As Irmandades da Fala e Ramón Cabanillas: Lingua e Cultura
As Irmandades da Fala (1916)
Movemento que xurdiu no ano 1916, promovido por Antón Vilar Ponte. O seu obxectivo principal era reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. En 1918 agrupáronse nunha federación e celebraron en Lugo a I Asemblea Nacionalista Galega. Os principais obxectivos das Irmandades eran:
- A cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán.
- Unha ampla autonomía que permitise resolver os problemas económicos e sociais do país.
- Fomentar a cultura de Galicia.
Realizacións das Irmandades
- Traballo a prol do emprego da lingua galega nos diferentes ámbitos da vida pública.
- Potenciación da actividade editorial mediante o xornal A Nosa Terra ou a fundación de editoriais como Céltiga.
- Promover o desenvolvemento do teatro;