poético" »

Metafísica Aristotélica: Motor Inmóbil e Teoría do Coñecemento

Filosofía e ética2,78 KB

Texto sobre Metafísica

Este fragmento pertence á metafísica, que trata das realidades metaempíricas e da realidade suprema. Estuda os primeiros principios e causas do ser, o ser en canto ser, a substancia, e a teoloxía, que estuda a primeira causa do movemento.

A Teoría Hilemórfica e o Motor Inmóbil

Polo tanto, o texto céntrase na teoría Hilemórfica no seo da physis: o motor inmóbil, e como idea principal, a metafísica como teoloxía. Hai unha necesidade de existencia dunha entidade non sensible e inmóbil para explicar o movemento.

Como di o texto, existe unha entidade eterna e inmóbil:

  • "Non pode ter extensión..."
  • "...e indivisible..."

Dita entidade non pode ter extensión, polo que é unha forma pura, que non ten materia, pero imprime...

Seguir lendo "Metafísica Aristotélica: Motor Inmóbil e Teoría do Coñecemento" »

Normalización Lingüística do Galego: Historia, Conceptos e Cronoloxía

Lingua e literatura2,79 KB

O Galego: Normalización e Contexto Sociolingüístico

Diferenzas entre Lingua Minorizada e Lingua Minoritaria

En cada comunidade prodúcese o fenómeno de convivencia de dúas linguas. Adoita acontecer que esa convivencia é desequilibrada: hai linguas fortes ou hexemónicas e unha lingua débil.

  • Lingua Minorizada: É a lingua débil que está sometida a condicións sociopolíticas que restrinxen os seus usos e funcións.
  • Lingua Minoritaria: É a que ten menor número de falantes dentro dunha comunidade.

O termo é igualmente relativo. O galego, por exemplo, é unha lingua maioritaria en Galicia, pero é minoritaria se temos en conta o conxunto do territorio español.

O Proceso de Normalización Lingüística do Galego

Por normalización enténdese...

Seguir lendo "Normalización Lingüística do Galego: Historia, Conceptos e Cronoloxía" »

A evolución e normalización do idioma galego no século XX

Lingua e literatura2,33 KB

A normalización do galego no século XX

No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, promovido dende certos sectores da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso, aínda que, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social.

Etapas na evolución do galego

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao longo do século XX:

  • Etapa de preguerra (1900-1936)
  • Etapa de posguerra (1936-1975)
  • Anos finais do século XX (1975-2000)

A partir de 1975 iniciouse unha nova etapa a nivel político polo remate da ditadura e a recuperación da organización democrática do Estado. A Constitución de 1978 supuxo un recoñecemento da diversidade cultural e lingüística...

Seguir lendo "A evolución e normalización do idioma galego no século XX" »

René Descartes: Racionalismo, Obras e Contexto Histórico

Filosofía e ética2,61 KB

René Descartes: Biografía e Racionalismo (1596-1650)

René Descartes (1596-1650), un dos principais expoñentes do Racionalismo do século XVII, pertence á filosofía moderna. Naceu na Haia (Francia) no seo dunha familia nobre e acomodada. Educouse no colexio dos xesuítas de La Flèche.

A súa moderada fortuna permitiulle dedicar a súa vida ao estudo, á ciencia e á filosofía. En 1618 decidiuse pola carreira militar e participou na Guerra dos Trinta Anos. De 1629 a 1649 permaneceu nos Países Baixos. Este último ano trasladouse a Estocolmo, onde impartía clases á raíña Cristina de Suecia. Morreu dunha pneumonía en 1650.

Obras Fundamentais de Descartes

Descartes é un dos primeiros pensadores que publica a súa obra na súa lingua vernácula,...

Seguir lendo "René Descartes: Racionalismo, Obras e Contexto Histórico" »