Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos e prexuízos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 2,94 KB

O Conflito Lingüístico e a Diglosia



As linguas son a base da vida en sociedades, polo que as súas dinámicas están absolutamente condicionadas por factores sociais. A Sociolingüística é a disciplina encargada de estudar o uso das linguas e analizar a relación destas no ámbito social. Cada comunidade humana ten unha única lingua propia.



O Conflito Lingüístico

O conflito lingüístico é a tensión que se produce entre dúas linguas dentro da mesma sociedade por asumir un maior número de funcións sociais. Unha situación de conflito pode perdurar durante moito tempo e acaba tendo dúas saídas antagónicas:

  • Substitución lingüística: consiste en abandonar a lingua propia da comunidade.
  • Normalización lingüística: consiste na recuperación
...
Seguir lendo "O conflito lingüístico e a diglosia: conceptos e prexuízos en galego" »

Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia

Outras linguas estranxeirasActualizado o 2,97 KB

As Irmandades da Fala

As Irmandades da Fala naceron por iniciativa dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte, os cales, tras unha campaña xornalística en defensa da lingua galega, conseguiron xuntar na Coruña un grupo de persoas preocupadas pola cultura galega e fundar, no ano 1916, a Irmandade de Amigos da Fala da Coruña. O seu obxectivo fundamental foi a dignificación da lingua galega (recuperación, dignificación e normalización). A imitación desta constituíronse outras irmandades por toda Galicia. En 1918 xuntáronse todas en Lugo na I Asemblea Nacionalista e fundaron as Irmandades da Fala como unha organización política unitaria (alí nomeáronse nacionalistas e sentáronse as bases da teoría do nacionalismo de Vicente Risco)....

Seguir lendo "Irmandades da Fala, Castelao e as vangardas en Galicia" »

Narrativa galega e española desde os anos 70: tendencias e autores clave

CastelánActualizado o 2,49 KB

A Narrativa Galega e Española desde os Anos 70 ata Hoxe

Tras a morte de Franco, desaparece a censura e ampliamos o noso campo de visión cultural cara ás nosas fronteiras e recuperamos a obra de autores exiliados. Soen prestar máis atención á forma que ao contido, xa que o argumento chega case a desaparecer. Estas son as súas características:

  • A maioría dos autores deste período móstranse contrarios ao réxime de Franco.
  • Coa chegada da democracia, a novela faise máis fácil e accesible. Unha gran parte dos autores volve á narración tradicional.
  • Comenzan a xurdir novos subxéneros dentro da novela coa finalidade de ampliar o panorama literario.
  • O mercado impón o seu peso á literatura, de maneira que se comeza a publicar coa finalidade
...
Seguir lendo "Narrativa galega e española desde os anos 70: tendencias e autores clave" »

Sistema vocálico e consonántico do galego: fonemas e exemplos

MúsicaActualizado o 4,54 KB

Sistema Vocálico

  1. E/e: fonema vocálico palatal sonoro semiaberto/semipechado
  2. o: fonema vocálico posterior velar sonoro semiaberto/semipechado
  3. a: fonema vocálico anterior/posterior palatal sonoro pechado

Sistema Consonántico

  1. o be: fonema consonántico oclusivo bilabial sonoro.
  2. o ce /Ꝋ/ e, i: fonema consonántico fricativo interdental xordo.

/K/ a, o, u: fonema consonántico oclusivo velar xordo.

  1. o de /d/: fonema consonántico oclusivo dental sonoro.
  2. o efe /f/: fonema consonántico fricativo labio-dental xordo.
  3. o gue /g/: fonema consonántico oclusivo velar sonoro.
  4. o ele /l/: fonema consonántico líquido-lateral alveolar sonoro.
  5. o eme /m/: fonema consonántico nasal alveolar sonoro.
  6. ARQUIFONEMA
  7. /n/ alveolar: ‘n’ inicial entre vogais. (nada, anval)
...
Seguir lendo "Sistema vocálico e consonántico do galego: fonemas e exemplos" »

O Bardismo e o Celtismo en Pondal e Rosalía: resumo e figuras retóricas

Lingua e literaturaActualizado o 2,6 KB

O Bardismo en Pondal

O coñecemento dos "Poemas de Ossián", publicados polo escocés James Macpherson como auténticas creacións dun bardo do século III, influíron na orientación da poesía de Pondal. Centrouse na creación dun mundo mítico para asentar o seu ideario galeguista. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal eríxese no vate que dirixe e constrúe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca o camiño do destino colectivo dos galegos e intenta guialos cara un futuro de liberdade, en que prevalezan "os bos e xenerosos" artífices dun futuro solidario e digno, orgullosos do seu, fronte aos "imbéciles e escuros", que renegan da súa historia e da súa terra. O bardo é un líder e guía celta, que tamén é poeta, bohemio,...

