Castelao e as Variedades da Lingua Galega: Guía de Estudo
A Lingua Galega e as Súas Variedades
A lingua presenta variacións que se poden clasificar segundo diferentes eixes:
Tipos de Variedades Lingüísticas
- Variedades temporais ou históricas: Corresponden ás variacións dunha lingua ao longo do tempo.
- Variedades xeográficas (Dialectos): Son as variantes que unha lingua presenta nas distintas zonas xeográficas nas que se fala. A este tipo de variedades tamén se lles chama dialectos.
- Variedades socioculturais (Sociolectos): Son distintas maneiras de falar, relacionadas co nivel cultural e social do falante.
- Variedades situacionais (Rexistros): Corresponden aos diferentes rexistros que o falante emprega dependendo da situación comunicativa.
Variedades Socioculturais (Niveis de Rexistro)
Distínguense catro niveis principais:
- Nivel culto: Corresponde ás persoas que teñen un alto nivel cultural e exprésanse nunha lingua coidada e correcta.
- Nivel medio: Corresponde á lingua estándar.
- Nivel popular: É o propio das persoas con escasa formación lingüística.
- Nivel vulgar: É o propio de falantes carentes de instrucións que, debido ao descoñecemento das normas lingüísticas, cometen incorreccións.
Variedades Situacionais (Rexistros)
- Rexistro formal: Propio das situacións solemnes nas que hai que coidar a expresión e a forma da mensaxe.
- Rexistro informal: É a variedade máis empregada, sobre todo na lingua oral.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Biografía e Obra
Traxectoria Vital e Política
Castelao nace en Rianxo no seo dunha familia mariñeira. Reside na Pampa Arxentina, onde emigrara seu pai. De volta en Galicia, estuda o Bacharelato e a carreira de Medicina en Santiago. Marcha a Madrid para cursar o doutoramento e, de regreso en Rianxo, exerce a medicina durante algún tempo, pero abandona definitivamente a profesión para ingresar por oposición no Instituto Xeográfico e Estatístico.
Durante estes anos participa no sindicato Acción Galega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala, iniciando un intenso labor político que continuará ata a súa morte. Comeza tamén a súa relación co grupo ourensán de Risco, Otero, Cuevillas e Losada, e en 1920 faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.
Tras o remate da ditadura de Primo de Rivera, incrementa a súa actividade política e participa en 1931 na creación do Partido Galeguista. En 1934, coa chegada ao poder da dereita, perde o seu escano e é desterrado a Badaxoz. En 1936 volve ser elixido deputado polo Partido Galeguista. No exilio continúa desenvolvendo un intenso labor político.
Obra Literaria de Castelao
Narrativa
- Un ollo de vidro: É unha novela curta de carácter humorístico centrada no tema de ultratumba. Un esqueleto narra a súa actual vida nun cemiterio.
- Cousas: Conxunto de 45 relatos breves acompañados de ilustracións.
- Retrincos: Colección de 5 relatos autobiográficos.
- Os dous de sempre: Presenta a biografía paralela de dous personaxes.
Teatro
- Os vellos non deben namorarse: Consta de 3 lances independentes pero de tema e estrutura semellante, encadrados entre un prólogo e un epílogo.
Ensaio
Os seus ensaios máis destacados son:
- Diario
- As cruces de pedra na Bretaña
- Sempre en Galiza: Son catro libros nos que o autor expón o seu pensamento político e presenta a historia, a cultura e os problemas de Galicia desde unha óptica nacionalista.
- As cruces de pedra na Galiza
Castelao tamén foi pintor, debuxante e caricaturista.