Historia da lingua galega: orixe, evolución e influencias

Lingua e literaturaActualizado o 4,89 KB

Resumo

O documento explica a orixe da lingua galega a partir do latín vulgar e a súa evolución ata o galego-portugués. Analiza o substrato prerromano castrexo, a romanización de Gallaecia e as influencias xermánicas e árabes. Tamén recolle a decadencia do galego escrito nos Séculos Escuros e a situación de bilingüismo social que o marxinou.

Puntos clave

  • O galego procede do latín vulgar, que se converteu na lingua cotiá do Imperio Romano.
  • O substrato prerromano con maior repercusión no galego é a lingua dos pobos indoeuropeos da cultura dos metais.
  • A romanización de Gallaecia comezou no século I a.C. e a administración romana durou ata o século V d.C.
  • Os suevos establecerón a monarquía en Gallaecia no século V, e a influencia xermánica no galego foi superficial.
  • A invasión árabe no 711 non se instalou no norte de Gallaecia, por iso tivo escasa influencia.
  • Durante os Séculos Escuros (XVI-XVIII) o galego perdeu o uso como lingua escrita e converteuse nunha lingua asociada ás clases baixas.
  • Martín Sarmiento foi o principal defensor do galego contra a súa marxinación no século XVIII.

Ponte á proba

Orixe e Formación da Lingua Galega

Do Latín Vulgar ao Galego-Portugués

O noroeste da Península Ibérica foi bautizado polos romanos como Gallaecia, e naceu o galego-portugués, do cal derivaron o galego e o portugués.

A lingua galega procede do latín vulgar. Esta lingua converteuse na lingua coloquial e cotiá do Imperio Romano e, co paso dos anos, foi evolucionando ata dar lugar ás linguas románicas. No século IX, as variedades lingüísticas da Península Ibérica estaban tan distanciadas do latín que naceron novas linguas. Estas novas linguas tiñan gran influencia sobre as que había antes (substrato) e as que chegaron despois (superestrato). O latín é o compoñente principal do galego.

O Substrato Prerromano: A Civilización Castrexa

Antes dos romanos, a Península estaba dividida en 5 zonas. Na Gallaecia atopamos a civilización castrexa, caracterizada pola dispersión da súa poboación; descoñecían a cultura urbana e escrita, o que dificultou a latinización. O latín acabou por substituír as diferentes linguas faladas antes dos romanos. Antes da latinización, distinguíanse varios estratos lingüísticos.

A lingua dos pobos indoeuropeos pertencentes á cultura dos metais constitúe o substrato prerromano con máis repercusión no galego, sobre todo no ámbito léxico, fonético e toponímico.

A Romanización de Gallaecia e a Latinización

O noroeste peninsular entrou en Roma e incorporouse ao dominio do Imperio Romano. A administración perdurou en Gallaecia dende o século I a.C. ata o século V d.C. A provincia de Gallaecia era un territorio máis extenso do que é agora Galiza. A romanización comeza no século I a.C. Os romanos consideraban bárbaras as linguas diferentes do latín e non as aprendían. O coñecemento do latín era un requisito imprescindible para obter a cidadanía romana. Isto provocou a extinción das linguas autóctonas nun proceso de substitución lingüística polo latín.

Os procesos de romanización e posterior latinización difundíronse en 3 fases:

  • Toma de contacto dos indíxenas co latín vulgar
  • Asimilación do latín por parte dos indíxenas
  • Aceptación do uso do latín como lingua cotiá

A finais do século IV e comezos do V, Gallaecia tiña un alto nivel sociocultural. A provincia occidental estaba plenamente integrada na civilización romana e na cultura latino-cristiá. O proceso de substitución das linguas indíxenas polo latín vulgar estaba xa consumado.

Superestratos Xermánico e Árabe na Lingua Galega

Achegas dos Suevos e Visigodos

No século V, os suevos estableceron a monarquía na antiga provincia romana de Gallaecia (o primeiro reino nacido na Europa Occidental despois da caída do Imperio Romano, que mantivo a súa independencia durante século e medio). O Reino Suevo pasou a depender da monarquía hispano-goda. Esta independencia de Gallaecia tivo especial importancia para a formación dunha lingua galaica.

A influencia das linguas xermánicas na formación do galego foi superficial; a súa contribución limítase ao campo da onomástica e a algúns termos do vocabulario común.

A Invasión Árabe e a súa Escasa Influencia

A invasión árabe no 711 supuxo a fin do Reino Visigodo. Os árabes comezaron a conquista da Península polo sur, establecendo a súa cultura e a súa lingua, pero no norte de Gallaecia non se instalaron.

Os Séculos Escuros e o Bilingüismo Social

Decadencia do Galego Escrito (Séculos XVI-XVIII)

Nos Séculos Escuros (XVI a XVIII): No século XVI, o galego perde o uso como lingua escrita por máis de 300 anos (os Séculos Escuros), mentres que as linguas estatais eran o portugués e o castelán. Nos séculos XV e XVI aparecen as primeiras gramáticas do español, portugués ou italiano, pero de galego non aparecen ata o século XIX.

No século XVIII, o obxectivo era homoxeneizar todos os territorios dependentes da corte de Castela e crear un estado nacional centralizado cunha única lingua: o castelán. Así, o castelán vaise convertendo na lingua das clases máis altas; no século XV, os nobres galegos renuncian ao galego e defenden o castelán; as elites urbanas e novas burguesías tamén usan esta lingua.

Sociedade Bilingüe e Marxinación do Galego

Nesa época había un gran número de analfabetismo, atopándose unha sociedade bilingüe na que as linguas se distribuían en función das clases sociais:

  • Clases altas: castelán
  • Clases baixas: monolingües (galego)

Situación do bilingüismo social co castelán como lingua dominante, asociando o galego coa pobreza e a incultura. No século XVIII, as principais manifestacións contra a marxinación do galego. Principal defensor: Martín Sarmiento.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

De onde procede a lingua galega?

A lingua galega procede do latín vulgar, que evolucionou ata dar lugar ás linguas románicas. No século IX as variedades da Península estaban tan distanciadas do latín que naceron novas linguas.

Que son os Séculos Escuros do galego?

Son o período entre os séculos XVI e XVIII, durante o cal o galego perdeu o uso como lingua escrita por máis de 300 anos. Neses séculos o castelán foi converténdose na lingua das clases altas.

Quen foi Martín Sarmiento?

Foi o principal defensor do galego contra a súa marxinación no século XVIII. O texto sinala que as principais manifestacións contra esa marxinación se dan nese século.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. De que lingua procede directamente o galego?
2. Como se chamaba o noroeste peninsular durante a época romana?
3. Que civilización prerromana tiña unha poboación dispersa e descoñecía a cultura urbana e escrita?
4. Cal foi o primeiro reino nacido na Europa Occidental despois da caída do Imperio Romano segundo o texto?
5. En que ano se produciu a invasión árabe segundo o texto?
6. Durante os Séculos Escuros, que lingua se converteu na lingua das clases máis altas?
7. Quen foi o principal defensor do galego contra a súa marxinación?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.