Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización
O Colonialismo: Causas, Consecuencias e Organización
Principal obxectivo dos colonizadores
O principal obxectivo era a explotación económica dos recursos destas terras, que tiñan estruturas económicas e políticas moi febles, e o seu dominio político.
Cambios no século XIX
As innovacións técnicas, as novas formas de organización do traballo e a mellora da banca permitiron un aumento da produción e do comercio e unha mellora dos transportes.
Causas do colonialismo
Desde o punto de vista económico, Europa necesitaba vender o excedente da súa produción, buscando novos mercados. Tamén debían mercar materiais primas ao mellor prezo posible e querían investir os seus excedentes de capital noutros lugares, onde a man de obra fose máis barata.
Desde un punto de vista político, as fronteiras de Europa estabilizáronse e as grandes potencias entraron nunha competencia política e militar para controlar áreas xeográficas de interese económico ou estratéxico.
Desde un punto de vista demográfico, o exceso de poboación provocou dificultades para atopar traballo. A política colonial significaba a posibilidade de emigrar cara a outras terras e mellorar as súas condicións de vida e de traballo.
Desde un punto de vista ideolóxico, o nacionalismo conservador defendía a superioridade dalgunhas nacións e o dereito destas a impoñerse sobre outros pobos. O racismo considera ao home branco superior a outras etnias e defende a súa intelixencia e laboriosidade.
Quen se opuxo ao colonialismo?
Algúns intelectuais, sindicalistas e líderes políticos, sobre todo socialistas, amosáronse contrarios ao colonialismo. Denunciaron a brutal e inhumana explotación das colonias e defenderon o dereito deses pobos a decidiren sobre os seus destinos.
Como se conseguía o control dunha colonia?
Primeiro estudábase o territorio que se quería conquistar. Logo, os europeos utilizaban as rivalidades internas entre as tribos e etnias dos territorios ocupados para enfrontalas entre si e para reclutar tropas ao seu servizo.
Como se organizaba o goberno e a administración?
Eran colonias nas que a metrópole se dedicou especialmente á explotación económica. Non tiñan goberno propio e os europeos exercían nelas unha política de ocupación: un goberno, militares e funcionarios mantiñan a administración e a orde; e o resto, pequenos funcionarios e soldados, eran indíxenas. Os colonizadores apropiábanse das terras para crear grandes plantacións ou para explotar depósitos de minerais. Os seus propietarios eran colonizadores brancos ou grandes compañías con sede en Europa.
As colonias de poboamento
Eran colonias que, polas súas condicións, recibían poboación branca que emigraba para establecerse de forma permanente. Había autonomía no goberno interior. Dentro do Imperio Británico recibiron o nome de dominios.
Os protectorados
Eran territorios que, tras a ocupación europea, mantiveron a organización estatal, o goberno indíxena e un aparato administrativo propio. Pero a metrópole creou e impuxo neles un goberno paralelo que dominaba o goberno local e se reservaba as funcións de defensa e mais de política exterior (Marrocos).