Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

A Italia e Alemaña de Posguerra: Fascismo e Nazismo

Historia11,72 KB

A Italia na Posguerra

A fin da guerra deixou en Italia graves secuelas humanas e económicas: morreron 700.000 homes, moitas industrias quedaron inutilizadas e a elevada débeda exterior aumentou a inflación. Para moitos italianos, o custo da vida incrementouse, mentres que os salarios reais diminuíron e o número de obreiros en paro non paraba de medrar.

Así mesmo, os acordos de paz supuxeron unha gran decepción, xa que os aliados entregaron a Italia o Trentino, Trieste e Istria, pero non Dalmacia e Fiume, como se acordara no Tratado de Londres (1915). Deste xeito, comezou a estenderse a idea de que a participación italiana na guerra fora un engano, e o irredentismo (reivindicación de territorios habitados por italianos) foi gañando adeptos....

Seguir lendo "A Italia e Alemaña de Posguerra: Fascismo e Nazismo" »

Literatura e Sociedade Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características

Lingua e literatura5,43 KB

A literatura popular

A literatura popular é anónima, de transmisión oral, ten funcionalidade específica, conta coa aceptación da comunidade que a emprega, presenta gran variabilidade formal e emprega unha linguaxe sinxela e expresiva.

Literatura popular en verso

  • Cantigas de labor
  • Cantigas infantís
  • Cantigas de festas
  • Cantigas de romaría
  • Cantigas de divertimento
  • Romances

Literatura popular en prosa

Os contos

Narracións breves de acontecementos ficticios que teñen por finalidade transmitir ensinanzas ou divertir.

  • Contos marabillosos
  • Contos relixiosos
  • Contos de animais
  • Contos humorísticos ou de burla

As lendas

Narracións breves de sucesos fantásticos que adoitan presentarse como reais.

  • Lendas etiolóxicas (explican a orixe do lugar)
  • Lendas haxiográficas
...
Seguir lendo "Literatura e Sociedade Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características" »

Historia: Colonialismo e Primeira Guerra Mundial

Historia4,78 KB

O Colonialismo e os Imperios Coloniais

Os imperios coloniais tratábanse de terras na súa maioría sen estados organizados, con estruturas económicas e políticas moi febles. A colonización significou a explotación económica dos recursos desas terras e o seu dominio político.

Causas do Colonialismo

As principais causas do colonialismo foron:

  • Económicas: Os países de Europa debían mercar materias primas ao mellor prezo posible e investir os seus excedentes noutros lugares onde a man de obra era máis barata.
  • Demográficas: A necesidade de buscar novos territorios para o asentamento da poboación europea debido ao crecemento demográfico.
  • Políticas: O desexo de aumentar o prestixio e o poder das nacións europeas no escenario internacional,
...
Seguir lendo "Historia: Colonialismo e Primeira Guerra Mundial" »

As propiedades da auga e as súas funcións biolóxicas

Bioloxía2,45 KB

  1. Auga disolvente: Disolve substancias polares [con carga (ións)/con grupos polares].
  2. Calor específico moi alto: O calor específico é a cantidade de enerxía que ten que absorber unha sustancia para aumentar 1 ºC a súa temperatura.
  3. A auga funciona como un tampón térmico, é dicir, amortigua a temperatura. Onde hai masas de auga as temperaturas son máis suaves.
  4. A densidade aumenta conforme diminúe a temperatura. A auga é unha substancia anómala nese sentido.
  5. A temperatura da auga na que se fai máis densa son os 4 ºC.
  6. O xeo é menos denso que a auga, polo tanto, flota.

Disolvente: Moitos compostos orgánicos son polares e disólvense en auga. A auga é o medio onde se vai producir o metabolismo, que son as transformacións que sofren estes...

Seguir lendo "As propiedades da auga e as súas funcións biolóxicas" »

As Vanguardas na Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras5,16 KB

As Vanguardas

Entre 1920 e 1930 prodúcese en Galiza tras a experiencia europeísta do grupo Nós, un intento renovador da literatura nas súas técnicas e nos seus temas que supoñen unha ruptura con respecto aos estilos realistas da arte e literatura, xurdindo o que coñecemos como vangardismo.

O vangardismo engloba un amplo grupo de movementos que se deron a coñecer entre 1909 e o comezo da II Guerra Mundial, e que estaban influídos e motivados por unha serie de circunstancias producidas na sociedade e cultura. Así hai que lembrar que esta é a época dos avances técnicos-científicos, da aparición das máquinas, do automóbil, do avión, do cinema e dos estudos sobre a personalidade urbana e o subconsciente, embabezados polo psiquiatra...

