Evolución xeolóxica da Península Ibérica e unidades morfoestruturais

Xeografía2,74 KB

Evolución xeolóxica da Península Ibérica

Era Arcaica

Emerxeu do mar unha banda arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case toda a actual Galicia. Xurdiron tamén elevacións. O macizo foi arrasado pola erosión e cuberto polos mares paleozoicos.

Era Primaria

Ocorreu a oroxénese herciniana. Dos mares xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiais como granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico. No noroeste os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro. No sueste o macizo Bético-Rifeño. Todos arrasados pola erosión.

Era Secundaria

Período no que predominan a erosión e a sedimentación. A inclinación do zócolo cara ao Mediterráneo permitiu unha fonda penetración do mar. Depositáronse enormes espesuras de sedimentos en foxas mariñas.

Era Terciaria

Produciuse a oroxénese alpina. Levantáronse as cordilleiras alpinas e xurdiron os Pireneos e as Cordilleiras Béticas. Formáronse depresións prealpinas, a do Ebro e a do Guadalquivir. A Meseta inclinouse cara ao Atlántico formando os bordos montañosos da Meseta. O zócolo da meseta experimentou fracturas e fallas. Tamén se orixina o conxunto de natureza volcánica das Canarias.

Era Cuaternaria

Prodúcese o glaciarismo. Glaciares de circo: Redúcense á cabeceira do val. O xeo e o desxeo rompen as rochas das paredes do circo, de modo que se fan cada vez maiores. Glaciares de val: Fórmanse cando a espesura do xeo acumulado no circo é grande. O xeo das capas inferiores desprázase val abaixo.

A época glaciar caracterizouse pola formación de terrazas fluviais, antigos chans de inundación abandonados polo posterior encaixamento fluvial.

Unidades morfoestruturais

Son as formas e a disposición interna que adopta o relevo.

Zócolo

Chairas formadas na era primaria como resultado do aplanamento pola erosión de cordilleiras xurdidas na oroxénese.

Macizos Antigos

Montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque como consecuencia de movementos oroxénicos alpinos.

Cordilleiras de pregamento

Grandes elevacións montañosas que xurdiron na oroxénese da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios. Dous tipos:

  • Cordilleiras intermedias: Formadas polo pregamento de materiais depositados nos bordos dos zócolos.
  • Cordilleiras alpinas: Formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou fosas mariñas largas e profundas.

Concas sedimentarias

Zonas afundidas formadas na era terciaria e cheas con sedimentos. Concas sedimentarias formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo. Depresións prealpinas.

Descargar

PDF Word HTML