Reestruturación Industrial en España e Galicia: Desafíos e Tendencias

Xeografía2,27 KB

A Reestruturación dos Espazos Industriais

Situación actual da industria en España e Galicia.

  • Desafíos: problemas estruturais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e consecuencias da incorporación á Unión Europea.
  • Tendencias recentes da industria en España: globalización e deslocalización.

España é un país integrado no conxunto dos países industriais do mundo. Pero o desenvolvemento da actividade industrial en España non acadou un nivel notable ata a segunda metade do século XX. A crise industrial de 1974, que evidenciou a necesidade de cambiar os sistemas de produción, coincidiu coa revolución tecnolóxico-informática. Desenvolveuse así unha nova etapa denominada postindustrial ou informacional e tamén terceira revolución industrial que deu lugar a novos modelos de empresas cunha importancia crecente das novas tecnoloxías, a innovación e a investigación. O ingreso de España na Unión Europea supuxo a fin de todo proteccionismo e a apertura do mercado á competencia exterior, o que provocou unha reconversión industrial e o peche de moitas industrias non competitivas.

Situación actual da industria española

A industria española despois da súa entrada na Unión Europea viviu un proceso de modernización produtiva, aínda que tivo que superar un período de crise a partir do ano 1990 que se agudizou no ano 1993. A mediados dos noventa a industria española, xa recuperada, converteuse no sector de actividade máis produtivo grazas á moderación salarial e á flexibilidade na contratación laboral.

A economía crecía por riba da media europea e aumentaba o investimento español nos países da Unión Europea mentres que en Portugal, o norte de África e Latinoamérica se instalaban empresas españolas.

A industria tivo un bo ritmo de crecemento de vendas, produción e demanda aínda que vai perdendo importancia dentro do conxunto de actividades económicas a causa da terciarización xeral do emprego.

No entanto, en 2007 xorde a crise financeira en Estados Unidos e aféctalle á economía mundial. Na Unión Europea iniciouse unha tendencia xeral á baixa, que en España se reflicte cunha recesión da carteira de pedidos, un aumento dos stocks e unha desaceleración do emprego.

Descargar

PDF Word HTML