Transporte terrestre e turismo: tipos e evolución
Transporte terrestre
As redes principais de estradas e ferrocarrís son radiais, co centro en Madrid, e son desiguais no espazo.
Nos últimos tempos, os maiores investimentos en transporte terrestre teñen catro obxectivos:
- Superar o modelo radial e desenvolver unha rede mallada.
- Modernizar o ferrocarril e estender as liñas de alta velocidade.
- Crear unha rede de estradas de alta capacidade (autovías e autoestradas).
- Facilitar as conexións cos países veciños (rede transeuropea).
O turismo
É calquera desprazamento que se realiza, con fins recreativos, desde o lugar de residencia a outro, por un tempo limitado. Implica pasar unha noite fóra do domicilio habitual.
Pódese considerar un fenómeno contemporáneo e pódense distinguir tres fases:
- Na década dos cincuenta e sesenta popularizouse o automóbil. Os turistas viaxan dos países de Europa occidental cara á costa mediterránea.
- Na década dos setenta hai un abaratamento do transporte aéreo.
- O volume de turismo internacional pasou de 25 millóns en 1950 a 880 millóns en 2009.
Tipos de turismo
- Turismo litoral: turismo masivo que busca gozar do sol e da praia. Nalgúns lugares do Mediterráneo, Caribe ou California hai saturación turística.
- Turismo de montaña: baseado no desfrute da paisaxe. Nos últimos anos aumentou o turismo invernal nos Alpes e nos Pireneos.
- Turismo cultural: consiste en visitar lugares de interese histórico-artístico como Viena, París, Praga, Atenas, Roma...
- Turismo de negocios e congresos: viaxes breves con reunións de empresa ou asistencia a feiras, exposicións, congresos científicos, etc. Cidades como Nova York, Hong Kong, Londres, Toquio ou Barcelona rexistran un elevado número de viaxeiros por negocios.
- Turismo rural: coñecido tamén como turismo verde. As estancias son en casas, hoteis ou albergues rurais.
Outras alternativas de turismo son o turismo de aventura, o termalismo ou os parques temáticos. As principais rexións turísticas de Europa son Francia, España, Italia e Reino Unido. En segundo lugar sitúase América do Norte con Estados Unidos, Canadá e México.
O transporte
O transporte é o traslado de persoas e mercadorías dun lugar a outro. Para o transporte empréganse medios de transporte (automóbil, tren, barco, avión...) que circulan por vías; inclúense os gasodutos, os oleodutos, os tendidos eléctricos e as liñas telefónicas.
E o conxunto de vías dun territorio chámase rede de transporte.