Eduardo Pondal: a poesía cívica e o celtismo na súa obra
A vocación cívica na poesía de Pondal
A poesía de Pondal ten unha decidida vocación cívica. A lembranza do pasado celta, a chamada á liberación do pobo galego, a procura do ideal iberista, pero tamén o canto da terra e da paisaxe (dende unha perspectiva panteísta) configuran o seu traballo lírico. Poeta esencialmente culto, mais tamén debedor da tradición popular en Queixumes dos pinos.
O celtismo como eixe poético
Foi un decisivo defensor do carácter celta de Galicia. Desta maneira, o celtismo constitúe un apartado decisivo no seu mundo poético. Non obstante, os datos desa celticidade eran escasos; de feito, tan só o personaxe de Breogán (citado en relatos épicos irlandeses) aparecía relatado na nómina de heroes. Mais, convencido...