Seguir lendo "O Bardismo e o Celtismo en Pondal e Rosalía: resumo e figuras retóricas" »

A Xeración Nós: periodización, características e galeguismo

Lingua e literaturaActualizado o 2,48 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX: As Irmandades e o Grupo Nós

Toda xeración debe cumprir oito condicións:

  • Nacemento en anos pouco distantes.
  • Formación intelectual semellante.
  • Relacións persoais entre autores.
  • Participación en actos colectivos propios.
  • Existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades.
  • Presenza dun guía.
  • Linguaxe xeracional caracterizadora (trazos comúns de estilo).
  • Estancamento da xeración anterior.

A Xeración Nós

Vinculábase coa revista que lle deu nome. A revista Nós naceu en Ourense en 1920, supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao, Cabanillas e outros autores máis novos como Cunqueiro ou Blanco Amor. Nós creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a idea...

Seguir lendo "A Xeración Nós: periodización, características e galeguismo" »

Conceptos económicos, sectores e residuos: resumo para estudar

Ciencias sociaisActualizado o 3,85 KB

Conceptos Económicos Fundamentais

Economía: É o conxunto de bens, servizos e actividades que constitúen a riqueza dun territorio.

Balanza Comercial: Rexistro das importacións e exportacións dun país durante un período.

Macroeconomía: Rama da teoría baseada no estudo das macromagnitudes económicas.

Microeconomía: Rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados.

Distribución dos Ocupados por Sectores Económicos

A distribución está dividida en tres sectores: primario, secundario e terciario. Existe un gran desequilibrio, xa que o sector terciario é o que máis ingresos xera en España.

Características da Agricultura, Gandería e Pesca en España

Agricultura

O...

Seguir lendo "Conceptos económicos, sectores e residuos: resumo para estudar" »

Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro

Lingua e literaturaActualizado o 3,66 KB

Este poema foi escrito por Curros Enríquez no s. XIX. O poeta naceu en Celanova, Ourense. Tivo unha vida marcada por acontecementos significativos: fuxiu a Madrid escapando dun pai autoritario e violento; foi exiliado a Londres por asinar un artigo xornalístico; e marchou a Cuba fuxindo dunha vida complicada, con persecucións políticas, enfrontamentos coa igrexa e a perda da nai e de tres fillos.

Na Habana, fundou unha sociedade que serviría de modelo para a posterior creación da Real Academia Galega na Coruña, presidida por Manuel Murguía. Curros Enríquez foi homenaxeado en vida e acadou numerosos recoñecementos.

Este poema pertence a Aires da miña Terra, unha obra que xerou un grande escándalo ao ser considerada blasfema e herética....

Seguir lendo "Análise do poema de Curros Enríquez dedicado a Rosalía de Castro" »

Preguntas e respostas sobre a Xeración Nós e a literatura galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,97 KB

Contexto Histórico e Movementos Culturais

A Xeración Nós e o seu Obxectivo

Baixo que ditadura xorde a Xeración Nós?
Xorde baixo a ditadura de Primo de Rivera.
Cal é o obxectivo principal da Xeración Nós?
Revitalizar a cultura galega.
Cita as editoriais fundadas na década dos anos 20.
Lar, Céltiga e Nós.
En que ano se funda a revista Nós?
No ano 1920.
Que dous feitos importantes aconteceron en 1923?
O inicio da ditadura de Primo de Rivera e a fundación do Seminario de Estudos Galegos.

As Irmandades da Fala e o Agrarismo

Cando se fundan as Irmandades da Fala?
No ano 1916.
Que é A Nosa Terra?
É un xornal.
Quen foi Basilio Álvarez e que fixo?
Foi un crego que fundou Acción Galega (un movemento agrarista).

Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Ramón

...
Seguir lendo "Preguntas e respostas sobre a Xeración Nós e a literatura galega" »

A poesía de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: celtismo, bardismo e voz civil

Lingua e literaturaActualizado o 4,93 KB

Eduardo Pondal (1835-1917)

Natural de Ponteceso (A Coruña).

A poesía de Eduardo Pondal

Os textos poéticos fundamentais do autor son Queixumes dos Pinos (1886) e o poema épico inacabado Os Eoas. Pondal manifesta na súa obra unha maior preocupación pola construción formal do poema e emprega unha lingua máis depurada e elaborada. Na «química» poética do bardo combínase unha chea de referencias e ingredientes axeitadamente salferidos e combinados, dando lugar finalmente a un texto mítico e prodixioso para o lector, membro tamén desa tribo-patria que Pondal constrúe.

Adubíos da poesía de Pondal

  • Celtismo: O heroico pasado celta galego é un argumento de identidade empregado por Pondal nos seus textos.
  • Bardismo: O bardo, co que o propio
...
Seguir lendo "A poesía de Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez: celtismo, bardismo e voz civil" »