A Gandería en Galicia e España: Produción, Especies e PAC
Gandería en Galicia e España
GANDERÍA:
A gandería ocupa unha alta porcentaxe do valor final da produción agraria, un 40% contra un 60% da agricultura. O crecemento do sector vén motivado polos seguintes elementos:
- A modernización das explotacións.
- A independencia do sector con respecto ás outras actividades agrarias, ao deixar de ser un complemento para a agricultura (abono, traballo...).
- Traballo máis intensivo: pensos, estabulación...
- Especialización gandeira tanto rexional como polas especies máis axeitadas a cada produción.
Precisamente as especies máis destacadas na gandería española son:
Gando Vacún
Un 80% da cabana bovina adícase á produción de carne e un 20% á produción de leite. A España húmida é, por tradición, a zona principal para este gando, debido á presenza de abundantes pastos, aínda que hoxe, debido á estabulación e o uso de pensos, tamén se pode producir noutras rexións.
Gando Ovino e Caprino
Hoxe non é tan importante a produción de lá como antes e medrou en cambio a produción de carne de cordeiro e de leite para queixos. Segue existindo, pero diminúe cada vez máis, a tradicional gandería trashumante. A zona de produción é o interior da península. Vencellado a este está o caprino, que se adica tamén á produción de carne e leite para queixo e só ten importancia en zonas montañosas.
Gando Porcino
A produción máis importante en canto a valor son todos os derivados do porco ibérico criado nas dehesas salmantinas e estremeñas de xeito extensivo. Aínda que tamén na produción de carne noutras moitas granxas preto dos centros de consumo, de xeito intensivo, en granxas, por exemplo en Cataluña.
Gando Aviario
Trátase sobre todo de granxas intensivas de galiñas preto dos centros de consumo, sobre todo en Cataluña. Oriéntase tanto á produción de carne como de ovos. Tamén hai, en menor medida, granxas de pavos, parrulos e avestruces.
Política Agraria Común (PAC)
Para solucionar os problemas do sector primario, básico para soster a autonomía alimentaria de Europa, empezouse a deseñar esta política dentro da Unión Europea, que ten como principais eixos de actuación os seguintes:
- Subvencións aos produtos agrarios que intentan garantir uns ingresos mínimos aos produtores (cereais, leite...).
- Optimización da propiedade agraria mediante políticas de concentración parcelaria.
- Redución da superficie agraria ou da produción naqueles sectores onde se producían excedentes non consumidos: leite, viñedo.
- Axudas á modernización das explotacións e rexuvenecemento da poboación agraria.
- Promocionar a diversificación económica nas zonas rurais: turismo, artesanía.