Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Guía de Historia Contemporánea: Napoleón, Liberalismo e Sociedade de Clases

Historia3,59 KB

O Imperio Napoleónico: Ascenso e Caída

  • Chegou ao poder pola inestabilidade de Francia e polo apoio da burguesía cando deu o golpe de estado.
  • Victorias militares reorganizando o mapa europeo, expandindo as ideas revolucionarias pero tamén os sentimentos nacionalistas.
  • Fracasou ao invadir Rusia (polo frío) e España (pola Guerra da Independencia).
  • As potencias europeas xuntáronse contra Napoleón, que abdicou en 1814 e invadiron Francia. Escapou e volveu ser derrotado definitivamente en Waterloo.

Guerra e Revolución Liberal en España

Carlos IV e a Crise da Monarquía

  • Godoy: Home de confianza do monarca (fidalgo).
  • Aliouse con Francia contra Inglaterra e fracasou.
  • Napoleón entrou para conquistar Portugal. Os españois tomárono como unha invasión
...
Seguir lendo "Guía de Historia Contemporánea: Napoleón, Liberalismo e Sociedade de Clases" »

Formas de Estado e Organización Política

Ciencias sociais3,52 KB

Formas de Estado e Xefatura: Monarquías e Repúblicas

As monarquías son os estados nos que o xefe do Estado é un rei, que posúe o cargo por dereito de nacemento e o transmite aos seus fillos.

Nas repúblicas, o xefe do Estado é un presidente. Nas repúblicas democráticas é elixido polos cidadáns, mentres que noutras é elixido polos grupos que controlan o poder.

A Organización Territorial do Estado

Estruturas Territoriais Comúns

A organización territorial varía segundo o país. Por exemplo:

  • En España: municipios, provincias e comunidades autónomas.
  • En Francia: departamentos.
  • En Suíza: cantóns.

Institucións Estatais e Locais

As institucións pódense clasificar segundo o seu ámbito de poder:

  • Institucións estatais: Aquelas que teñen
...
Seguir lendo "Formas de Estado e Organización Política" »

A Revolución Industrial: Impacto, Sociedade e Movemento Obreiro

Historia3,42 KB

Revolución Industrial: Concepto e Expansión

A Revolución Industrial supuxo a substitución do traballo manual, realizado en pequenos obradoiros, polo traballo con máquinas levado a cabo en grandes fábricas. Creouse no século XIX e a industrialización xeneralizouse ao resto de Gran Bretaña, difundíndose a partir de 1830 por Bélxica, Francia e Alemaña.

Factores Impulsores da Revolución Industrial

Grazas á mellora da alimentación e á redución da mortalidade, incrementouse a demanda de produtos e a man de obra dispoñible para traballar na industria.

  • As melloras do transporte e das comunicacións impulsaron o comercio e favoreceron a formación dun mercado interior.
  • As transformacións agrarias, coñecidas como Revolución Agraria, impulsaron
...
Seguir lendo "A Revolución Industrial: Impacto, Sociedade e Movemento Obreiro" »

A Crise Europea e as Democracias Liberais: Solucións e Consecuencias (1918-1939)

Historia3,24 KB

Solucións á Crise Económica en Europa

Durante o período de entreguerras, varios países europeos adoptaron distintas estratexias para combater a recesión económica:

Os Países Escandinavos e o Estado do Benestar

  • O orzamento do Estado foi clave na loita contra a recesión económica. Os empresarios investían menos, provocando o aumento do paro.
  • Inflúiu de xeito notable a forza dos partidos socialdemócratas.
  • Mellorouse a situación dos traballadores.
  • Iniciouse a construción do Estado do Benestar que se consolidaría no conxunto da Europa desenvolvida.

A Política de Rearmamento de Alemaña

  • Alemaña impulsou unha política de rearmamento para estimular o crecemento da industria pesada.
  • Hitler pretendía conseguir a autarquía económica.
  • Estas
...
Seguir lendo "A Crise Europea e as Democracias Liberais: Solucións e Consecuencias (1918-1939)" »

A Gran Depresión: Causas e Consecuencias Económicas

Economía2,58 KB

A Gran Depresión

Causas Principais

  • Prodúcese unha sobreprodución industrial. Diversos indicadores da actividade industrial amosan que o ritmo do crecemento estaba a desacelerarse nos Estados Unidos.
  • Prodúcese unha crise de liquidez (falta de recursos monetarios para lle facer fronte ao pagamento das débedas) como consecuencia do crack da bolsa, que favoreceu a expansión da crise.
  • A caída das accións provocou a necesidade de liquidez e forzou a retirada de investidores en Europa e a cancelación de moitos créditos.
  • Produciuse o desexo de vender a calquera prezo (deflación).
  • Produciuse a caída do consumo. Diversas causas influíron neste descenso:
    • Diminución da capacidade adquisitiva, daqueles que investían en bolsa.
    • O temor a ser despedidos.
...
Seguir lendo "A Gran Depresión: Causas e Consecuencias Económicas" »

