A prosa galega de posguerra e a Nova Narrativa Galega (1936-1976)
Resumo
O documento repasa a evolución da prosa galega desde a posguerra ata a Nova Narrativa Galega. Presenta as liñas de continuidade coa xeración Nós, os principais autores e as súas obras, e as características técnicas e temáticas da NNG, así como as súas etapas.
Puntos clave
- Tras a Guerra Civil a literatura galega case desaparece e exíliase a Latinoamérica; a recuperación comeza en 1947 coa Editorial Galaxia.
- Na posguerra distínguense realismo, realismo fantástico, realismo popular, realismo social e realismo rural.
- Merlín e familia (1955) de Álvaro Cunqueiro considérase a primeira novela moderna en galego.
- A Nova Narrativa Galega (1950-1970) renovou formal e temáticamente a narrativa, inspirada en Joyce, Kafka, Dos Passos e o nouveau roman.
- A NNG divídese en tres fases: formación (1954-1964), auxe (1964-1968) e liquidación (1968- ).
- Autores destacados da NNG son Manuel María, Méndez Ferrín, Camilo José Cela, María Xosé Queizán, Xohana Torres e Carlos Casares.
A Prosa de Posguerra (1936-1950)
Despois da Guerra Civil, a literatura galega case desaparece, e a actividade literaria exíliase a Latinoamérica. A recuperación comeza en 1947 coa Editorial Galaxia e coas revistas Grial, Salnés ou Illa Nova, impulsadas por unha nova xeración de escritores. No exilio, a produción literaria céntrase principalmente na novela.
Nesta época, podemos distinguir varias liñas de continuidade coa prosa da xeración Nós:
- Realismo: Risco, Otero Pedrayo ou Carballo Calero (A xente da Barreira - 1951).
- Realismo fantástico: Álvaro Cunqueiro mestura elementos culturais antigos con recursos do mundo popular.
- Realismo popular: Anxel Fole eleva o popular ao culto, utilizando a linguaxe oral e dialectal.
- Realismo social: Eduardo Blanco Amor representa a vida das clases obreiras e marxinadas, con clara denuncia social.
- Realismo rural: Xosé Neira Vilas denuncia as penurias do mundo labrego.
Xorde tamén a Nova Narrativa Galega (Ferrín, Mourullo, Casares), con propostas diferentes e modernas.
Álvaro Cunqueiro
Mestura realismo e fantasía, cun estilo marcado pola oralidade. As súas novelas adoitan ter unha estrutura non lineal, con relatos dentro doutros. Merlín e familia (1955) é considerada a primeira novela moderna en galego.
Anxel Fole
Ambienta as súas obras nas montañas de Lugo da posguerra. Os seus contos, como A lus do candil (1953) e Terra brava (1955), están ambientados na montaña lucense e tratan temas da tradición oral, cun agudo sentido do humor.
Eduardo Blanco Amor
A súa narrativa desenvólvese principalmente en Ourense. Destacan A esmorga (1959), unha historia tráxica do protagonista e os seus compañeiros, e Xente ao lonxe (1972), unha obra máis complexa tanto técnica como tematicamente, que fai unha radiografía da sociedade ourensá da época.
Xosé Neira Vilas
Utiliza unha técnica innovadora e céntrase en dous focos: a Galicia interior, onde plasma a sociedade campesiña, a pobreza e a resignación, con protagonismo infantil na maioría dos casos (Memorias dun neno labrego - 1961); e a Galicia emigrante, onde trata os problemas xerados pola emigración (Historias de emigrantes - 1968, Espantallo amigo - 1971, literatura infantil).
A Nova Narrativa Galega (1950-1970)
As obras da Nova Narrativa Galega (NNG) foron editadas entre finais dos anos 50 e comezos dos 70. Supuxo unha contraposición ás fórmulas da xeración Nós, cunha renovación formal e temática inspirada nas innovacións internacionais do século XX.
Presenta influencias de James Joyce, o mundo sen fronteiras de Kafka (A metamorfose), a linguaxe cinematográfica de John Dos Passos (Manhattan Transfer) e o nouveau roman francés.
Características da NNG
- Temática: Sociedade insegura, visión desacougante da realidade, problemas sociais, espazos urbanos e perspectiva psicolóxica. Literatura complexa e con contidos filosóficos que plasman a frustración da sociedade.
- Técnica: Narrador obxectivo, perspectiva doutros personaxes, tempo non lineal e subxectivo, espazo impreciso, influencia do cine, protagonistas antiheroes e conflitivos, monólogo interior.
- Trazos das novelas: Fuxida da localización concreta dos espazos, pluralidade das voces narrativas, creación de mundos propios, angustia existencial, violencia e agresividade, referencias literarias anteriores.
Etapas da NNG
- Fase de formación (1954-1964): Temática existencialista kafkiana.
- Fase de auxe (1964-1968): Experimentación técnica e formal, obxectivismo.
- Fase de liquidación (1968- ): Abandono da experimentación e do existencialismo por temas simbólicos.
Autores da NNG
- Manuel María: Nasce un árbore (1954, irrupción do fantástico na realidade), As memorias de Tains (1956, 8 cartas relacionadas entre si).
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Percival e outras historias (1958, fantasía e misterio, irrealismo), O crepúsculo e as formigas (1961, diversas técnicas innovadoras), Arrabaldo do norte (1964, obxectivista, personaxes anónimos).
- Camilo José Cela: Lonxe de nós e dentro (1961, reflexión sobre a morte e a condición humana, violencia), Como calquera outro día (1962, recordos do protagonista e dos amigos), Cara a Times Square (1980, alegoría, varias interpretacións).
- María Xosé Queizán: A orella no buraco (1965, técnica obxectivista do nouveau roman).
- Xohana Torres: Adios, María (1971, monólogo interior e realismo sociolóxico).
- Carlos Casares: Vento ferido (1967, monólogo interior, obxectivismo), Cambio en tres (1969, experimentalismo, monólogo interior, liberdade de puntuación), Xoguetes para un tempo prohibido (1975, transición cara a unha etapa realista).
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a primeira novela moderna en galego segundo o texto?
O texto considera a Merlín e familia (1955), de Álvaro Cunqueiro, como a primeira novela moderna en galego.
Que influencias recibe a Nova Narrativa Galega?
Recibe influencias de James Joyce, de Kafka (A metamorfose), de John Dos Passos (Manhattan Transfer) e do nouveau roman francés.
En que fases se divide a Nova Narrativa Galega?
Divídese en fase de formación (1954-1964), fase de auxe (1964-1968) e fase de liquidación (1968- ).
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.