A Narrativa Galega na década de 1950: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole
A Narrativa Galega na década de 1950
Autores clave do Rexurdimento
En 1951 publícase a primeira novela da posguerra: A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero. Tamén na década de 1950, grazas a Galaxia, comezan a publicar tres autores importantes para o rexurdimento da narrativa galega: Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole.
Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Naceu en Mondoñedo e morreu en Vigo. A súa obra literaria é unha das máis orixinais da cultura galega e abrangue poesía, narrativa e teatro. No ámbito narrativo, destaca pola súa capacidade para inventar un mundo propio onde mestura o cotián co marabilloso, o real co mítico. Cunqueiro cultivou tanto a novela coma o relato breve:
- Merlín e a familia (1955): actualiza