Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea

Lingua e literatura4,41 KB

Cartas de Toño a Lelo

Toño consegue o enderezo de Lelo, porque deulle outro neno que tamén lle escribe cartas. Entón escribe a primeira carta e recórdalle quen é (teña que axudarse do seu alcume, Peilao, aínda que non lle guste moito) e mostra o seu entusiasmo por comunicarse por cartas.

As primeiras cartas

Despois da primeira carta, Toño comeza a contarlle todo tipo de lerios a Lelo.

Conta o neno dende a aldea que dende hai pouco teñen unha cóbrega na casa. Encontrárona entre os toxos o seu pai e el; a meteron nunha botella con augardente e aí quedou a serpe.

Lelo pregúntalle polo río, que a cotío trae novas. Toño recorda a vez que afincaran a Lelo ó río. Tamén engade que o Marxado tivo a idea de se tirar dende as pólas dun...

Seguir lendo "Cartas de Toño a Lelo: Aventuras e Novidades na Aldea" »

Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización

Historia3,33 KB

O Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización

Principal obxectivo dos colonizadores

O principal obxectivo era a explotación económica dos recursos destas terras, que tiñan estruturas económicas e políticas moi febles, e o seu dominio político.

Cambios no século XIX

As innovacións técnicas, as novas formas de organización do traballo e a mellora da banca permitiron un aumento da produción e do comercio e unha mellora dos transportes.

Causas do colonialismo

Desde o punto de vista económico, Europa necesitaba vender o excedente da súa produción, buscando novos mercados. Tamén debían mercar materiais primas ao mellor prezo posible e querían investir os seus excedentes de capital noutros lugares, onde a man de obra fose máis...

Seguir lendo "Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización" »

Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega

Lingua e literatura2,65 KB

Bernardino Graña

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo. O seu primeiro libro, Poemas do home que quixo vivir (1959), publicouno durante a súa estadía en Madrid. Licenciouse en Filoloxía Románica e exerceu a docencia dentro e fóra de Galicia. Logo regresou a Cangas, onde vive na actualidade. Tamén escribiu teatro e narrativa, a maioría parte dentro da literatura infantil, pero foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Os poemas Profecía do mar e Non vexo Vigo nin Cangas valéronlle o apelativo de "poeta do mar", pois o tema central deles é o mar e a vida mariñeira. Despois publicou Seo noso amor, Os peixes de sar arriba andasen, Himno verde, Luz de novembro... A súa poesía distínguese pola exaltación da vida

...

Seguir lendo "Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega" »

Guía Completa do Turismo: Definición, Causas, Tipos e Destinos Mundiais

Xeografía3,01 KB

O turismo é o desprazamento temporal de persoas de máis de 24 horas de duración, realizado xeralmente con fins de lecer. Desde a Segunda Guerra Mundial, experimentou un gran crecemento, especialmente nos países desenvolvidos, onde se converteu nun fenómeno de masas e ten unha gran importancia económica.

Causas do Crecemento Turístico

O notable aumento do turismo débese a varios factores clave:

  • Elevado nivel de vida: Proporciona ingresos adicionais e tempo libre para o lecer. Nos países ricos xeneralizáronse a semana laboral de cinco días e as vacacións pagadas.
  • Mellora do transporte: Os medios de transporte son cada vez máis rápidos e máis baratos. Tamén axudaron as maiores facilidades para a circulación de persoas entre países,
...
Seguir lendo "Guía Completa do Turismo: Definición, Causas, Tipos e Destinos Mundiais" »

Ondas: Definicións e Conceptos Clave

Física2,77 KB

Conceptos Básicos do Movemento Ondulatorio

  • Amplitude (A): É a máxima distancia que alcanza un punto que vibra, separado da súa posición de equilibrio, ao ser alcanzado por unha onda.
  • Elongación (x): É a distancia dun punto á súa posición de equilibrio nun instante determinado. A elongación máxima é a amplitude.
  • Período (T): É o tempo que emprega unha partícula alcanzada pola onda en realizar unha oscilación completa.
  • Frecuencia (f): É o número de oscilacións completas que unha partícula efectúa nun segundo. A unidade de frecuencia é o hercio (Hz).
  • Fase: Dúas partículas están en fase cando se encontran no mesmo estado de vibración.
  • Lonxitude de onda (λ): É a distancia percorrida pola onda nun tempo igual ao período.
  • Velocidade
...
Seguir lendo "Ondas: Definicións e Conceptos Clave" »

Solucións á crise económica: Keynes e o New Deal

Economía2,64 KB

Solucións á crise económica

Keynes

Keynes defendeu que a crise non era pasaxeira e que a recuperación non xurdiría espontaneamente se os gobernos non actuaban. Argumentou que o problema da economía era a falta de demanda ante a caída do investimento. Sen demanda, os empresarios non tiñan incentivos para aumentar a produción e, con ela, o emprego. Propoñía que o Estado aumentase o gasto público (obras públicas). O gasto do Estado xeraría déficit público; o Estado gastaba, aumentaba a demanda e non só polo importe dos gastos efectuados, senón nunha proporción maior, porque ese gasto inicial, transformado en salarios e bens, creaba nova demanda noutros sectores (multiplicador keynesiano). O Estado podería incrementar os ingresos...

