Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: biografía e obra narrativa en galego
Resumo
O texto presenta dous escritores galegos do século XX: Álvaro Cunqueiro, autor de novelas que mesturan realidade e fantasía, e Ánxel Fole, autor de contos de misterio e de tradición rural. Recolle datos da súa vida, as súas principais obras e as características do seu estilo, como o humor, os recursos da tradición oral ou a lingua enxebre.
Puntos clave
- Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo en 1911 e escribiu en galego novelas como Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.
- Cunqueiro mesturou realidade e fantasía, usou técnicas da narración realista e recursos da tradición oral, e incluíu textos teatrais nas súas novelas.
- Ánxel Fole naceu en Lugo en 1903, morreu en 1986 e en 1997 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
- Os primeiros libros de contos de Fole, Á lus do candil e Terra Brava, reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio.
- Na segunda etapa de Fole, en Contos da néboa e Historias que ninguén cre, a acción transcorre na cidade de Lugo, con elementos de misterio e humor.
- Fole empregaba unha lingua rica e enxebre, con abundantes dialectalismos e barbarismos.
Álvaro cunqueiro:Naceu no ano 1911 en Mondoñedo, estudou en Santiago, unha época na que a cidade tiña unha relevante vida artística e cultural. Foi daquela cando comezou o seu labor literario plasmado en (Mar ao norde,Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira).Na Guerra Civil vive en Ortigueira.Cando se fundou a editorial Galaxia comezou a escribir textos narrativos en galego (Merlín e familia, As crónicas dos sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas).Nos anos 60 traballou no xornal Faro de Vigo, do que chegou a director.Nesta etapa publicou tres libros de narracións breves onde reúne trazos de personaxes reais e imaxinarios.Ademais desenvolve un amplo labor como conferenciante e articulista.Nas novelas de este atopamos unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. O autor utiliza sempre técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos tirados da tradición oral popular.O humor e outra das características. Tamén escribe textos teatrais integrados nas súas novelas.
Ánxel Fole:Naceu en Lugo en 1903. Aínda que estudou Dereito en Valladolid,Madrid e Santiago, a súa vida estivo ligada á súa cidade natal.Cando de iniciou a Guerra civ, xa estaba introducido nos círculos culturais e políticos ligados ao Partido Galeguista. En 1953 regresou a Lugo e comezou a traballar de periodista no xornal El Progreso.Morreu en 1986 e en 1997 dedicóuselle o dia das letras galegas. Os catro libros principais que publicou son volumes de contos. Os primeiros(Á lus do candil e Terra Brava) ambos os dous reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e recorren unha estrutura narrativa semellante. Os libros da que se podería chamar segunda etapa do autor son(Contos da néboa e Historias que ninguén cre) ambientados xa na cidade de Lugo, aínda que sigan estando presentes elementos do conto de medo e misterio que xa caracterizaban os títulos anteriores.Ao autor gustáballe xogar con tramas onde o misterio e a aventura teñen un papel sobranceiro;como contraste, atopamos tamén un certo ton de humor en todas as súas páxinas.Emprega unha lingua rica e enxebre con abundantes dialectalismos e barbarismos.
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cales son as principais obras de Álvaro Cunqueiro segundo o texto?
O texto cita Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas, publicadas cando se fundou a editorial Galaxia, ademais de poesía como Mar ao norde, Poemas do si e non e Cantiga nova que se chama ribeira.
Cales son os catro libros principais de Ánxel Fole?
Son volumes de contos: Á lus do candil e Terra Brava, da primeira etapa, e Contos da néboa e Historias que ninguén cre, da segunda etapa ambientada en Lugo.
Que características comparten os dous autores?
Ambos usan elementos de misterio, fantasía ou tradición popular e presentan un tono de humor nas súas obras.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.