Vocabulario de Xeografía e Administración de Galicia

Xeografía2,42 KB

Vocabulario de Xeografía

Relevo e Xeoloxía

Aluvión

Restos miúdos de rochas transportados e depositados transitoria ou permanentemente por unha corrente de auga. Poden estar compostos por area, grava, arxila ou lodo.

Foz

Val estreito e profundo, enmarcado por vertentes abruptas, causadas polos ríos.

Litosfera

Capa superficial da Terra sólida, caracterizada pola súa rixidez. Está formada pola codia terrestre e polo manto superior. É a zona onde se produce a tectónica de placas.

Meseta

Chaira elevada situada a uns 600-800 m de altitude.

Penechaira

Superficie plana ou levemente elevada, orixinada pola erosión dunha rexión montañosa.

Somontano

Terras chairas, levemente inclinadas, entre as serras interiores e o centro da depresión. Constituídos por conglomerados, materiais grosos e duros, transportados polos ríos dende os relevos montañosos.

Tectónica de placas

Teoría que establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas que se desprazan sobre o manto terrestre fluido, interaccionan unhas con outras e provocan intensas deformacións que dan lugar ás cadeas montañosas, aos sistemas de fallas asociadas con elas, aos volcáns e á maior parte dos terremotos.

Vocabulario de Administración

Divisións Administrativas

Parroquia

Territorio que está baixo a dirección espiritual do párroco.

Municipio

Entidade territorial básica, formada por unha ou varias localidades e os seus territorios. A súa función é prestarlles servizos aos veciños, máis variados canto maior é a súa poboación.

Provincia

É unha entidade territorial local formada por unha agrupación de municipios. A súa función é fomentar os intereses provinciais, prestar servizos de ámbito provincial, coordinar os servizos dos municipios e cooperar con eles.

Comunidade Autónoma

Entidade territorial formada por provincias limítrofes, territorios insulares ou provincias con entidade rexional histórica.

Estatuto de Autonomía

Contén a denominación e os símbolos da comunidade; a súa delimitación territorial; os nomes, organización e sede dos seus organismos autónomos; as competencias asumidas e as bases para o traspaso doutras.

Descargar

PDF Word HTML