Xenética, Enfermidades e Enxeñaría Xenética: Unha Introdución

Bioloxía4,63 KB

Enfermidades non hereditarias

Debidas a trastornos durante a xestación

  • Talidomida
  • Rubeola
  • Radioactividade

Debidas a trastornos ocorridos no momento do parto

Falta de osixenación: Ao diminuír a concentración de O₂ no sangue do feto, poden producirlle danos cerebrais irreversibles.

Diagnóstico prenatal de enfermidades hereditarias

Ecografía: Pódese estudar a anatomía, sexo, posición e tamaño do feto.

Amniocentese: Proba que se fai para estudar o cariotipo dunha célula do feto. Compróbase se existe unha enfermidade cromosómica.

Exemplos de enfermidades e trastornos

Talidomida

É un fármaco que se administrou nos anos 60 ás mulleres que tiñan ansiedade nos primeiros meses do embarazo. Moitos fillos nacidos en Europa presentaban malformacións ou ausencia dalgunha extremidade.

Rubeola

As nais embarazadas que estean en contacto con nenos que teñan a rubeola, enfermidade benigna, pode pasar o microorganismo da nai ao fillo e producirlle grandes danos. Para evitalo, vacinanse todas as nenas aos 12 anos para que fabriquen anticorpos.

Tipos de xemelgos

  • Monocigóticos (univitelinos): Con idéntica información xenética. Óvulo + espermatozoide → cigoto → sofre unha duplicación de cromosomas e unha división en dous cigotos.
  • Dicigóticos (mellizos): 2 Óvulos + 2 espermatozoides → 2 cigotos.
  • Siameses: Se na división dos xemelgos monocigóticos non se separan os dous fetos, saen pegados por algún lado.

Enxeñaría xenética

Definición e alcance

Dános a posibilidade de localizar un xene nun cromosoma, illalo, transferilo a outro organismo aínda que sexa de distinta especie.

Un organismo que incorporou ao seu xenoma algún xene procedente doutra especie coñécese como organismo transxénico: animal, planta, bacteria...

O coñecemento da estrutura do ADN permite aos científicos introducir cambios no patrimonio xenético dalgúns organismos. É todo cambio intencionado e dirixido da información xenética das células.

Posibilidades da enxeñaría xenética

Co desenvolvemento da Enxeñaría xenética ábrense posibilidades para:

  • Cambiar xenes deteriorados por outros sans (no ADN do óvulo ou espermatozoide), podéndose curar enfermidades como a hemofilia, síndrome de Down...
  • As bacterias están a converterse en fábricas de produtos químicos como a insulina. Pódese modificar o seu material xenético para que produzan determinadas proteínas útiles no tratamento e prevención de enfermidades.

Exemplo: Fabricación de insulina por bacterias

Introdúcese no ADN bacteriano o xene que induce á fabricación de insulina (este xene sacouse dunha célula de páncreas humano). Este ADN manipulado cámbiase nunha bacteria polo seu. Esta bacteria e as súas descendentes fabricarán pingas de insulina que formarán litros...

Organismos transxénicos

Aplicacións de organismos transxénicos

  1. Conseguir produtos farmacéuticos: Insulina, hormona do crecemento...
  2. Fabricar alimentos especiais: carne pobre en colesterol, cereais sen glute...
  3. Obter órganos para transplantes.
  4. Agricultura e gandería: Resistencia dos cultivos, crecemento máis rápido.

Riscos dos alimentos transxénicos

  • A perda de diversidade xenética.
  • O “salto” accidental dos xenes transferidos a outras especies silvestres.
  • Efectos prexudiciais para a saúde: alerxias...
  • Monopolio das grandes industrias das sementes: Os laboratorios...

Xenoma humano

Consecuencias do coñecemento do xenoma humano

  1. O Xenoma é o coñecemento da colocación dos caracteres nos xenes dos cromosomas.
  2. Hai 3.000 millóns de nucleótidos en 100.000 xenes (equivalen a 1000 libros de 1000 páxinas cada un).
  3. Xa está descifrado todo o código xenético e custou millóns de dólares.
  4. Está comprobado que xenes doutros organismos son viables para os humanos.
  5. Hai que lexislar para protexer a intimidade dos humanos xa que poderiamos ter problemas á hora de:
  • Conseguir un posto de traballo.
  • Facer un seguro médico ou de vida.

Perderase a xenerosidade dos investigadores que se venderán ás multinacionais.

Será normal escoller o sexo do bebé, evitar enfermidades, é dicir, facer fillos á carta.

Descargar

PDF Word HTML