Primeira Guerra Mundial: causas, desenvolvemento e fases

Historia3,38 KB

Orixe da Primeira Guerra Mundial

No final do século XIX e principios do XX formáronse en Europa dous bloques militares de potencia similar: a Tripla Alianza e a Tripla Entente. Os intereses coloniais e as ambicións de Austria e Rusia nos Balcáns provocaron o conflito entre eles.

A Paz Armada

Alemaña converteuse na potencia reitora da política internacional, grazas á política do chanceler Bismarck, quen ideou un sistema de alianzas entre Alemaña, Austria e Rusia, e logo Italia, que pretendía alcanzar dous obxectivos: o illamento de Francia e o mantemento do equilibrio nos Balcáns. A morte do emperador alemán Guillerme I levou ao trono a Guillerme II, cunha política máis agresiva e de expansión imperialista, o que provocou a destitución de Bismarck (1890).

Iniciouse un novo período nas relacións internacionais chamada Paz Armada (1890-1914) que ten dúas características: as potencias europeas agrúpanse en dous bloques militares enfrontados (Alemaña, Austria e Italia na Tripla Alianza, e Gran Bretaña, Francia e Rusia na Tripla Entente), e o temor mutuo levou a unha intensa carreira de armamentos.

Os enfrontamentos armados entre as potencias

As cuestións coloniais foron unha fonte continua de problemas. As antigas potencias desprazaron os novos estados e deixáronos sen materias primas e mercados, polo que estes pedían un imperio colonial propio. As reclamacións plasmáronse nas dúas crises de Marrocos (1905-1911). A segunda fonte de enfrontamentos foi a cuestión de Oriente. Entre 1908 e 1913 producíronse tres graves crises na zona.

O desenvolvemento da Primeira Guerra Mundial (1914-1918)

Os países belixerantes e as fases do conflito

A guerra converteuse en mundial porque enfrontou as principais potencias e os seus respectivos imperios, e porque novos países se foron sumando ao conflito. Os Imperios Centrais recibiron o apoio de Turquía e Bulgaria. A Tripla Entente recibiu o apoio de Italia, que abandonou a Tripla Alianza.

A Primeira Guerra Mundial durou catro anos (1914-1918) e pódense distinguir catro fases:

  1. A guerra de movementos (1914, agosto): Os alemáns pretendían unha vitoria rápida sobre Francia para volverse despois sobre Rusia. O estado maior alemán fixo un gran ataque sobre Francia atravesando Bélxica, pero foron detidos na batalla do Marne a pouco de París. Rusia, a petición de Francia, fai unha ofensiva sobre Alemaña. Os rusos, derrotados en Tannenberg e nos Lagos Masurianos, conseguiron forzar os alemáns e salvar París.
  2. A guerra de posicións (1914-1917): O fracaso da ofensiva alemá consolida as frontes e o obxectivo é defender o conseguido. As tácticas defensivas superaban as capacidades ofensivas e a guerra estabilizouse. Os alemáns intentaron romper as frontes na batalla de Verdún e os británicos na do Somme, e as dúas tiveron moitas perdas en vidas humanas.
  3. A crise de 1917: Produciuse un cambio na situación militar por dous motivos: a Revolución Rusa (en Rusia houbo unha revolución e impúxose un goberno comunista; Rusia abandonou a guerra e cedeulle unha grande extensión de territorio a Alemaña) e a entrada na guerra dos Estados Unidos.
  4. A ofensiva de 1918 e o final da guerra.

Descargar

PDF Word HTML