Dialectos galegos: trazos fonéticos dos bloques occidental e central
Bloque occidental
Abrange a parte occidental das provincias da Coruña e de Pontevedra e unha pequena zona no sudoeste da provincia de Ourense. En xeral, os trazos propios deste bloque son considerados máis innovadores que os doutros bloques. Dentro deste bloque localízanse as áreas fisterrá, bergantiñá e pontevedresa.
Trazos fonéticos
- Gheada: fenómeno que consiste na pronunciación aspirada do /g/ en calquera posición: ghato, algho...
- Seseo: fenómeno consistente na inexistencia do fonema /z/; no seu lugar existen dous tipos de /s/ (un apical e outro predorsal). Segundo a posición en que se dea, distínguense dous tipos de seseo:
- Implosivo, en posición final de sílaba: lus, des, rapás, etc.
- Explosivo, en posición inicial de sílaba: