Causas da Crise de 1929: O Crac do 29 e a Gran Depresión

Economía3,09 KB

Causas da Crise de 1929: O Crac do 29

Os Felices Anos 20: Unha Época de Bonanza

A economía dos Estados Unidos experimentou un auxe da demanda. Todo o mundo quería comprar, e producíase unha demanda crecente, característica dos Felices Anos 20. Este período estivo caracterizado por:

  • Causas exteriores: A recuperación de Europa e dos antigos clientes europeos.
  • Causas interiores: Empezouse a vivir co dólar, o que xerou unha sociedade de consumo (cando se consume máis do que se necesita) debido a diferentes factores: salarios medios altos, novos sistemas de compra que reactivaron o consumo, créditos a prazos e un optimismo económico xeneralizado.

Xurdiu o "American Way of Life", que era o estilo de vida americano, que tiña de todo, xerando envexa en Europa, que estaba saíndo dunha guerra, mentres os Estados Unidos vivían un bo momento. Debido a estes bos momentos, os granxeiros endebedáronse, xa que sempre pensaban que serían bos tempos. Pero Europa foise reconstruíndo e a demanda aos granxeiros diminuíu, co cal moitos deles endebedáronse. Esta foi a primeira sinal da crise.

Sobreprodución e Stocks: A Segunda Alerta

En 1925, Europa empezou a recuperarse, pero a demanda nos Estados Unidos seguía alta. A industria seguiu aumentando e producíronse stocks (unha crise de sobreprodución, xa que as fábricas producían demasiado e a demanda baixou). Esta foi a segunda sinal da crise.

A Especulación na Bolsa e o Crac do 29

Todo o mundo quería comprar accións e estas non deixaron de subir. En outubro do 29, queríanse moitas accións; todo o que a xente tiña e non tiña investíase en accións. Desta forma, caeu a bolsa, xa que a banca se arruinou. Deste xeito, orixinouse a crise (o Crac do 29). Xurdiron os brokers (que eran aqueles que investían todo na bolsa e logo arruináronse; moitos suicidáronse).

A Gran Depresión e as Súas Consecuencias Globais

Os Estados Unidos estaban en crise e esixíronlle a Europa todo o que antes lle concedera. O Crac do 29 e a expansión da crise por todo o mundo xeraron unha Gran Depresión na década dos 30, é dicir, desde 1929 ata 1939, cando empezou a Segunda Guerra Mundial.

O Crac da Bolsa de Nova York: Xoves Negro e Martes Negro

A primeira manifestación da crise iniciouse cando os investidores comezaron a poñer as súas accións á venda coa esperanza de obter aínda beneficios. Isto fixo incrementar aínda máis o número de accións á venda. A desmesurada oferta provocou o derrubamento das accións (o Xoves Negro) en outubro de 1929. Moitos títulos foron postos á venda sen comprador, producíndose o crac da bolsa de Nova York. Trocouse a vontade de comprar para gañar máis, pola de vender para perder o menos posible. Os bancos cancelaron os préstamos para a compra de accións e isto implicou outra quebra (o Martes Negro).

Descargar

PDF Word HTML