Seguir lendo "Solucións á crise económica: Keynes e o New Deal" »

Causas da Crise de 1929: O Crac do 29 e a Gran Depresión

Economía3,09 KB

Causas da Crise de 1929: O Crac do 29

Os Felices Anos 20: Unha Época de Bonanza

A economía dos Estados Unidos experimentou un auxe da demanda. Todo o mundo quería comprar, e producíase unha demanda crecente, característica dos Felices Anos 20. Este período estivo caracterizado por:

  • Causas exteriores: A recuperación de Europa e dos antigos clientes europeos.
  • Causas interiores: Empezouse a vivir co dólar, o que xerou unha sociedade de consumo (cando se consume máis do que se necesita) debido a diferentes factores: salarios medios altos, novos sistemas de compra que reactivaron o consumo, créditos a prazos e un optimismo económico xeneralizado.

Xurdiu o "American Way of Life", que era o estilo de vida americano, que tiña de todo, xerando...

Seguir lendo "Causas da Crise de 1929: O Crac do 29 e a Gran Depresión" »

A Revolución Industrial e a Primeira Guerra Mundial: Unha Visión Xeral

Historia3,8 KB

A Segunda Revolución Industrial

Houbo un crecemento demográfico co aumento da natalidade e descenso da mortalidade, e fortes migracións a ultramar. Tamén apareceron novas fontes de enerxía como a electricidade (luz, comunicación, iluminación) e o petróleo para barcos e avións. Houbo un gran desenvolvemento científico e tecnolóxico coa revolución dos transportes: aviación, bicicleta, tranvías, navegación; a revolución da ciencia-industria, que tiña laboratorios de investigación; e novos inventos.

Cambios na organización empresarial: Houbo unha concentración empresarial coa asociación de empresas. Formáronse grandes empresarios. Esta organización tiña varias formas:

  • Concentración horizontal: empresas dun mesmo ramo, como
...
Seguir lendo "A Revolución Industrial e a Primeira Guerra Mundial: Unha Visión Xeral" »

Primeira Guerra Mundial: causas, desenvolvemento e fases

Historia3,38 KB

Orixe da Primeira Guerra Mundial

No final do século XIX e principios do XX formáronse en Europa dous bloques militares de potencia similar: a Tripla Alianza e a Tripla Entente. Os intereses coloniais e as ambicións de Austria e Rusia nos Balcáns provocaron o conflito entre eles.

A Paz Armada

Alemaña converteuse na potencia reitora da política internacional, grazas á política do chanceler Bismarck, quen ideou un sistema de alianzas entre Alemaña, Austria e Rusia, e logo Italia, que pretendía alcanzar dous obxectivos: o illamento de Francia e o mantemento do equilibrio nos Balcáns. A morte do emperador alemán Guillerme I levou ao trono a Guillerme II, cunha política máis agresiva e de expansión imperialista, o que provocou a destitución...

Seguir lendo "Primeira Guerra Mundial: causas, desenvolvemento e fases" »

Século XVII: Declive do Imperio Español e Crise dos Austrias

Historia2,23 KB

Século XVII: O Declive do Imperio

Filipe III: O Goberno dos Validos

Filipe III, fillo e sucesor de Filipe II, inaugurou unha nova etapa política dos Austrias españois. Filipe III e os seus sucesores renunciaron a exercer persoalmente as tarefas de goberno, que foron exercidas polos ministros omnipotentes, os validos ou privados. Filipe III tivo un breve e pacífico reinado. Entregoulle o goberno ao duque de Lerma, quen conseguiu manter a paz no exterior. No interior, o máis importante foi a expulsión dos mouriscos, que agravou aínda máis os problemas agrícolas, especialmente en Levante, onde unha gran parte eran campesiños.

Filipe IV: A Fin da Hexemonía en Europa

España volveuse meter nos conflitos europeos. As causas deste cambio hai...

Seguir lendo "Século XVII: Declive do Imperio Español e Crise dos Austrias" »