A Revolución Industrial e a Primeira Guerra Mundial: Unha Visión Xeral
A Segunda Revolución Industrial
Houbo un crecemento demográfico co aumento da natalidade e descenso da mortalidade, e fortes migracións a ultramar. Tamén apareceron novas fontes de enerxía como a electricidade (luz, comunicación, iluminación) e o petróleo para barcos e avións. Houbo un gran desenvolvemento científico e tecnolóxico coa revolución dos transportes: aviación, bicicleta, tranvías, navegación; a revolución da ciencia-industria, que tiña laboratorios de investigación; e novos inventos.
Cambios na organización empresarial: Houbo unha concentración empresarial coa asociación de empresas. Formáronse grandes empresarios. Esta organización tiña varias formas:
- Concentración horizontal: empresas dun mesmo ramo, como a siderurxia.
- Vertical: agrupando as sociedades que exercen actividades complementarias.
Desde o punto de vista financeiro, as máis habituais son:
- Cartel: asociación de empresas para restrinxir ou eliminar a competencia.
- Trust: fusión de diversas empresas nunha nova.
- Holding: sociedade financeira que posúe accións en moitas empresas para controlalas.
A outra forma de estrutura é o monopolio, e consiste en que un produtor ten a exclusividade no produto e o control no prezo.
Tamén se produciron cambios na organización do traballo co taylorismo e o fordismo. Co taylorismo montouse unha cadea de montaxe co fin de aumentar a produción, e o fordismo utilizou máquinas e traballadores especializados co fin de fabricar un gran número de vehículos a baixo custo. E, por último, houbo un aumento do comercio internacional e da venda polo miúdo.
A Primeira Guerra Mundial
Causas da Gran Guerra
- Imperialismo: a rivalidade entre potencias imperialistas, as aspiracións de Alemaña e a crise marroquí.
- Nacionalismo: o desmembramento do Imperio Turco, as aspiracións austríacas e rusas, as reivindicacións independentistas dos pobos e as guerras balcánicas.
- Alianzas: a Tripla Alianza (Alemaña, Italia e Austria-Hungría) e a Tripla Entente (Reino Unido, Francia e Rusia).
- Rivalidades: franco-alemá por Alsacia e Lorena, anglo-alemá cunha gran competencia naval, ruso-austríaca pola hexemonía dos Balcáns e austro-serbia pola cuestión balcánica.
Desenvolvemento do Conflito
O principal detonante foi o atentado de Saraxevo. Despois, a guerra tivo diferentes fases:
- Guerra de Movementos: co plan alemán de ataque rápido por Bélxica, a batalla do Marne e a ofensiva rusa na fronte oriental.
- Guerra de Posicións: coa inmobilización da fronteira occidental, a batalla de Verdún e a ofensiva austro-alemá na fronte oriental.
- Crise de 1917: co abandono da guerra por parte de Rusia, a entrada dos EUA e a ondada de pacifismo.
- Fin da Guerra: co triunfo dos aliados na fronte occidental. Os imperios austríaco e húngaro pediron o armisticio e a abdicación do káiser, e armisticio con Alemaña.
Os Tratados de Paz
- Tratado de Versalles: con Alemaña, o máis importante, coa amputación do seu territorio (Alsacia, Lorena, Eupen, Malmedy, Schleswig, Posnania, o corredor de Danzig e Silesia), as reparacións da guerra e a restrición do seu exército.
- Outros tratados co resto de contendentes: Austria, Hungría, Bulgaria e Turquía perden territorios a prol das novas nacións eslavas.
- Creación da Sociedade de Nacións para garantir a paz.
As Consecuencias
Foron importantes, xa que houbo perdas demográficas moi importantes, chegou o fin da hexemonia europea na economía mundial, houbo importantes cambios sociais que fixeron o avance da democracia e houbo un cambio social moi importante a prol do papel da muller no mundo.