Glosario de termos xeomorfolóxicos e vexetais da paisaxe galega

XeografíaActualizado o 3,53 KB

Resumo

Este documento recolle un glosario de termos de xeografía física e biogeografía relacionados coa paisaxe galega e ibérica, como ría, esteiro, cunca fluvial, landa, marisma, laurisilva ou vexetación clímax e antrópica. Cada entrada explica a orixe, as características ou o exemplo dun elemento do relevo, do litoral ou da vexetación.

Puntos clave

  • Unha ría é un val fluvial somerxido baixo o nivel do mar por elevación deste.
  • A estiaxe é o caudal mínimo dun río ou lagoa durante a seca estival, asociada tamén á maior evapotranspiración.
  • A cunca fluvial é a porción de terreo que drena a un colector principal, limitada pola divisoria de augas.
  • A landa é unha formación de matogueira (xesta, toxo e breixo) derivada da degradación do bosque mixto atlántico.
  • Un tómbolo é un illote rochoso unido ao litoral por unha barra de area.
  • A marisma é un terreo pantanoso de auga salada próximo á costa, como as marismas do Guadalquivir.
  • A laurisilva é un bosque húmido das illas de Azores, Madeira e Canarias, pluriespecífico e case sempre verde.
  • A vexetación clímax é o estado de equilibrio dun ecosistema sen intervención humana durante un longo tempo.

Ponte á proba

Ría

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste. A orixe xeomorfolóxica está relacionada cun asolagamento do val fluvial relacionado con movementos isostáticos e un afundimento tectónico asociado á rede de fracturas preexistentes.

Estiaxe

Caudal mínimo que acada un río ou lagoa en determinadas épocas do ano, debido específicamente á seca. O termo deriva de estío ou verán, período do ano en que se producen as mínimas precipitacións no clima mediterráneo, predominante na Península Ibérica. A estiaxe está asociada non só ao déficit de precipitacións, senón tamén ao incremento da evapotranspiración por elevación das temperaturas medias.

Cunca fluvial

Porción de terreo que drena a un colector principal (río ou lago), limitada por unha liña de cumes ou divisoria de augas – liña desde a que as augas correntes flúen en direccións opostas, e que soe coincidir cos niveis máis elevados de determinados sistemas montañosos.

Landa

Formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana e como consecuencia da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por matogueiras como a xesta, o toxo e o breixo, podendo acadar os 3 m de altura. É característica da España húmida, asentándose sobre solos pobres e pouco aptos para o cultivo.

Esteiro

Desembocadura dun río cuio cauce se ensancha en forma de V, e dento do cal a marea flúe e reflúe. A maioría dos esteiros son resultado dunha elevación relativa do nivel do mar; e en algúns acumúlanse depósitos mentras que outros mantéñense relativamente libre por efecto do refluxo da marea.

Tómbolo

Illotes rochosos unidos ao litoral por unha barra de area. Poden ser dobres cando son dúas as barras areentas quedando entón unha lagoa entre ambas as dúas.

Marisma

Terreo pantanoso, de auga salada, situado nas proximidades da costa, case sempre próximo ás desembocaduras de ríos. Un exemplo en España serían as marismas do Guadalquivir.

Laurisilva

Tipo de bosque que se localiza nalgunhas illas dos arquipiélagos das Azores, Madeira e Canarias. É moi esixente en humidade, e prefire as vertentes das illas montañosas onde se forman néboas frecuentes. Ao non existiren grandes contrastes estacionais, a maior parte das especies non perden a folla durante todo o ano. O estrato arbóreo está formado por diversas especies, polo que se trata dun bosque pluriespecífico.

Maquis

Matogueira arbustiva que pode alcanzar dous metros de altura, composto, entre outras especies, por lestiscos e palmeiras.

Vexetación clímax

Vexetación que se estableceu por sí mesma nun determinado lugar, en determinadas condicións climáticas, en ausencia de accións antrópicas por un longo tempo, é dicir, é o estado de equilibrio ou cuasi equilibrio asintótico dun ecosistema local.
Vexetación antrópica
Vexetación introducida polo home nun espacio determinado da biosfera polo seu valor económico, ou a degradación da cuberta vexetal existente. Cando a vexetación dunha zona é o resultado da intervención humana, denomínase vexetación secundaria. Un exemplo sería a repoboación de piñeiros e eucaliptos na paisaxe vexetal de clima oceánico.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é unha landa?

A landa é unha formación vexetal de matogueira, característica da rexión eurosiberiana, resultante da degradación do bosque mixto atlántico. Está formada por xesta, toxo e breixo, podendo acadar os 3 m de altura.

Cal é a diferenza entre unha ría e un esteiro?

Unha ría é un val fluvial somerxido baixo o nivel do mar por elevación deste. Un esteiro é a desembocadura dun río que se ensancha en forma de V e na que a marea flúe e reflúe.

Que é a vexetación antrópica?

É a vexetación introducida polo ser humano nun espazo determinado por o seu valor económico ou pola degradación da cuberta vexetal existente. Un exemplo é a repoboación de piñeiros e eucaliptos.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que é unha cunca fluvial?
2. A que se debe a estiaxe dun río?
3. Onde se localiza a laurisilva?
4. Que caracteriza un tómbolo?
5. Que é a vexetación clímax?
6. Que tipo de terreo é unha marisma?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.