Seguir lendo "As Vanguardas na Literatura Galega" »

Castelao: Vida, Obra e Legado na Cultura Galega

Outras linguas estranxeiras3,35 KB

Traxectoria Vital e Artística de Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886; Bos Aires, 1950), de neno foi emigrante na Arxentina. De xoven estudou a carreira de Medicina e foi médico, para despois converterse en artista plástico e novelista. Tamén foi deputado durante a Segunda República e un destacado galeguista. Tras a Guerra Civil, exiliouse na Arxentina, onde faleceu.

Castelao, ademais de autor literario, foi debuxante, e estas dúas condicións son inseparables na súa produción. Mesmo os seus álbums de debuxo, como Cousas da vida ou Atila en Galiza, acompañan e complementan obras narrativas como Cousas ou ensaísticas como Sempre en Galiza.

Características da Obra Narrativa de Castelao

A súa obra narrativa caracterízase...

Seguir lendo "Castelao: Vida, Obra e Legado na Cultura Galega" »

Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas

Lingua e literatura4,12 KB

Galicia a comezos do século XX

Cambios sociais, culturais e políticos

Galicia, a comezos do século XX, experimentou profundos cambios sociais: a caída da fidalguía, o ascenso da burguesía, o éxodo do rural á cidade e a aparición do proletariado. Estes cambios sociais viñeron acompañados de importantes cambios culturais e políticos, como a creación das Irmandades da Fala (1916), o Grupo Nós (1920), o Seminario de Estudos Galegos (1923) e a fundación do Partido Galeguista (1931).

Agrarismo (1907-1923)

O agrarismo foi un movemento reivindicativo que estimulou a conciencia política do campesiñado galego, organizándoo en sociedades que se manifestaban a través da prensa, dos mitins e das concentracións agraristas. Un exemplo destacado...

Seguir lendo "Galicia no século XX: Agrarismo, Irmandades e Vangardas" »

Organización Celular, Tecidos e Nutrición nos Seres Vivos

Bioloxía3,7 KB

Organización dos Seres Vivos

Niveis de Organización

Cada un dos diferentes graos de complexidade en que se organiza a materia.

  • Nivel subatómico
  • Nivel atómico
  • Nivel molecular (inorgánico e orgánico)
  • Nivel celular
  • Nivel de tecido
  • Nivel de órgano
  • Nivel de sistema
  • Nivel de aparello
  • Nivel de organismo

A Célula: Unidade Fundamental

As células son as unidades anatómicas, funcionais e de orixe de todos os seres vivos. Trátase da unidade máis pequena que realiza as funcións de nutrición e relación.

Estruturas da Célula

  • Membrana plasmática
  • Citoplasma
  • Núcleo (contén Membrana nuclear, nucleoplasma, cromatina e nucléolo)

Orgánulos Celulares

  • Mitocondrias: nelas realízase a respiración celular, por medio da cal obtemos enerxía dos nutrientes.
  • Retículo
...
Seguir lendo "Organización Celular, Tecidos e Nutrición nos Seres Vivos" »

Fotosíntese, Respiración e Reprodución: Bioloxía para ESO

Bioloxía3,26 KB

1.- Que é a fotosíntese e a respiración celular?

A FOTOSÍNTESE: É un proceso que levan a cabo organismos como as plantas, as algas e algunhas bacterias. Consiste en sintetizar, mediante a enerxía do Sol, moléculas orgánicas a partir de moléculas inorgánicas absorbidas do medio. A fotosíntese só se realiza nas follas e nalgúns talos tenros, onde se atopa a clorofila.

A RESPIRACIÓN CELULAR: É un proceso de descomposición de moléculas de glicosa para obter enerxía grazas á intervención do osíxeno. A respiración celular ten lugar na maioría dos seres vivos.

AS MITOCONDRIAS: Son orgánulos especializados onde se produce a respiración celular e que están presentes en todas as células eucariotas.

2.- Diferenzas entre respiración

...
Seguir lendo "Fotosíntese, Respiración e Reprodución: Bioloxía para ESO" »

Principais Subxéneros Literarios: Definicións e Características

Outras linguas estranxeiras2,4 KB

Himno

O himno é un canto que expresa sentimentos positivos, de ledicia e celebración. Tamén pode ser unha composición musical que identifica a unha colectividade, unha rexión, un pobo ou unha nación e que une a quen a interpreta.

Oda

A oda é unha composición poética de ton elevado, que trata asuntos diversos entre os que se recolle unha reflexión do poeta. Segundo o tema que se cante, pode ser relixiosa, heroica, filosófica ou amorosa. En xeral, aplícase a todo poema destinado a ser cantado.

Elexía

Subxénero que designa, polo xeral, todo poema de lamento. A actitude elexíaca consiste en lamentar calquera cousa que se perde: a ilusión, a vida, o tempo, un ser querido, un sentimento, etc.

Canción

Antiga composición poética, que respondía...

Seguir lendo "Principais Subxéneros Literarios: Definicións e Características" »