As Irmandades da Fala e Ramón Cabanillas: Lingua e Cultura

Historia2,35 KB

As Irmandades da Fala (1916)

Movemento que xurdiu no ano 1916, promovido por Antón Vilar Ponte. O seu obxectivo principal era reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. En 1918 agrupáronse nunha federación e celebraron en Lugo a I Asemblea Nacionalista Galega. Os principais obxectivos das Irmandades eran:

  • A cooficialidade lingüística entre o galego e o castelán.
  • Unha ampla autonomía que permitise resolver os problemas económicos e sociais do país.
  • Fomentar a cultura de Galicia.

Realizacións das Irmandades

  • Traballo a prol do emprego da lingua galega nos diferentes ámbitos da vida pública.
  • Potenciación da actividade editorial mediante o xornal A Nosa Terra ou a fundación de editoriais como Céltiga.
  • Promover o desenvolvemento do teatro; fúndase o Conservatorio Nacional de Arte Galega.

Ramón Cabanillas: Poeta das Irmandades

A súa obra literaria

Caracterízase por harmonizar a tradición literaria do século XIX coas grandes correntes anovadoras do seu tempo, como o Modernismo. Trazos modernistas cara ao sensual e o colorista, o gusto polo exótico.

Poesía lírica

Poesía cívica

Nos seus tres primeiros libros (No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada), recolle o facho prendido por Curros Enríquez, aínda que Cabanillas ve a solución dos problemas de Galicia no nacionalismo concienciador. É unha poesía influída polo compromiso co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala. Exaltación da aldea fronte á cidade.

Poesía intimista

Lembra a Rosalía de Castro nalgúns aspectos. O sentimento amoroso é o protagonista destas pezas, así como a conmoción ante a paisaxe (A rosa de cen follas).

Poesía humorística e irónica

Presenta tamén matices humorísticos ou irónicos.

A poesía narrativa

Busca mobilizar a conciencia colectiva. Así nacerá Na noite estrelecida, onde o poeta recupera os temas da Materia de Bretaña. O poemario consta de tres sagas: 'A espada Escalibor', 'O cabaleiro do Santo Graal' e 'O sono do rei Artur'.

Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de Don Amaro de Aventei.

Descargar

PDF Word HTML