A Consolidación do Poder Real na Monarquía Hispánica

Historia2,22 KB

A Articulación da Nova Monarquía

A Consolidación do Poder Real

O reinado dos Reis Católicos significou a imposición do modelo de monarquía autoritaria, sobre todo en Castela. Isabel e Fernando propuxeron impoñer a autoridade do rei por riba de calquera outro poder. Na Coroa de Aragón as institucións medievais seguiron vixentes, pero instituíuse a figura do vicerrei e instaurouse a insaculación para a elección de cargos municipais, co obxectivo de evitar que a oligarquía urbana monopolizase o goberno das cidades. En Castela, a monarquía conseguiu impoñer o seu poder e levar a cabo unha fonda reforma das institucións.

A Monarquía Autoritaria en Castela

Cando Isabel subiu ao trono de Castela, existía unha situación de anarquía...

Seguir lendo "A Consolidación do Poder Real na Monarquía Hispánica" »

Revolución Francesa e Unificacións: Napoleón, Italia e Alemaña

Historia3,24 KB

Etapa de Conversión

Tiña maioría xirondina; aboliu a monarquía, proclamou a república (1792) e decidiu guillotinar a Luís XVI. O descontento popular ante a guerra foi aproveitado polos radicais xacobinos para acceder ao poder. O seu líder, Robespierre, proclamou unha constitución máis democrática en 1793 na que se establecía o sufraxio universal masculino e usou o terror e a guillotina contra calquera opositor ao sistema. Depuxeron e guillotinaron a Robespierre; o poder pasou así a deputados de centro que elaboraron a constitución de 1795.

Composición do Consulado

O poder executivo pasou a ser desempeñado por un Directorio de cinco membros. Levou a cabo numerosas campañas militares en Italia e Exipto. Nesta destacou Napoleón Bonaparte,...

Seguir lendo "Revolución Francesa e Unificacións: Napoleón, Italia e Alemaña" »

Uso do galego: normalización e desafíos

Lingua e literatura2,69 KB

O uso do galego

Hábitat

O galego é maioritario no ámbito rural e nas vilas como lingua exclusiva, mentres que é minoritario nas cidades.

Idade

O galego predomina nos falantes máis vellos, mentres que se reduce a súa presenza entre a poboación máis nova.

Aspectos positivos do emprego do galego

  • Recoñecemento oficial: o galego está recoñecido como lingua oficial de Galicia.
  • Actitudes: os prexuízos negativos cara ao galego fóronse reducindo. Máis do 80% da poboación ten unha actitude favorable e ve con bos ollos a súa potenciación.
  • Uso: o seu uso aumentou na administración pública, nos medios de comunicación, na vida cultural, no ensino e na actividade comercial.

Conceptos clave

Lingua inicial

É a lingua na que unha persoa aprende a falar...

Seguir lendo "Uso do galego: normalización e desafíos" »

Compostos Orgánicos Fundamentais e Impacto Ambiental

Química3,07 KB

Compostos Orgánicos Fundamentais

Hidrocarburos: Composición e Propiedades

Os hidrocarburos só conteñen átomos de carbono e hidróxeno. Son pouco densos e bos combustibles. Encóntranse no petróleo e no gas natural.

Clasificación dos Hidrocarburos

  • De cadea aberta: saturados (alcanos) e insaturados (alquenos e alquinos).
  • De cadea pechada ou cíclicas: alicíclicos (cicloalcanos e cicloalquenos) e aromáticos.

Nomenclatura dos Hidrocarburos

Os hidrocarburos noméanse utilizando uns prefixos que indican o número de átomos de carbono e os sufixos para os alcanos, alquenos e alquinos, respectivamente.

Alcois: Definición e Propiedades

Os alcois son compostos orgánicos osixenados que conteñen na súa molécula un ou máis grupos hidroxilo (-OH)....

Seguir lendo "Compostos Orgánicos Fundamentais e Impacto Ambiental" »

Calor, temperatura e ondas: conceptos básicos de física

Física2,67 KB

Calor e Temperatura

Calor

A calor é enerxía que se transfire dun corpo a outro debido a unha diferenza de temperatura. É enerxía en tránsito, enerxía en movemento.

Traballo e Calor

O traballo e a calor son formas diferentes de transferir enerxía entre dous corpos.

Temperatura

A temperatura é unha medida da velocidade media das partículas que forman un corpo.

Enerxía Interna

A enerxía interna dun corpo é a suma das enerxías cinéticas e potenciais das partículas que o constitúen.

Escalas Termométricas

As relacións entre as distintas escalas termométricas son as seguintes: T(°C)/100 = (T(°F) - 32)/180; T(K) = T(°C) + 273.

Equilibrio Térmico

Dous corpos están en equilibrio térmico cando teñen a mesma temperatura.

Equivalente Mecánica

...
Seguir lendo "Calor, temperatura e ondas: conceptos básicos de física" »